Category Archives: Estatísticas

O noso vindeiro rival…

Leyma Básquet Coruña

 

  Breo      VS   341                

 

Negras nubes acechan o Pazo nun dos peores momentos da tempada para o C.B. Breogán, que afronta esta 19ª xornada coa necesidade imperiosa de vencer se non quere verse sumido nunha loita para a que non está preparado. De momento o balance é negativo, con 8 vitorias e 10 derrotas, pero sobre todo pola sensación de que o conxunto celeste, que dá pequenas mostras de recuperación en aspectos do xogo que son clave para o seu desempeño, sobre todo a intensidade defensiva, pero que non termina de arrincar a máquina. No peor dos momentos chegou o enfrontamento cos dous primeiros clasificados da táboa, e que serve para sumir ao breoganismo nunha depresión da que veremos se lle é doado saír. De principio, o conxunto de Lisardo xa se sitúa a unha vitoria do playoff, tendo por diante unha morea de equipos. A boa nova? Que o terceiro chanzo da clasificación “só” está a tres vitorias e quedan aínda 12 partidos por diante nos que o Breogán ten que dar o golpe na mesa. Para comezar con esa boa xeira que os de Lisardo necesitan, o peor rival posible. Os de Tito Díaz soen atragantárselles aos celestes… E de que maneira. Os dous últimos anos foron os que acabaron coa imbatibilidade dos celestes en liga, tanto nesta tempada coma a tempada pasada. Os laranxas caracterízanse por ter moi marcadas as características das que tanto gusta o técnico lucense. A zona de Díaz, unha tea de araña na que os lucenses poucas veces son capaces de atacar con claridade, e que, malia á superioridade dos seus planteis, na meirande parte das ocasións, son partidos igualados nas que os de Lisardo teñen moitísimos problemas para levar o gato á auga. O Breogán, logo da confirmación da chegada de Jeff Xavier, está pendente da chegada de outro reforzo máis que non remata de concretarse, e pechar así a que se supón será un dos planteis de referencia na liga. A iso hai que unir a complicada situación clasificatoria que fixo que voces do Pazo xa se erguesen para protestar contra a laboura do adestrador. Un adestrador que até o de agora sempre deu a cara e cuxo traballo intachable se ve agora arrastrado pola mala clasificación e o xogo dubitativo. O Breo vese na obriga de arrincar xa, se non quere ver como as posibilidades de xogar o playoff e, polo tanto, ascender no ano do seu 50 aniversario, se diluen coma o azucre nun pocillo de café. Iso si, de conseguir a clasificación, seguro que ningún equipo vai quedar contento que lle toque en sorte o conxunto lucense nos cruces. Todo ao seu tempo. Empezando co partido deste sábado unha hora máis tarde do habitual. As 20.15 no Pazo.

¿Obxectivo?

Semella que mellorar a posición acadada na tempada pasada é un obxectivo alcanzable para o conxunto laranxa. Os coruñeses saben que o mellor xeito de achegar xente a Riazor é avanzar cada vez máis deportivamente, e para iso semella imprescindible xogar os playoffs. A calidade do seu plantel xunto coa veteranía do adestrador semella que poden facer ese obxectivo posible a pouco que se vaian dando os resultados de xeito favorable. Dificultar a tarea aos rivais no aspecto ofensivo “atascando” os ataques especialmente en Riazor, parece que pode ser o camiño para a consecución deste obxectivo.

PLANTEL

Seguen catro xogadores da campaña pasada, Larry Abia, Jesús Castro, Ángel Hernández e o que fora o máximo anotador dos coruñeses na pasada tempada, o xeorxiano Beka Burjanadze. Completan o plantel Ben Stelzer, Zach Monaghan, Joan Creus, Gediminas Zyle e Sergio Olmos. Con contrato temporal logo da lesión de Chus Castro está Sergio Vidal, que se mantén no equipo unha vez recuperado o escolta eibarrés. Para substituír a Volodymyr Orlov chegou hai dúas semanas o checo Tomas Hampl procedente de Lleida, onde non tivo a continuidade agardada. Á fronte, o lucense Tito Díaz, un adestrador con experiencia e que sempre soe complicar as cousas e de que xeito aos lucenses.

basquet coruña7

BASES

6 Zach Monaghan: 23 anos. Xogador versátil especialista en penetracións. Ten certa dificultade para anotar desde a longa distancia. Moi boa visión de xogo e capacidade de anotación en transición. Chega desde a NCAA (d-II) onde xogou nos Minnesota State Mavericks, onde foi un dos xogadores máis destacados non só no equipo senon tamén na liga. No seu College conseguíu conseguirse no segundo xogador con máis asistencias e máis roubos. A tempada pasada promediou 15,6 puntos e 8,1 asistencias por partido que lle levaron a ser o mellor asistente da competición. Nos tres partidos que levamos ata o de agora nesta campaña promedia uns 7,6 puntos, 1,8 rebotes, 4,5 asistencias e 8,7 de valoración. No partido de ida fixo 2 puntos, 4 rebotes, 7 asistencias e 6 de valoración en 23 minutos xogados.

10 Joan Creus: 24 anos. Trátase dun xogador disciplinado e táctico. Ten unha gran capacidade para 1×1 en carreira, con boa finalización en penetración, gran velocidade e defensa agresiva. Ten un tiro máis que aceptable. Canteirán do FC Barcelona Regal, o fillo do histórico Joan “Chichi” Creus, que mesmo chegara a gañar unha liga ACB co mítico TDK Manresa, ten coma obxectivo seguir medrando no seu básquet logo dun ano, o pasado que comezou xogando no Unión Financiera Oviedo da LEB Ouro e que fichou a metade da tempada polo Movistar Estudiantes onde chegou a debutar na Liga Endesa. O ano pasado no Oviedo promediou 4,3 puntos, 1,8 rebotes e 2,4 asistencias para 6,5 de valoración. Este ano leva uns números semellantes con 5,9 puntos, 2,9 rebotes e 2,6 asistencias para 7,6 de valoración. No partido da ida xogou 17 minutos nos que anotou 5 puntos (sen fallo en tiros de campo), capturou 5 rebotes e repartíu 6 asistencias, valorando 11.

ESCOLTAS

5 Ben Stelzer: 23 anos. Francotirador. É un xogador eminentemente anotador, con gran capacidade para anotar desde fóra da liña de triple. Ademais é quen de fabricar os seus propios tiros tralo bote, cambio de man ou dribbling, movéndose ben sen balón e con velocidade para arma-lo tiro. En defensa é activo e rápido de mans, polo que ten facilidade para roubar balóns. O ano pasado, na d-II da NCAA, no Michigan Tech promediou un 45,7% en triples anotando case 4 por partido, facendo 22,1 puntos, 3 rebotes 2,9 asistencias nos case 35 minutos que xogaba. Polo que respecta a esta tempada 11,5 puntos, 1,6 rebotes e 1,7 asistencias para 8,1 de valoración, case un 50% tanto en tiros de campo coma en tiros de 3. No partido da ida fixo 16 puntos (sendo o máximo anotador do partido, galardón compartido co seu compañeiro Burjanadze e cos breoganistas Mamadou Samb e Álex López) con 4/5 en triples. Capturou 2 rebotes e repartíu 1 asistencia, con valoración de 12.

8 Ángel Hernández: 24 anos. Cuarta tempada consecutiva no clube coruñés. Trátase dun escolta que tamén pode actuar de base. Moi atlético e en constante evolución, fai boas lecturas do xogo e ten nas penetracións a súa mellor arma, ben sexa finalizando ou cun tiro desde curta distancia. É un xogador novo (24 anos) que xa chegou a xogar na ACB en Granada, cidade na que se formou hai 5 tempadas, e que presenciou a transformación do basquet laranxa desde a súa presencia en EBA, até este terceiro ano consecutivo na LEB ouro. A campaña pasada, nos pouco máis de 23 minutos que xogou conseguíu 5,1 puntos, 3 rebotes e 2,2 asistencias para unha valoración de 4,8. Este ano pola súa banda, leva 7,3 puntos, 3,4 rebotes e 2,6 asistencias nos 25 minutos que leva disputados cada partido para un total de 8,1 de valoración. No partido de ida en Riazor fixo 6 puntos, 3 rebotes e 6 de valoración nos 16 minutos disputados.

22 Jesús Castro: 32 anos. Un verdadeiro clásico das ligas FEB. O xogador basco de orixe ferrolana, cumpre a súa terceira campaña consecutiva cos coruñeses. É o capitán e o auténtico referente para os coruñeses, foi baixa no partido de ida en Lugo por unha lesión no menisco. Nesta tempada perdeu certo protagonismo en beneficio dos seus compañeiros. A pasada campaña promediaba 10,5 puntos, 2,8 rebotes e 2,3 asistencias para 9,1 de valoración xogando case 26 minutos. No que levamos de tempada, a súa baixa fixo que só puidera disputar 12 partidos, nos que, promediando menos de 15 minutos sumou 3,8 puntos, 1,6 rebotes e 1,3 asistencias para 1,8 de valoración.

