Xeral

Entrevista a Lisardo Gómez, por @alexpena15

O noso mister, Lisardo Gómez, adicounos uns minutos a redacción de Somos Breogán no seu despacho. Un lugar pequeno, cheo de papeis, aputamentos e cartafois, seguramente con moitas notas e aclaracións de todos os xogadores tanteados neste verán polo corpo técnico. Nestas catro paredes dentro do Pazo dos Deportes, acóllese un gran sentimento breoganista.

Con moita amabilidade mandounos entrar e poñernos cómodos nunha cadeira onde se atopaba a almofada de merchandising do clube. Unha vez listos comezamos coa entrevista.

12003239_10154336092808747_4423681608190748210_n

Cómo chegaron os xogadores do verán? ¿Coidáronse?
Nun principio todos chegaron ben, a maioría deles non temos dúbidas ao respecto. Unha vez que se comezaron a realizar novas fichaxes, o corpo técnico comeza a traballar e durante o mes de agosto xa envíamos planificacións co traballo asignado. Nese aspecto estivemos satisfeitos.

Cómo está avanzando a pretempada neste arranque?
De momento típica pretempada, moita carga física. Pódese ir sacando pequenas conclusións dos resultados pero seguramente que cando comece a liga regular todo cambiará e estaremos listos e preparados. Algúns días tivemos inconvintes de non poder xogar 5×5 ata que chegou Juwan Howard. Pero durante a pretempada utilizamos outros aspectos como o 3×3 ou 4×4 entre outros moitos.

Cómo se están a adaptar os novos xogadores ao bloque xa formado do ano pasado?
Para o equipo é moi positivo haber retido bastantes xogadores do ano pasado, aínda que a marcha de Alex Llorca trastocounos un pouco, xa que tivemos que buscar un novo xogador para suplilo e perdemos a un dos nosos referentes con respecto a tempada pasada. O equipo respira cunha boa unión, moi amena e todos están a facer un gran traballo de adaptación, traballando ao 100% día a día.

Gustaríache que a pretempada fose noutros ambientes ou cidades fora de Lugo?
Sí, fíxose o de Ribadeo uns días e o equipo venlle ben desconectar cambiando de lugar. Gustaríame facer adestramentos fora da cidade de Lugo, xa que o Breogán é o equipo da Provincia e é o equipo de todos aqueles que aman o baloncesto tanto na nosa cidade, nos pobos de ao redor… todos aqueles que queiran presenciar un adestramento completo do Breogán, nós estariamos encantados de acudir alí e facer que a xente desfrute coma no stage da Mariña. As cousas estanse a facer ben, por iso a xente responde coma o ano pasado con preto de 7000 persoas no Pazo. Todo isto é por algo.

Se nos fixamos no calendario tan esixente que lle tocou ao Breogán no comezo da liga regular, variastes algo no corpo técnico para que o equipo adquira un pico de forma maior para eses encontros?
Todos os anos intentamos comezar o máis forte posible. Non cambiamos nada, xa que se so nos centramos neses partidos e cargamos moito aos xogadores físicamente para chegar a eles no maior rendimento da temporada, pode ser perigoso, non podemos baixar o pistón con ningún equipo, todos loitan a un gran nivel e pódese pagar moi caro se un só se centra nos primeiros 5-6 partidos da liga regular. Poderían aparecer pequenas lesións que nos perxudicarían.

A maioría dos afeccionados entendemos que Alex Llorca quería xogar na ACB e era o seu soño, conseguiuno ao final, pero…coa chegada de Howard, qué gañamos ou qué perdemos?
Son xogadores distintos, Howard é un 3 claramente. Poderá axudar a Osvaldas neste posto, podendo suplilo con garantías no caso dunha lesión a calquera altura da tempada. Coa chegada deste xogador o equipo queda máis compensado en todos os aspectos. Juwan Howard pode xogar un pouco máis no poste baixo e ten máis rango de tiro que Alex, pero comparalos é complicado, xa que son xogadores moi distintos.

Coa chegada de Howard, apostarás por Osvaldas nalgún partido na posición de 4?
Todavía é pronto para dicir iso. O equipo está pensado para facer moitas rotacións e alcanzar o máximo de nivel e o mellor xogo posible na pista. Penso que ningún xogador do noso plantel desentona, pero Osvaldas se tivese que botarnos unha man noutra posición que non sexa a del, tal e como fixo o ano pasado, respondeu ben, chegando a gañar partidos con esos cambios .

Cómo vai xogar o equipo da tempada 15/16?
A primeira intención que teño é defender duro e intenso coma levamos facendo estos anos. A nivel ofensivo a velocidade que pode dar este equipo é tremenda, podemos xogar a correr ou con moitas variantes. No xogo colectivo poderiamos dicir que si que varía con respecto ao ano pasado, xa que é menos estructurado e quizás adaptarémonos máis a un xogo de conceptos, mantendo unha carga táctica enorme como o ano pasado. Seremos un equipo sólido en defensa coma estes anos.

Un amplo número de afeccionados manifesta polas redes sociais que unha carencia deste equipo pode ser a falta de rebote, ¿ qué opinas deste aspecto? ,¿ estás de acordo?
Todavía é pronto para pronunciarnos nese aspecto. Xogamos contra equipos que tiñan xogadores moi altos coma no caso de Basket Coruña, onde houbo rebotes moi largos en ambos partidos… pero non é excusa e teremos que traballar duro nese aspecto se apreciamos unha carencia. Os pequenos e os grandes deben cerrar ben o rebote sempre. Se o problema se acentúa teremos que insistir e traballalo máis. Coa chegada de Juwan Howard poderemos mellorar tamén ao longo da liga regular.

En qué aspectos crees que mellora o equipo deste ano se o comparamos co do ano pasado?
De entrada vexo un equipo máis compensado, non digo máis calidade. Ao final do ano pasado os quintetos eran menos igualados entre o teórico titular e o suplente, neste ano non haberá esa sensación de que salga quen salga a pista baixe o nivel repecto un xogador doutro.

En liñas xeráis… contento co equipo?
Si, mereceu a espera por Travis, é un xogador que nos vai aportar moito nesta liga. Obviamente Gary marcaba unha diferencia baixo o aro na Leb Ouro, pero Travis é un xogador con moita calidade ofensivamente . A xente verá un equipo moi traballador e comprometido dende o primeiro día, deso estou seguro.

Lisardo Gómez manda unha aperta a todos os breoganistas e desexa que a campaña de abonados sexa todo un éxito e así poder acadar ese soño de que Lugo volva a ser unha cidade de ACB