Preparados? Aquí estamos, 2015-2016

Neste artigo dividido en tres capítulos, e en clave de opinión, repasamos algúns dos asuntos de actualidade previos ao inminente comezo da liga.

plantilla


Capítulo I: Comeza o espectáculo

Estamos a horas de que arrinque a tempada 2015/2016, unha vez máis a que soñamos que será a do ascenso, pero este ano especial por ser a número 50 do club en activo.

Outra vez ilusionados co equipo, pero outra vez a pretempada foi do máis movida. A priori equipo ilusionante, pero que na pista non gustou, e ao que parece que lle fixo especial dano a marcha de Llorca e o seu espírito competitivo.

Mantemos ao gran capitán Dani López no base, todo un seguro, xunto cunha aposta clara do corpo técnico, Sergio Llorente. Unha parella das de máis nivel, a priori que recordamos.

No escolta, un Álex López que merece (non creo que ninguén discuta isto) por fin un rol protagonista. A el sumase un Niko Rakocevic que debera ser cando menos o noso especialista no tiro exterior.

Pechan o xogo exterior o que debera ser o noso xogador franquicia, Osvaldas Matulionis, quen tampouco acaba de arrincar; e o substituto de Llorca, Juwan Howard Jr. Xogador voluntarioso pero verde aínda para as nosas esixencias.

No xogo interior, dous homes con moito talento ofensivo, case dos que máis da liga, como Samb e Nelson ben acompañados dun Devin Wright que aporta a garra, a forza e o lucensismo, porqué non, xunto a un xogador con grande proxección como Ucles.

Qué nos falla? Pois parece claro que temos problemas claros de intensidade e actitude nestes encontros, de confianza (as porcentaxes falan por si solas) e todo isto volvese na nosa contra.

Sen entrar no debate de se nos falta músculo na zona (que é outro factor importante), pero que se pode perdoar a cambio do talento que se presupón ao equipo. E non o cuestionamos porque esta vez o equipo debe ser (presuposto aparte) o que o corpo técnico elixiu, e por tanto Lisardo e os seus serán os responsables de engraxalo ben para que comece a funcionar. Se ben non descartaría que veña unha peza número 11 por eses postos interiores.

Os resultados non valen para nada na pretempada, pero o xogo amosa moito do que tes e o que falta, e non creo que escondesemos moito. O venres ante Lleida saberémolo.

Iso si, todos os xogadores poden ter ben presente que en Lugo a esixencia é máxima, e así como rapidamente subimos aos nosos altares aos xogadores, rapidamente diriximos as nosas iras cara a eles. Os resultados a partir deste venres dictarán se son heroes ou viláns.


Capítulo II: a situación de Howard.

Para elo quero acuñar un novo termo, o de “breoganismo underground”, que se une ao breoganismo de hélice, aos jeiters, á dirijensia, ao juancarlesco e outros tantos. Prometemos un glosario en breve. Ben, pois definiría ao breoganismo underground como ese que sabe cousas (“non llo digas a ninguén”) e rapidamente o rumor se propaga vía whatsapp, mensaxes directos, boca a boca etc; dun xeito máis ou menos privado; pero que ao final acaba por ser algo público.

Neste caso o breoganismo underground puxo á beira do precipicio a Howard. Unha aposta arriscada, con pedigrí, pero que algúns (posiblemente con bastante razón) o sentenciaron de partida, e o rumor de que ía ser cortado en breve acabara por convencer a uns cantos máis.

A teoría di que Howard está aquí a proba namentres certo xogador que non imos nomear (pero que a bo seguro xa sabedes case todos de quen falo) se recupera, para ocupar o seu lugar. A noticia parece importante se se chega a dar, pero dende logo non fixemos ningún favor a Howard. Oxalá se destape en breve e remate por ser un Feldeine (por poñer un xogador que tivo un crecemento tremendo dende que chegou). Merecido o terá, e nós estaremos máis ledos aínda de que isto suceda.

Estas cousas non deberían suceder. Moitos debemos reflexionar sobre o dano que podemos facer (eu incluído). De esas cousas que teñen que cambiar no noso entorno polo ben común.


Capítulo III: As boas novas

Quedemos con bo sabor de boca. Fálase de que estamos preto dos 3000 socios con 600 novas altas. Sen lugar a dúbidas, a mellor noticia en moito tempo. Case impensable para aqueles que vivimos aquel encontro non hai tanto tempo (imposible borrar a imaxe dantesca das nosas retinas) no que habería menos de 1000 persoas, o pazo cunha temperatura máis baixa que no exterior e con pingueiras por media bancada e pista. Este incrementeo do alento da grada será máis importante ca nunca, aparte do aporte económico. Defendemos todos e atacamos todos, que diría o noso gran speaker.

A aparición dos novos patrocinadores (Cafés Candelas, Star Center, Ditram, etc.) tamén é unha grande nova, xunto a posible continuidade de Ribeira Sacra, a creación dunha nova peña… O Breogán segue vivo, volve con forza, e volve para quedarse, para levarnos a todos á ACB.


FIN

A modo de despedida, quero desexarvos para esta tempada a todos (breoganistas de corazón, aos de sempre e aos novos), que rematemos este curso celebrando por todo alto. Celebrar á saída do Pazo cada día, celebrar nos desprazamentos, celebrar vendo polo televisor, ou máis ben no portátil. E sobre todo que as bágoas de tristura deste pasado ano, se tornen en bagoas de ledicia por acadar o noso obxectivo. E a poder ser no teatro dos nosos soños. Somos o Breo!

 #ForzaBreo #50Aniversario

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 29 Setembro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.