ALEIROS

24 Larry Abia: 22 anos. Gran físico que en ocasións supón espectacularidade nas súas accións. Moi boa capacidade defensiva e de xerar nos 1×1 en ataque. Trátase dun xogador de formación de só 21 anos de idade e que o ano pasado, malia ser unha das promesas do conxunto coruñés, non fixo unha boa tempada. Sen embargo esa capacidade atlética e a súa marxe de mellora, convertírono nunha das pezas importantes de cara a construír este Coruña 15-16. Cumpre pois, a súa segunda campaña en Coruña, onde chegou procedente do filial do Valencia Basquet, co que chegou a debutar na Eurocup e na Liga Endesa. O ano pasado promediou 2,8 puntos, 1,6 rebotes para 2,4 de valoración en 25 partidos nos que apenas disputou 13 minutos e medio. Este ano leva promediados 3,4 puntos, 1,7 rebotes e 4 de valoración nos 16 minutos e medio que disputa cada partido. No partido de ida en Riazor sumou 3 puntos e 2 rebotes para 4 de valoración en 23 minutos.

33 Sergio Vidal: 27 anos. Especialista no tiro exterior, chegou a ser máximo anotador do grupo B da EBA hai 3 tempadas. Leva dúas campañas en LEB prata, primeiro en CEBA Guadalaxara e a pasada tempada no Lucentum Alacante. Chegou con contrato temporal pola lesión de Chus Castro, pero ficou no equipo, unha vez recuperado este. É rápido e bo na definición, ten capacidade tamén para a velocidade nos contraataques. O ano pasado en LEB prata promediou 5,2 puntos, 1,8 rebotes e 3,4 de valoración. No que levamos de tempada, promedia 0,9 puntos e 0,8 rebotes con valoración de 0,1 nos escasos 4 minutos xogados nos 8 partidos disputados até o de agora. No seu partido de debut en Riazor ante o conxunto celeste fixo 1 rebote, fallou 1 tiro e cometeu unha falta, polo que sumou unha valoración negativa de -1.

ALA-PÍVOTS

7 Beka Burjanadze: 22 anos. Xogador que destaca pola súa versatilidade, o que lle leva a xogar tanto na posición de 4, coma de 3 alto, cos seus 2,03 cm. Ten unha grande fortaleza física e gran capacidade reboteadora e defensiva, destacando especialmente o seu acerto no tiro. É internacional absoluto coa selección xeorxiana, coa que disputou o pasado Eurobasket, iso si, sen demasiado protagonismo. É un xogador de formación, logo de pasar a súa etapa junior en Sevilla, nas categorías inferiores do entón chamado Cajasol, co que chegou a debutar na Liga Endesa. O ano pasado demostrou o que é quen de facer e promediou 12,7 puntos, 4,8 rebotes e 10,6 de valoración. Nesta campaña leva até o momento 18,1 puntos, 7 rebotes e 1,4 asistencias para 19.3 de valoración nos 29 minutos e medio que promedia por partido. Leva 4 galardóns de mellor xogador da xornada. No partido de ida fronte ao Breogán fixo 16 puntos, capturou 9 rebotes e repartíu 1 asistencia para unha valoración global de 16.

23 Gediminas Zyle: 27 anos. Trátase dun xogador áxil e rápido malia á súa envergadura. Pode rematar os contraataques polo carril central. Grazas á súa altura é tamén un gran intimidador na pintura, o que obriga aos seus rivais a rectifica-lo tiro. Non ten mal tiro de media e longa distancia. Ten experiencia na LEB prata, que disputou co Azpeitia Azkoitia hai dúas tempadas. O ano pasado disputou a máxima división do básquet romanés co Atlassib Sibiu onde promediou 5,1 puntos e 1,9 rebotes por partido. Nesta tempada leva promediados 8,4 puntos, 3,8 rebotes e 6,1 de valoración nos 20 minutos e medio que disputa en cada partido. No partido de ida fronte ao Breogán fixo 6 puntos, capturou 6 rebotes e deu 2 asistencias para unha valoración de 3 nos 19 minutos que disputou o lituano.

 PÍVOTS

41 Sergio Olmos: 29 anos. Un dos grandes protagonistas dos tres “ascensos” consecutivos do Atapuerca/Tizona, trátase dun xogador que destaca pola súa altura e a súa envergadura, cos seus 2,13. Pivot habilidoso, cun gran rigor táctico e bo xogo de 1×1 tanto de costas coma cara ao aro, sonou este verán coma posible fichaxe do Breo, que rematou por desbotar a dirección deportiva. O ano pasado promediou 6,3 puntos, 4,2 rebotes para 8,9 de valoración, na presente campaña, o xogador alacantino promedia 13,7 puntos, 7,6 rebotes e 17,8 de valoración. No partido de ida xogou 25 minutos nos que anotou 14 puntos, capturou 6 rebotes e fixo 1 mate, recibindo ademais 6 faltas, polo que valorou 18.

35 Tomas Hampl: 27 anos. Recente fichaxe. Trátase do xogador máis alto da liga (2,15m) o checo é un xogador que destaca polo seu bo traballo para o equipo, non excesivamente duro e que non sempre loce nas estadísticas. Cando está preto do aro caracterízase polo seu bo xogo de pés, así como pola posibilidade de finalizar con mate e de facer gancho con ámbalas dúas mans. Boa continuación do pick & roll e xogo sen balón. Ademais, suma na súa alta capacidade intimidadora e o seu bo rebote tanto en ataque coma en defensa, e a velocidade das súas transicións. Chegou a xogar ACB e Euroliga da man de Bilbao Basket, se ben estivo case sempre vinculado a Santurtzi. No 2014 ascendeu á ACB da man de Andorra e na tempada pasada estivo en Palencia, onde promediou 4 puntos por partido e 3,1 rebotes nos pouco máis de 13 minutos que estivo na cancha. En Lleida, onde estivo até hai dúas semanas sumou só 3,7 puntos, 2,4 rebotes e 1,3 de valoración nos case 13 minutos que xoga por partido. A pasada xornada, no derbi ante COB, fixo 0 puntos, 3 rebotes e 1 asistencia para 4 de valoración nos só 4 minutos que disputou. Nos partidos que Hampl disputou contra o Breogán este ano, os dous con Lleida xogou unha media de 10 minutos, nos que anotou 3 puntos, colleu 1,5 rebotes e valorou 3.

¿Como chegan?

O Breogán chega despois de dúas derrotas consecutivas, nas que, paradóxicamente, a imaxe foi mellor ca nas anteriores. Semella que a chegada de Pep Ortega e a posibilidade de incorporar en breves datas un ou dous xogadores máis, fan que deportivamente o Breogán pense en remontar posicións. Iso, e que a pesar de tódolos pesares que leva o conxunto lucense este ano, só 3 vitorias separan aos lucenses da terceira praza da clasificación, que ocupa un Palma Air Europa que non semella rematar de afirmar a súa solideza. Sen embargo, xa son varias as voces que se erguen contra do adestrador Lisardo Gómez. O balance é de 8 vitorias e 10 derrotas e semella que o intachable traballo do técnico lucense, e cecais precisamente por esa condición de lucense, vese cuestionado por certo sector do breoganismo, polo que as augas baixan revoltas a carón do Miño. Coruña chega tamén dunha derrota, no derbi ante COB na casa, e antecede aos breoganistas na clasificación aínda que igualados a vitorias. O clima, nembargantes, na entidade laranxa, é moito máis calmo.

417

¿Quen é favorito?

O CB Breogán xogando a favor de ambiente, con un dos planteis máis completos da liga, sempre é favorito para calquera partido que poidan ter por diante pero… moito ollo… O clube celeste vive unha tensa calma que pode estourar en calquera momento. O breoganismo dubida. Dubida da ineficacia da directiva, que semella estar a deixar pasar o tempo até que cheguen os novos xestores do conxunto celeste. Dubida do adestrador, quen xa demostrou a súa valía e agora nos momentos máis baixos, semella máis cuestionado que nunca… Claro que ningún outro adestrador semella coñecer tan ben a casa, o plantel e os problemas polos que atravesa o clube celeste coma o propio Lisardo. Enfronte aparece Coruña Basquet… Un equipo cuxa aspiración é quedar o máis arriba posible, complicar os partidos que xogue contra equipos grandes e tentar, se é posible, dar o salto aos playoffs a finais da tempada regular. Neste momento, o conxunto de Tito Díaz está por diante dos lucenses, e semella difícil que poidan sorprender novamente aos de Lisardo, como xa fixeran na ida, rematando coa imbatibilidade dos lucenses. Moitas cousas cambiaron desde aquel partido en Riazor… O Breogán xa cambiou dúas veces de xogador exterior de referencia, e segue a agardar a chegada de algún xogador franquía. A ilusión voltou nesta semana coa chegada do escolta Jeff Xavier. E mentres, a fiel afección lucense que se toma o enfrontamento coma a posiblidade do inicio da escalada na que os celestes teñen moi pouco ou nula marxe de erro. Partido a partido, vitoria a vitoria, quere copiar Lisardo o lema do arxentino Simeone no que resta de fase regular, para tentar acadar os postos de playoff e quedar o mellor clasificado posible nos cruces. Respecto á historia, pouco nos di deste partido en concreto, xa que este clube, fundado no 1996, e que cumpre a súa cuarta campaña consecutiva na categoría de prata do básquet nacional. O que vén substituír ao C.A.B. Coruña e ao histórico C. Bosco La Coruña, xogou co Breogán un total de 7 partidos, dos que saíu victorioso en 4. Ollo porque ao conxunto coruñés non lle resulta difícil en absoluto conseguir a vitoria no Pazo, xa que das tres veces que xogou, conseguíu a vitoria en dúas. Ademais, as dúas últimas visitas dos coruñeses en partido oficial a Lugo, remataron con vitoria para os de Tito Díaz, nas tempadas 14/15 e 13/14, polo que ao partido incómodo, se lle suma o rival máis incómodo que os celestes poidan ter. Con todo, o momento de pegar o golpe na mesa, o partido de reafirmarse coma un dos equipos que queren aproveitar a segunda volta do campionato para reafirmarse coma candidatos, pode ser este, precisamente ante o rival ante o que o Breogán comezou, na primeira volta, o calvario que leva desde entón vivindo. Que mellor momento que comezar unha boa xeira precisamente ante este rival, que sempre se lle atasca aos de Lisardo. Nós apostamos á celeste. FORZA BREO!!!

Advertisements

O NOSO VINDEIRO RIVAL…

O NOSO VINDEIRO RIVAL:

Club Deportivo Maristas Palencia Quesos Cerrato

 Breo           VS      Faymasa_Palencia

 

Partidazo. Así se pode definir cada vez que estes dous equipos se enfrontan cara a cara. O Breogán foi o único durante moitas xornadas que conseguira gañar ao conxunto morado nesta tempada. Melilla conseguiuno tamén e así igualou o rexistro dos lucenses. O Breogán, ademais foi o equipo que logrou eliminar aos palentinos a tempada pasada nun vibrante playoff con prórroga incluída no partido decisivo no Pazo. O Palencia chega como líder ao Pazo, só tendo concedido dúas derrotas, as dúas na súa pista do Marta Domínguez, unha ante os celestes na segunda xornada da liga, e a outra hai só dúas xornadas, na derradeira xornada da primeira volta, no que será a Final da Copa Princesa, ante Melilla. O Breogán chega con problemas, coma durante toda a tempada, coa dúbida de Mamadou Samb, que se lesionara no partido de Cáceres cunha escordadura de nocello que resultou máis complicada do agardado e a de Nikola Rakocevic, máximo anotador do equipo nas últimas xornadas, que estivo malo con vómitos e malestar xeral nas últimas horas. Por contra, chega con Pep Ortega, a grande fichaxe breoganista xunto con, cando menos dúas máis que veñen apuntala-lo equipo de xeito definitivo (ou iso agardamos). Os celestes agardan coller o vento a prol que supón este 2016 e comezar a ter boas sensacións de cara ao playoff. Para iso, que mellor rival que o líder intratable da competición e que até o de agora nunca conseguíu vencer no Pazo dos Deportes. O Breogán quere, e a súa afección vai estar con el, amosar do que é capaz. Pola súa banda, o conxunto morado quere petar un golpe na mesa, conseguindo o que nunca até o de agora conseguíu, unha vitoria no Pazo dos Deportes de Lugo. Quere gañar ao único rival ao que até o de agora non conseguíu gañar ademais do xa mencionado Melilla co que terá outra oportunidade en pouco tempo no Marta Domínguez na Copa Princesa. E quere dar ese puño na mesa ante un rival dos chamados a estar arriba na clasificación e así alonxalo definitivamente de calquera posibilidade de chegar máis arriba, e de paso, asestarlle un golpe moral na súa casa a un dos favoritos, aínda que en horas baixas. A afección celeste recibíu a noticia por confirmar do grupo encabezado por Jesús Lence, que pode converterse no novo máximo accionista do conxunto celeste, e con aspiracións de verdade de impulsar ao clube celeste ao lugar que nunca debeu abandoar. Os morados teñen marcado este partido en vermello desde principios da tempada. E debut dun dos mellores xogadores da categoría, Pep Ortega. Non se pode pedir moito máis. Domingo, 18.00.

¿Obxectivo?

Falar dun obxectivo para o clube morado ten que ser pelexar polo máximo. Claro que falar do máximo nun clube que non ten o ascenso coma obxectivo, que di renunciar a el no caso de conseguilo, é bastante discutible. Polo tanto, falamos do plantel máis completo da categoría, que quere quedar campión para renunciar posteriormente ao ascenso, privando así a outros equipos que si poderían conseguilo pero que non poden chegar ás cifras que se lles ofrecen aos xogadores que forman parte deste plantillón de Palencia Basket. Campións de LEB e campións da Copa Princesa debera ser o obxectivo polo que pelexar para os de Marta Domínguez, sen lugar a dúbidas.

 PLANTEL

Só continúan tres xogadores da pasada campaña para o conxunto que comezou adestrando Porfirio Fisac e cuxa filosofía continúa Sergio García Martín. Urko Otegui, Dani Rodríguez e Romà Bas. Destacable a presencia de xogadores con pasado en grandes ligas tales coma Lamont Barnes, Dani Pérez e Marc Blanch ou con experiencia LEB coma Toni Vicens, Joan Tomás ou Michael Fakuade. De Australia chega Mitch McCarron. Esta semana incorporan ao xogador Ike Oyoke que non poderá participar no Pazo.  

plantilla2016

BASES

9 Dani Rodríguez: 31 anos. Trátase dun dos mellores bases en fase ofensiva da categoría. Bo na dirección e líder anotador, baixa ás veces a súa aportación defensivamente. O ex breoganista vén de facer a pasada tempada 10,3 puntos por partido e 1,4 rebotes con 2,5 asistencias. No que levamos de tempada suma 9,8 puntos, 1,8 asistencias e 5,6 de valoración nos 20 minutos e medio que disputa cada partido.

5 Dani Pérez: 25 anos. Logo dunha tempada na que prácticamente estivo inédito logo da lesión sufrida en novembro, o xogador catalán volta á LEB logo de dúas tempadas no Fuenlabrada na ACB. O internacional coas categorías inferiores de España, tivo diversos problemas no seu pé esquerdo. A tempada pasada, nos 17 partidos que disputou promediou 2 puntos e 2 rebotes. Promedia esta tempada 5,5 puntos, 1,9 rebotes, 2,9 asistencias e 6,8 de valoración.

ESCOLTAS

7 Romà Bas: 32 anos. Un dos que continúa este ano no equipo, o escolta catalán sempre se moveu por equipos da parte alta da táboa na categoría, tales coma o propio Palencia, Burgos, Menorca ou Lucentum. Trátase dunha importante amenaza desde o perímetro e moi sólido en defensa. A tempada pasada estivo inédito logo de se lesionar do cruzado antes de comezar. Leva nesta tempada 3,6 puntos, 1,1 rebotes e 1,7 de valoración nos pouco máis de 13 minutos e medio que xoga por partido.

8 Mitch McCarron: 23 anos. Chega o australiano da universidade de Metro State sendo unha das fichaxes máis destacables do conxunto colexial. Trátase dun excelente tirador, atlético e coa capacidade de finalizar con ámbalas dúas mans. É explosivo e rápido o que o fai un moi bo defensor. Falta saber como se vai adaptar a unha esixente categoría coma a LEB ouro. O ano pasado promediou 20,2 puntos, 6 rebotes cunhas porcentaxes que chegaban até o 49% en tiros de campo. Leva na presente campaña 7,4 puntos, 2,9 rebotes, 1,1 asistencias e 6,8 de valoración.

ALEIROS

13 Joan Tomás: 23 anos. Unha das apostas de futuro de Palencia, suma a súa terceira campaña na categoría, logo de que o canteirán da Penya estivera dous anos en Logroño e outro máis (o pasado) en Melilla. Foi no conxunto norteafricano onde xogou 23 minutos por partido, chegando a anotar 5 puntos e 4,2 rebotes por partido. Na presente tempada leva 8,8 puntos, 3,8 rebotes e 8,8 de valoración en 21 minutos xogados por partido.

31 Marc Blanch: 33 anos. Trátase dun dos exteriores máis contrastados da categoría. Volve á LEB logo dun ano no que disputou a Liga Endesa co conxunto co que conseguira o ascenso co Morabanc Andorra na campaña 2013/14 na que foi protagonista. A campaña pasada, xa en ACB o seu protagonismo co equipo de Peñarroya víuse reducido e aportou 4,1 puntos e 1,4 rebotes nos pouco máis de 11 minutos que estivo en pista. No que levamos de tempada leva acumulados 12,2 puntos, 3,4 rebotes e 1,8 asistencias para 13,8 de valoración. Leva acumulado máis dun 60% en tiros de 2 e máis dun 50% en total en tiros de campo nos 16 partidos que leva xogados.

ALA-PÍVOTS

17 Michael Fakuade: 26 anos. Pasaporte cotonou para este ala-pivot que a pasada campaña debutou na categoría da man do Força Lleida. Xogador moi intenso e con gran capacidade para defender e intimidar. Destaca pola súa explosividade e as súas decentes porcentaxes de tiro desde media distancia. O pasada campaña sumou 7,2 puntos e 5,2 rebotes co conxunto da Terra Ferma. Promedia 8,6 puntos, 6,8 rebotes, 1,1 asistencias e 11,4 de valoración.

10 Urko Otegui: 34 anos. O xogador donostiarra suma a súa cuarta campaña consecutiva capitaneando a nave castelá. Trátase dun dos clásicos da categoría con pasado en clubes coma Baloncesto León, Cantabria ou Menorca. Destaca pola súa intensidade no xogo, a súa defensa e o seu lanzamento da curta-media distancia. É un dos xogadores máis respetados polos árbitros LEB. O ano pasado promediou 11,2 puntos, 7,3 rebotes e 15 de valoración. Na presente tempada leva acumulados 8,6 puntos, 5,9 rebotes e 1,6 asistencias para 11,3 de valoración.

PÍVOTS

19 Lamont Barnes: 37 anos. Estrela dun plantel con tanta calidade coma o de Palencia, o xogador con pasaporte español xa estivo ás ordes de Porfirio Fisac no Blancos de Rueda Valladolid en ACB, categoría que tamén disputou con Fuenlabrada, León, Murcia, Lucentum e Estudiantes. Se o físico o respecta, debe de ser un dos interiores que marquen as diferencias na categoría de prata do basquet español. Vén de pasar distintas tempadas en equipos sudamericanos, a última xogou no CA Goes uruguaio, onde promediou 12,5 puntos e 7,4 rebotes. Promedia 12,4 puntos, 8,1 rebotes e 17,5 de valoración.

12 Toni Vicens: 25 anos. O interior balear, que pode xogar aberto ten boa capacidade ofensiva cun bo tiro de media e longa distancia. É quen de xogar o 1×1 con facilidade con bos fundamentos, pero pode mellorar defensivamente. O ano pasado promediou 8,4 puntos e 4,1 rebotes co clube da súa cidade natal, o Mallorca Basket. Na presente tempada leva 4,9 puntos, 2,2 rebotes e 5,2 de valoración en menos de 10 minutos de xogo.

Ike Oyoke: 29 anos. Xogador estadounidense con nacionalidade nixeriana, fixo a súa etapa universitaria na Universidade de Wyoming, durante dúas tempadas, e logo dun ano en branco, dúas máis cos Bois State Broncos. Romanía, Holanda, Alemaña, Estonia e mesmo a LEB Prata, foi a súa vagaxe europea. Trátase dun xogador físico, considerado un 4 convertible nun 3, mais o seu escaso rango de tiro, fixo que os seus adestradores se decantasen por utilizalo en posicións interiores, co que vai aportar intimidación, rebote e rotación para Lamont Barnes e Urko Otegui. A tempada pasada, no CD Castro de Chile fixo 19 puntos e 13,2 rebotes en 19 partidos. Non chegará para debutar en Lugo.

Palencia Mamadou

¿Como chegan?

Chegar chegan os dous despois de senllas vitorias, o problema é que o Breogán viña de tres derrotas consecutivas, e o Palencia dunha derrota ante Melilla que secundou á que foi, até o de agora, a mellor xeira de vitorias consecutivas, cun total de 12 vitorias de xeito consecutivo. Así, o conxunto morado pasa por ser o gran dominador da competición, con 14 vitorias e 2 derrotas, e a 2 vitorias do seu principal perseguidor, o Melilla que é outro dos grandes planteis da categoría. O Breogán, por contra, moi lonxe do que se lle presupón en principio, de feito, e coa salvedade da vitoria de mediados de semana ante o colista Lleida, levaba unha ferida de tres derrotas consecutivas, dun total de 8 derrotas, cun balance de vitorias-derrotas igualado e que lle leva a ocupar postos de play-out nestes momentos, con tódolos problemas deportivos e extradeportivos posibles. Así pois, chega en mellor momento o clube palentino, ao que se lle soe atragantar o Pazo dos Deportes, e iso, tanto a afección coma os celestes quéreno aproveitar para sumar a que sería a novena vitoria da tempada, e comezar esa escalada que lle leve a estar o mellor situado posible de cara ao final da liga.

 Inferno celeste II

¿Quen é favorito?

Pazo dos Deportes. Iso é dabondo para outorgar certo favoritismo ao conxunto celeste.  A análise do plantel outorga aos morados bastantes posibilidades, e máis tendo en conta a súa intachable traxectoria no que levamos de tempada, con só dúas derrotas e invicto a domicilio. Sen embargo, en Lugo, as últimas novas fan pensar no renacer do fénix, as novas esperanzadoras sobre o futuro da entidade celeste, a chegada de Pep Ortega e a de máis fichaxes que non deberían tardar en pecharse, unido á lixeira melloría experimentada no derradeiro partido en Lleida esta mesma semana, son dabondo para que a afección crea. Ademais, o público ha respostar en boa medida, tendo en conta que o partido enfronta aos lucenses a un dos máis encarnizados rivais deportivos nos últimos anos, xa que Palencia leva xa uns anos pelexando polo mesmo obxectivo deportivo que o clube lucense, quen xa demostrou, contra todo prognóstico, ser quen de gañar aos palentinos na súa propia cancha, e cos efectivos contados, coma durante toda a tempada. Se a data é importante para os siareiros, non o é menos para o conxunto castelán, que chega ao partido despois de vencer no Marta Domínguez ao Básquet Coruña, e que buscará enfilar a recta final da tempada coa mesma regularidade coa que se paseou na primeira volta. E ben saben en Palencia que o Pazo vai vender cara a súa derrota, polo que teñen este partido marcado no seu calendario. Os lucenses, co obxectivo de ir escalando posicións na táboa, teñen que empezar a gañar canto antes, non sexa que a tempada se lles vaia quedar curta. E non cabe dúbida que para os de Lisardo, despois de toda unha tempada de infortunio, estar a dúas vitorias do cuarto posto, ou mesmo a 4 do segundo, sería para ser optimistas ante o panorama que os lucenses terían por diante. A historia xa sabemos que nos dí que o Palencia nunca venceu no Pazo en partido de Liga, (si o fixeron este mesmo pasado mes de agosto no Torneo Lugo é Basket). Nos oito partidos disputados até o de agora polos morados no Pazo dos Deportes, caeron en todos e cada un deles. No Marta Domínguez a cousa cambia e é o Palencia o que máis vitorias leva, 6 castelás por só tres galegas, contando liga regular, playoff e mais a extinta Copa Príncipe. Así pois, dos 17 enfrontamentos oficiais entre Breogán e Palencia, os lucenses impuxéronse até o de agora en 11, por 6 vitorias palentinas. Nós apostamos á que a historia se repita, a que a maldición do Pazo continúe para os de Sergio García. Apostamos a celeste. Será o domingo a partires das 18.00 da tarde. A marea celeste quererá estar para facerse oír. Nós tampouco o imos perder. E tí? FORZA BREO!!!

desperta do teu sono

O NOSO VINDEIRO RIVAL…

Actel Força Lleida

 

Rs2w87I3         VS      Breo     

 

Partido que semella difícil para os de Lisardo, que volven afrontar o encontro con oito xogadores. As fichaxes semellan a piques de chegar pero non se dan concretado, con Pep Ortega xa pechado e que probablemente poderá coñecer in situ aos seus novos compañeiros no partido do mércores e a situación de standby das outras fichaxes por chegar, semella terse estancado na entidade celeste. Os de Joaquín Prado, coa peor xeira aberta da liga, non están moito mellor, de feito, agora mesmo ocupan a derradeira praza da clasificación mesmo por debaixo de Prat. Polo que as urxencias parecen ir máis para o equipo da ribeira do Segre que para os lucenses. Sen embargo, lonxe de ser así, os celestes teñen a obriga de gañar, de gañar para revertir a mala xeira e de facelo para recuperar a confianza do grupo, mermada por todo tipo de situacións que se levan dado no que levamos de tempada, e que parece que non rematan de mellorar. Ademais, o Breogán ten que comezar unha boa xeira canto antes, que lle leve a recuperar o terreo perdido, que é moito, se é que quere chegar aos playoffs nunha posición medianamente cómoda, e máis aínda tendo en conta que o calendario se complica, co partido en Lugo do case imbatible Palencia esta mesma semana, e coa viaxe a Melilla xusto na xornada seguinte. Así pois, por todas esas razóns, o partido deste mércores semella vital para os de Lisardo. Ademais do feito psicolóxico indubidable de comezar vencendo no 2016 e deixar as malas sensacións atrás. Por todo isto, o partido do Barris Nord do mércores semella un partido verdadeiramente difícil. Co baleiro de poder desde os despachos da nave celeste até que se constitúa o novo consello de administración, cecais dentro de dous meses, semella que os únicos quen de tirar pola situación do clube e do equipo son os xogadores capitaneados polo seu corpo técnico. E dada a situación, desde logo non parece un partido nin moito menos fácil. A chegada dunha nova fichaxe parece inminente, mentres as horas dalgún dos interiores parecen contadas… Haberá que agardar os acontecementos das vindeiras horas para saber se hai novidades. Pero a boa afección celeste está desexosa de poder recibir boas novas ás que se agarrar para crer no seu equipo, para crer que existen posibilidades nesta tempada, a do cincuenta aniversario, que debera ser unha campaña ilusionante e que, lonxe diso, até o momento, está a ser francamente decepcionante desde o punto de vista deportivo, por non falar do institucional.

¿Obxectivo?

Parece bastante claro que o obxectivo do Lleida débese medir no día a día, en ir medrando coma equipo e ver como se van acoplando as novas pezas. Desde a filosofía de xogo do técnico asturiano Joaquín Prado, os fundamentos defensivos e a intensidade coma bloque, se acada bos resultados na casa, entrar en playoffs de xeito cómodo e non moi lonxe da zona nobre da liga debera ser unha meta acadable a longo prazo.

PLANTEL

Mantén a metade do plantel do ano pasado; José Simeón, Gerard Sevillano, Alfons Alzamora, e Juan Pablo Sutina e se incorporan ao plantel Josep Pérez, Emmy Andújar, Jorge García, Khyle Marshall, Alex Greven e Tomas Hampl. Coa última incorporación do ucraíno Volodymyr Gerun, semella que poden dar un salto de calidade.

LLEIDA

BASES

11 José Simeón: 24 anos. Boa dirección de xogo, intensidade e lecturas axeitadas, o valenciano chegou a debutar na ACB co equipo do Valencia Basket, está na súa plenitude coma xogador. O ano pasado, chegou a promediar 5,7 puntos e 2,8 rebotes nos case 30 minutos xogados por partido. No que levamos de tempada leva 3,8 puntos, 2,4 rebotes e 2 asistencias para 4,9 de valoración.

13 Josep Pérez: 21 anos. Un dos xogadores a seguir con lupa. Chegou a debutar en Liga Endesa e Euroliga co FC Barcelona, logo dun ano de lesión a tempada pasada xogou no Peñas Huesca. Trátase dun xogador intenso en defensa e con capacidade para desbordar no 1×1. Ven de asinar o ano pasado 8,2 puntos e 2,1 rebotes por partido en 20 minutos de xogo. Na presente tempada leva 8,2 puntos, 1,8 rebotes, 2,6 asistencias e 7 de valoración.

ESCOLTAS

66 Alexander Greven: 25 anos. Pode xogar no 1 ou no 2. É unha das fichaxes deste ano procedente de Plasencia de EBA a onde chegou da EBL Div1 inglesa. Cabe a dúbida da súa adaptación tralo salto de categoría. O ano pasado promediou uns interesantes 22 puntos con porcentaxes do 46,3% en tiros de campo e 4,7 rebotes por partido en case 35 minutos xogados. Na presente tempada leva 4,8 puntos, 1,2 rebotes e 2,2 de valoración.

54 Juan Pablo Sutina: 25 anos. Un dos veteranos do clube ilerdense, sumará a súa cuarta tempada co clube da Terra Ferma. O hispano-arxentino, que tamén pode xogar coma aleiro, destaca polo seu bo tiro, con boas porcentaxes nos tiros de campo, nos que superou o ano pasado o 45%. 7,1 puntos por partido e 2,3 rebotes en menos de 20 minutos de xogo, falan da perigosidade deste xogador. Leva nesta tempada 8,9 puntos, 2,7 rebotes e 7,3 de valoración.

ALEIROS

7 Gerard Sevillano: 21 anos. Gran físico e vontade, o canteirán do Joventut pode xogar tanto no 2 coma no 3. Destaca pola súa defensa das liñas de pase e pola súa mobilidade, así como pola súa lectura do xogo. A tempada pasada, xa no Força Lleida asinou 4,2 puntos por partido en algo máis de 15 minutos. Nesta promedia 3,4 puntos, 2,5 rebotes para 2,6 de valoración.

22 Emmy Andújar: 23 anos. Procedente da Universidade de Manhattan, estivo neste pasado verán na órbita do Monbús Obradoiro, está chamado a ser a gran estela do conxunto da Terra Ferma nesta tempada. Trátase dun aleiro con fortaleza baixo os taboleiros, polo que pode xogar tamén no 4, destaca pola súa versatilidade. Foi nomeado mellor xogador da súa conferencia logo de promediar 16,3 puntos e 7,6 rebotes en 31 minutos de xogo. Na primeira volta foi MVP no partido contra o Breogán. Promedia 12,9 puntos, 6,9 rebotes, 2,3 asistencias e 16,1 de valoración.

ALA-PÍVOTS

12 Jorge García: 38 anos. O cordobés é unha das pezas importantes do equipo pola súa veteranía, polo que exerce de referencia para os seus compañeiros. Ampla traxectoria en LEB e ACB, destaca polos seus movementos coma xogador interior e pola súa boa man no tiro exterior, tendo unhas boas porcentaxes de triple. Na tempada pasada, en Burgos fixo case un 43,1% en tiros de campo, destacando pola súa boa porcentaxe no tiro de tres sendo interior (39,8%). A tempada pasada promediou 7,4 puntos e 3,7 rebotes nos 19 minutos que xogou. Nesta tempada leva 11,5 puntos, 3,9 rebotes para 8,9 de valoración.

23 Kyle Marshall: 23 anos. Xogador cotonou con pasaporte de Santa Lucía. A tempada pasada comezou en Xapón, para voltar aos Estados Unidos e rematar xogando na República Dominicana. Nos 8 partidos que xogou no seu último equipo (Huracanes del Atlántico) promediou 17 puntos e 7,8 rebotes. Se cadra é algo baixo para ser interior (1,98m) destaca co seu físico privilexiado. Zurdo pechado, especialízase en rematar con gancho coa esquerda. Na presente tempada promedia 11,6 puntos, 4,9 rebotes e 1,1 asistencias para 8,4 de valoración.

PÍVOTS

10 Tomas Hampl: 27 anos. Trátase do xogador máis alto da liga (2,15m) o checo é un xogador que destaca polo seu bo traballo para o equipo, non excesivamente duro e que non sempre loce nas estadísticas. Chegou a xogar ACB e Euroliga da man de Bilbao Basket, se ben estivo case sempre vinculado a Santurtzi. No 2014 ascendeu á ACB da man de Andorra e na tempada pasada estivo en Palencia, onde promediou 4 puntos por partido e 3,1 rebotes nos pouco máis de 13 minutos que estivo na cancha. No que levamos de tempada suma só 3,7 puntos, 2,4 rebotes e 1,3 de valoración nos case 13 minutos que xoga por partido.

14 Alfons Alzamora: Cos seus 36 anos o ex-breoganista é un dos veteranos do equipo. Peza clave no vestiario e axuda para a progresión dos seus compañeiros. Un auténtico trotamundos, xogou en FC Barcelona, Joventut, Menorca, Manresa en Lleida e Lugo e foi internacional en categorías inferiores. O ano pasado, cun aporte menor no Força Lleida promediou 3,3 puntos por partido e 3,3 rebotes en pouco menos de 15 minutos xogados. No que levamos de tempada, promedia 4,6 puntos, 4,3 rebotes e 1,5 asistencias para 5,7 de valoración.

52 Volodymyr Gerun: 21 anos. Chegou a metade da tempada procedente do Xetafe, onde en só dous partidos deixou moi boas sensacións, anotando 11 puntos, collendo 8 rebotes e valorando 15,5 por partido. As pasadas dúas tempadas xogara na Universidade de Portland con 8 puntos e 6 rebotes por partido de media. Só xogou un partido en Lleida, e fixo 17 puntos e 6 rebotes para 19 de valoración.

¿Como chegan?

Dúas das peores xeiras negativas da liga fronte a fronte. O CB Breogán rematou por terceira vez no seu periplo en LEB (décima consecutiva) a primeira volta cun balance negativo de vitorias-derrotas. Dáse a circunstancia de que os celestes se miden por cuarto partido á peor xeira negativa aberta da liga, tendo caído en dúas ocasións anteriores, contra Cáceres e contra Navarra a xornada pasada, e gañando a Prat. O Barris Nord non ve gañar ao seu equipo coma local desde hai máis dun mes, concretamente o 28 de novembro, última vitoria dos da terra farma na súa propia casa. Uns e outros teñen que buscar a reacción. O Breogán, na campaña do seu 50 aniversario e logo dunha tempada na que rozou cos dedos o ansiado ascenso á ACB, e o Lleida, que quere fuxir canto antes dos postos baixos da clasificación, que por potencial de plantel, non lle corresponden en absoluto.

Danilo vs lleida

¿Quen é favorito?

Partido moi moi difícil no seu prognóstico. Lleida leva catro derrotas consecutivas e, en total, catro vitorias en liga, das que só dúas se produciron no Barris Nord, nos derbis cataláns ante CB Prat e FC Barcelona B. A tempada dos de Joaquín Prado ten, até o de agora máis sombras ca luces e están, de momento lonxe do seu obxectivo de principios de tempada, que non é outro que tentar mellorar o que xa se conseguíu o ano pasado, chegar aos playoffs e tentar dar un susto aos equipos de maior potencial. Diante o Breogán, con mellor balance pero que remata unha decepcionante primeira volta con máis derrotas ca vitorias. Os de Lisardo tamén están lonxe do seu obxectivo, moi lonxe se se considera que o obxectivo dos celestes tería que ser pelexar o ascenso directo, nembargantes, as últimas noticias en formas de incorporacións, que ademais da de Pep Ortega, poderían concretarse nos vindeiros días fan rexurdir novamente a ilusión no breoganismo. Os de Lisardo queren gañar por non perder a comba cos de arriba e, en verbas do propio adestrador lucense, comezar a se converter nese equipo “temible” de cara aos playoffs e que ningún outro equipo quere enfrontarse a el. O conxunto celeste, para o que non sería unha debacle unha nova derrota, si sería especialmente grave, porque se convertiría no equipo coa peor xeira aberta da liga, e cun calendario complicado. Agora máis ca nunca, toca confiar no traballo, bo durante a semana e malia ás dificultades que ten non poder completar adestramentos con todo o plantel dispoñible e ao completo. Cousas do deporte. O factor cancha pode ser un arma de dobre filo se as cousas non van ben no partido do mércores, o ambiente podería voltarselle en contra ao conxunto da terra ferma. As necesidades apretan a un e afogan aos outros, o Breogán quere encaramarse aos postos de arriba e o Lleida fuxir da lea na que se meteu e canto antes. O plantel… Semella que favorece ao Breogán, sen embargo o Lleida ten homes determinantes coma Emmy Andújar, que foi MVP a última vez que se medíu cos nosos, e ao que só puidemos dobregar na prórroga. A historia non nos di gran cousa cabo deste Força Lleida, fundado no 2012 e que veu substituír ao CE Lleida que xogara ACB e contra os que si xogamos noutras ocasións. Así, o Breogán no Barris Nord xogou un total de 12 partidos, cun balance equilibrado para os dous equipos, xa que se reparten 6 vitorias para os locais, e 6 para os celestes. Máis desequilibrada está a cousa nos duelos en Lugo, onde en 13 partidos, o Breogán venceu en 12, só perdendo nunha ocasión. En total, dos 25 partidos que se levan disputados entre o equipo lleidatan e o breoganista, o Breogán venceu en 18 e os cataláns en 7. En principio semella que, por esta vez a historia está da parte breoganista, pero o mércores será outra historia diferente, cos cataláns volcados para non sumar a que sería a súa segunda xeira de cinco derrotas consecutivas na tempada, e cun Breogán disposto a agradar á que vai ser a súa próxima incorporación, o ala-pívot catalán Pep Ortega. Nós apostamos a un 2016 celeste. E que mellor que comezar co primeiro partido do ano. O mellor regalo de Reis. FORZA BREO!!!

O Noso Vindeiro Rival…

O NOSO VINDEIRO RIVAL:

Planasa Basket Navarra Club

 

escudo_basket_navarra         VS           Breo

 

Partido compricado, e moito, o que afronta o Breogán este vindeiro mércores. Se a situación deportiva non é a máis esperada, co equipo situado na oitava posición, con igual número de vitorias e derrotas, a tres vitorias do segundo clasificado Melilla e a 6 do intratable líder Palencia, que leva desde a segunda xornada sen perder, precisamente ante o cadro celeste, peor é a crise institucional, cunha xunta de accionistas que xa se prevía quente e da que debera saír o novo Consello de Administración que guiase desde os despachos a nave celeste… Pois ben, nas últimas horas, o actual Consello de Administración lanza a bomba da venda das accións en Autocarteira, en paquete único para un único novo accionista que terá maioría no futuro Consello de Administración. Todo sen ser aprobado en Xunta e coa dúbida de se se fixo no Consello de Administración en funcións. O vacío de poder na nave celeste vense reflectindo desde a saída de Alberte do Consello, e agora agravado pola situación deportiva dun equipo que non termina de arrincar, e no que cada quen semella face-la guerra pola súa conta. Nestas chegou e foise Gerardo Suero, o dominicano que viña a ser o substituo do añorado James Feldeine. Devin Wright e Matulionis no disparadeiro e mentres tanto Mamadou Samb, que comezara a tempada a un nivel estratosférico, non viaxa a Navarra trala presunta escordadura de nocello que sufríu en Cáceres da que pasadas dúas semanas non tivo a evolución agardada. Así que nesa tesitura chega o Breogán á visita aos navarros, que contan á súa vez coa peor xeira aberta da liga, logo de catro derrotas de xeito consecutivo ante Lleida, Palencia, Melilla e Coruña, conseguindo a súa última vitoria hai máis dun mes, en Anaitasuna ante o outro representante galego da categoría ademais do xa nomeado Basquet Coruña e o propio equipo celeste, o COB. Dáse ademais a circunstancia de que as 5 vitorias que os navarros levan na clasificación, conseguironas xogando ante o seu público, o que dá un claro sinal de que non vai ser un equipo fácil de batir, con toda a problemática que arrastran os de Lisardo, e que ademais son un equipo que sufre, e de que xeito, co rebote. Sendo Navarra un dos equipos cuxa maior fortaleza está no seu xogo interior, pinta partido complicado para os celestes. Fica claro que gañar alí non ha ser fácil.

¿Obxectivo?

O obxectivo dos navarros semella claro este ano. Volver ilusionar á boa afección pamplonica. Para elo a confección do plantel con moitísima xente curtida xa na LEB en diferentes equipos do nivel medio/alto, xunto coas renovacións que o clube puido permitirse. Así, co obxectivo primordial de volver enganchar á afección ao Anaitasuna, tal como se conseguíu en parte da tempada pasada sobre todo ao principio, xa que o equipo foi de máis a menos, arrastrado pola saída do que estaba a se-lo MVP absoluto da competición até o momento sen lugar a dúbidas, Hernández-Sonseca. E máis logo dunha tempada anterior, no que o divorcio entre a bancada e o equipo fora total, rematando nun descenso de categoría que finalmente non chegou a darse. Así, o obxectivo, que de momento e vista a clasificación non parece moi preto ten que ser loitar por estar na zona nobre da clasificación e poñer as cousas difíciles nun eventual playoff aos “primeiros espadas” da competición, especialmente no fortín de Anaitasuna.

 PLANTEL

Coma adestrador, na súa segunda campaña consecutiva, Sergio Lamúa (39 anos) para o técnico que sustituíra no seu momento ao mítico Ángel Jareño. Continúan no plantel da tempada pasada, Joaquín Bonhome, Íñigo Zabalo, Iván García, Miki Servera e Iñaki Narros. Coñecedores da categoría chegan desde Palencia Guillermo Justo e Óliver Arteaga, e desde Clínicas Rincón o senegalés Maodo Nguirane. Completan o plantel Serge Konan e o ex-Ferroviario Quique Garrido. A experiencia ACB será tamén aportada por Sergio Rodríguez, que chega procedente do Iberostar Tenerife.

Grupo-2-1024x587

BASES

9 Íñigo Zabalo: 19 anos. Un dos máximos baluartes da canteira do Planasa Navarra, con capacidade para ir progresando ano tras ano. Está a tentar a oportunidade de mellorar para o seu futuro da man de Sergio Lamúa, que ben o coñece da súa época xuvenil. O base navarro promediou o ano pasado 5,7 puntos, 1,7 rebotes e 1,1 asistencias para 2,7 de valoración no EBA. Este ano leva 1,4 puntos e 1,4 de valoración nos apenas 6 minutos xogados.

13 Miguel Servera: 23 anos. Base alto de 1.97, que grazas ao seu físico pode desenvolverse na posición de escolta. É un xogador que destaca pola súa polivalencia. Cumpre a súa segunda tempada no conxunto navarro. O ano pasado promediou 9,4 puntos, 3,4 rebotes e 2,4 asistencias para 9,5 de valoración. No que levamos de tempada suma 8 puntos, 4 rebotes, 2,6 asistencias para 7,1 de valoración.

33 Quique Garrido: 33 anos. Destaca pola súa aportación en ataque, e a súa efectividade desde a liña de 6,75. É especialmente perigoso en situacións de pick and roll en accións de un contra un na que, coa súa boa lectura de xogo, pode aproveitar situacións favorables para repartir asistencias. Na defensa é intenso e constante, sendo un incordio para o seu par na pista. Ademais ten amplo recorrido nas categorías FEB, tendo xogado en Canarias, Palencia, e a tempada pasada en Melilla. Precisamente a campaña pasada promediou 8,2 puntos, 1,7 rebotes e 3,2 asistencias para 6,6 de valoración. Na presente campaña leva 7,6 puntos, 1,3 rebotes e 2,3 asistencias para 4,9 de valoración.

ESCOLTAS

3 Guillermo Justo: 30 anos. Veterano escolta nacido en Gran Canaria. Trátase dun tirador con capacidade de anotación e que defensivamente cumpre sobradamente. A súa principal arma en ataque é o tiro de tres puntos, tanto a pé parado coma en saída de bloqueos. En defensa cumpre baseándose na intensidade e agresividade. Desenrolou a súa carreira deportiva nas categorías FEB. O ano pasado incorporouse ao Palencia substituíndo ao lesionado Romà Bas. Promediou 5,1 puntos, 1,1 rebotes e 3,4 de valoración. Na presente tempada leva 4,4 puntos e 2,5 de valoración en apenas 17 minutos.

7 Joaquín Bonhome: 29 anos. Caracterízase durante as tempadas que leva na LEB Ouro, por sempre dalo todo na pista, destacando especialmente pola súa intensidade defensiva e a súa capacidade para lanzar desde o perímetro, posiblemente as dúas cualidades que mellor definen o seu xogo. Cuarta tempada a que leva no conxunto navarro, anteriormente estivera no U.B. La Palma e en categorías inferiores do Cajasol. A tempada pasada, o xogador cordobés sumou 6,2 puntos, 2,1 rebotes e 4,8 de valoración. No que levamos de tempada leva 4,6 puntos, 1,5 rebotes e 2,9 de valoración.

ALEIROS

4 Sergio Rodríguez: 22 anos. Chega cedido polo Iberostar Tenerife, clube co que vén de renovar até a campaña que vén, logo da boa campaña disputada o ano pasado en Ávila co clube de LEB Prata, tamén cedido. Incorporación valorada coma moi positiva, xogador novo e con moitas gañas. Trátase dun aleiro diferente, que axuda tanto en ataque coma en defensa. A tempada pasada, no Obila promediou 11 puntos, 4,3 rebotes e 1,6 asistencias para 9,6 de valoración. No que levamos de tempada leva 6,4 puntos, 2,6 rebotes e 5,9 de valoración.

15 Iñaki Narros: 34 anos. O auténtico estandarte do conxunto navarro, tendo vestido 167 veces a camiseta do Navarra Basket Club, sendo o segundo xogador que máis vestíu a verde do conxunto pamplonica tras Iñaki Sanz. Sendo ademais o máximo anotador da historia do clube. Trátase da referencia ofensiva do equipo, proporciona anotación desde o exterior grazas á capacidade de tiro e a boa finalización de contraataques e xeración en pick and roll, tanto para tirar como para penetrar. O ano pasado sumou 5,1 puntos, 1,8 rebotes e 1,7 asistencias para 1,4 de valoración en só 6 partidos de liga e un de playoff. No que levamos de tempada, promedia 10,7 puntos, 2,2 rebotes e 6,4 de valoración.

ALA-PÍVOTS

11 Iván García: 29 anos. Trátase dun interior con amplísima experiencia tanto nas ligas FEB coma na Liga Endesa. Formado nas categorías inferiores do FC Barcelona formou parte do Cornellá, despois foi a Zaragoza, onde conqueríu o ascenso co CAI, xogou despois en Valencia, pero sen render coma se agardaba. Posteriormente voltou ao Barça B e agora cumpre a súa segunda campaña no clube navarro, onde se sinte agusto. O ano pasado sumou 11,3 puntos, 4,5 rebotes e 1,6 asistencias para 9,4 de valoración. Nesta tempada leva 9,4 puntos, 4,1 rebotes e 1,9 asistencias para 9 de valoración.

17 Serge Konan: 24 anos. Xogador que estaba sen equipo, logo de varias actuacións en clubes de EBA. O xogador, que estaba a proba adestrando cos de Lamúa, finalmente conseguíu quedar no clube navarro. Xogador que ten varios anos de experiencia e que está principalmente para cumpli-lo rol de axudar ao equipo no que necesite, no rol que lle pida o adestrador.

PÍVOTS

12 Óliver Arteaga: 32 anos. Posiblemente o xogador que máis asubíos se leva da bancada lucense polo seu pasado no cadro celeste e, sobre todo, pola súa saída que tivo pouco de elegante. Trátase de meirande estrela do cadro navarro. Un dos xogadores máis determinantes da categoría na súa posición. Experiencia en LEB Ouro e tamén en ACB, o que unido á súa calidade convérteno nunha das referencias do equipo. Ademais coa súa mobilidade e envergadura proporciona intimidación e rebote. O ano pasado estivo no Palencia, co que foi eliminado entre asubíos da afección lucense no Pazo dos Deportes, promediando 9,5 puntos, 8,2 rebotes e 1,2 asistencias por partido para 13,4 de valoración. Este ano subíu as súas prestacións e leva 18,3 puntos, 10,1 rebotes e 1,7 asistencias por partido para 26,3 de valoración, sendo un dos xogadores máis valorados da liga.

19 Maodo Nguirane: 22 anos. Xogador procedente do Clínicas Rincón, e anteriormente xogou ás ordes de Joan Plaza a Liga Endesa e a Euroliga. Despois de cinco anos entre o primeiro equipo e o vinculado, chegou o momento de dá-lo salto lonxe da Costa do Sol, concretamente ao cadro navarro. O ano pasado, co Clínicas Rincón promediou 4,4 puntos e 3,2 rebotes para 3,8 de valoración. No que levamos de tempada, Nguirane leva 5,7 puntos, 4,5 rebotes e 7,4 de valoración.

¿Como chegan?

Ámbolos dous equipos chegan coa lousa das derrotas coma un verdadeiro freo para as súas respectivas aspiracións. Se cadra os de Lisardo, co futuro da entidade no aire, con tódolos problemas posibles, con só oito xogadores para afrontar o partido, coa recente marcha do fugaz Gerardo Suero, parece estar peor nese eido, sen embargo Navarra, logo de sobrevivir ao treito máis duro do calendario, con Lleida, Palencia, Melilla e Coruña de xeito consecutivo con catro derrotas, vén neste partido o momento idóneo para pechar un bo ano para os navarros, e cecais, por que non dicilo, tamén o rival idóneo, pola entidade do mesmo, e polo momento que atravesan. O Breogán só contará con Dani López, Sergio Llorente, Álex López, Nikola Rakocevic, Osvaldas Matulionis, Devin Wright, Travis Nelson e Fede Ucles para este partido, e Navarra sabe que a súa remontada pasa por pechar o ano cunha vitoria, que, de producirse, continuaría a xeira positiva na casa, só interrumpida polas derrotas ante Lleida e Melilla. Ademais, poden ver achegarse a un dos rivais que marcan esa fronteira polos playoffs, coma é o propio conxunto celeste, que, de caer en Anaitasuna, quedaría a só unha vitoria dos navarros. Semellan ingredientes motivadores abondo para que os navarros sexan os que lle vaian poñer pementa ao asunto.

¿Quen é favorito?

Non semella fácil buscar un favorito nun partido estremo coma é este. En principio, o Breogán conta con só oito profesionais para afrontar o partido, polo que semella pouco para un partido a cara de can, coma pode ser este en Pamplona. Se miramos home por home e posición a posición, o Breogán debera ser superior, mesmo cos oito homes que van xogar. Sen embargo, as malas sensacións e o terremoto que sacuden á entidade nas últimas semanas, fan que o partido teña un prognóstico difícil. Se cadra habería que fixalo en varias claves;

Breo Navarra

O factor cancha; Navarra leva dúas derrotas consecutivas na casa, ante bos equipos coma Lleida e mais Melilla, e quere cortar esa xeira canto antes. Trátase dun equipo moi forte, que de feito levaba até o partido de Lleida, pleno na súa casa, non coñecendo a vitoria lonxe de Anaitasuna. Ademais, o Breogán baixa o seu rendemento lonxe do Pazo, polo que esta clave semella bastante favorable ao conxunto navarro.

As necesidades; están presentes nos dous equipos, pois ámbolos dous están moi por debaixo do que cabería esperar. Lembramos que o Breogán hai pouco máis de cinco meses perdía no quinto e último partido do playoff en Ourense as súas posibilidades de ascenso. Hoxe é oitavo, e de non mediar unha segunda volta prácticamente perfecta, os lucenses, á espera dos reforzos que poidan vir, non chegarán á final da liga nas mesmas condicións có ano pasado. Necesidades tamén no conxunto navarro, coa peor serie aberta da liga, sendo catro derrotas consecutivas, e máis preto do descenso que dos playoffs. Iso si, agora mesmo Breogán supón un dos equipos que marca esa fronteira dos playoffs, polo que de gañar os pamplonicas, ficarían a só unha vitoria dos lucenses. En calquera caso, a derrota suporía, para uns e outros, unha lousa compricada de levantar moralmente.

O plantel; parece que o Breogán ten, home por home, mellor plantel que Navarra, pero os pamplonicas contan con superioridade numérica, xa que os lucenses só contan con oito xogadores para disputa-lo partido en Anaitasuna.

Polo que respecta á historia, o conxunto navarro foi fundado no 2007, polo que só se medíu ao Breogán nas últimas tempadas, desde a 2010/11 até a actual. A historia nos di que a igualdade é absoluta, pois nos 10 partidos que xogaron até o de agora, repártense 5 vitorias cada un, con 3 vitorias na casa e 2 a domicilio. Así pois, en Anaitasuna, o Breogán venceu en dúas ocasións, a última delas, na xornada 4 da pasada tempada. Semella que esta vez, as diferentes claves apuntan a Navarra coma favorito para este partido, pero os partidos hai que xogalos, e os celestes sempre dan a súa mellor cara cando máis difícil o teñen. Que cara ofrecerá o Breogán este mércores. Saberémolo a partires das 21.00 en Anaitasuna. FORZA BREO!!!

O NOSO VINDEIRO RIVAL

Cáceres Ciudad del Baloncesto Patrimonio de la Humanidad

 

  logo-caceres-2016-basket       VS          Breo 

 Vén o Breogán de sumar a súa terceira vitoria consecutiva, que lle sitúa na cuarta posición, encabezando unha caravana con outros tres equipos cos que está empatado a 7 vitorias, Burgos, BarcelonaB, Castelló e Oviedo. Pode que o Breo chegue algo tarde para tentar o asalto á Copa Princesa, para o que tería que tentar acadar o segundo posto, e ao que tamén aspiran Palma, Melilla e os outros equipos antes comentados. Para elo chega o Breogán a Cáceres nun bo momento anímico e tentando recuperar a un Gerardo Suero que parece que ten problemas de adaptación. Non obstante, o escolta dominicano fixo bos partidos, especialmente o pasado sábado no Pazo ante Oviedo, cando sumou 18 puntos en pouco máis de 23 minutos, pero semella que hai problemas neste sentido. Aparte diso, Lisardo conseguíu completar adestramentos con todo o plantel ao completo, cousa que non conseguira no que levamos de tempada, e o partido ante Oviedo foi o primeiro no que os breoganistas dispuxeron de tódolos seus efectivos, cousa que non ocorría desde a primeira xornada ante Lleida. Todo isto, e contando co nivel crecente no xogo dos celestes, que farán a súa próxima parada en Cáceres, unha desas prazas importantes para calquera lucense, e non só pola conidición de cidade histórica do baloncesto (o clube é o herdeiro do mítico Cáceres C. B. que xogara na ACB nos 90 e primeiros 2000) senon por aquela final four, a marea celeste, e a dura derrota contra aquel Bruesa de Pablo Laso e Andy Panko. Con respecto ao clube verdinegro, xurdíu no 2007 pola fusión de dúas das canteiras máis importantes da cidade estremeña. Así, coa fusión da canteira de Cáceres C.B. (cuxo equipo senior, ex-ACB, desaparecera dous anos antes por dificultades económicas) e o colexio San Antonio. O conxunto cacereño voltaba así o básquet profesional á cidade, xa que mercaran a praza en LEB Prata do Club Básquet Llíria, e contando co apoio incondicional da fiel afección cacereña. O clube tiña uns 1500 socios ao bonito pavillón Multiusos Ciudad de Cáceres na súa primeira tempada. Desde entón sempre alternaron a LEB Ouro e a Prata en función dos vaivéns económicos da entidade estremeña. O ano pasado, nun fantástico fin de tempada, conquerían o ascenso no último partido da liga ante CEBA Guadalaxara. Esta tempada o comezo prometía grandes sensacións, pero unha xeira de 6 derrotas consecutivas, fixo aos cacereños mirar con medo aos postos de descenso. Foi quen de cortala cunha importante e inesperada vitoria na casa ante Melilla, hai dúas xornadas, no último partido en casa ante o seu público. Tres das catro vitorias que leva o conxunto estremeño foron no Multiusos Ciudad de Cáceres. Fica claro que gañar alí non ha ser fácil.

¿Obxectivo?

Semella que o obxectivo pasa por tentar ser competitivos, por tentar facer un verdadeiro fortín do Multiusos e que gañar alí sexa un auténtico tormento. Con iso, e mantendo grande parte do equipo que conqueríu de maneira brillante o ascenso a campaña pasada, debera chegar para conquerir unha permanencia que parece un obxectivo menor. A verdadeira meta é conseguir esa permanencia, ese número de vitorias mínimas canto antes para poder ter un final de tempada tranquilo, e se é posible, loitar por obxectivos máis nobres, tales coma pelexar uns playoffs que semellan difíciles de acadar, visto o gran número de equipos que poden estar nesa tesitura. Por iso, e seguindo o dictado da pizarra de Ñete Bohigas, o ir partido a partido e tentando conseguir a vitoria en cada unha das xornadas, semella unha meta máis ca coherente, pero sobre todo, disfrutar e facer disfrutar á fiel afección verdinegra.

 PLANTEL

O adestrador da casa Ñete Bohigas (49 anos), cumpre a súa terceira tempada consecutiva ao fronte do clube. Colleu ao clube logo do descenso administrativo á LEB Prata, e devolveuno agora a Ouro. A frase de “aquelo que funciona é mellor non cambialo” parece ser a filosofía do clube cacereño para a confección do plantel nesta tempada. Así, coa capitanía de Luís Parejo (terceira tempada) tamén continúan da tempada pasada José Antonio Marco, Guillermo Corrales, Añaterve Cruz, Rolandas Jakstas e Mansour Kasse. Ademais, un dos rivais da campaña pasada coma Álvaro Frutos, procedente de CEBA Guadalaxara, Ben Mockford procedente de Plymouth, Sergio Pérez desde Pornic (Francia), Tautvydas Slezas desde Furnstelfeld e Víctor Serrano, desde C.B. Prat.

cacerespatrimoniodelahumanidad1516_plantilla

BASES

5 José Antonio Marco: 26 anos. Cumpre a súa terceira tempada no clube estremeño. Nomeado a pasada campaña mellor base da LEB Prata, o xogador murciano pasa por ser un base que destaca pola súa facilidade para asistir aos seus compañeiros, de feito foi o máximo asistente a tempada pasada duplicando ao segundo clasificado nesta estatística. Xa xogou na LEB Ouro hai tres tempadas, nas filas do Melilla, onde fichou polo Cáceres, sendo desde entón a prolongación de Bohigas na cancha. A tempada pasada promediou 9,4 puntos, 2,9 rebotes e 7,1 asistencias para 16,2 de valoración. No que levamos de tempada leva 5,5 puntos, 2 rebotes e 2,3 asistencias para 6,6 de valoración

11 Álvaro Frutos: 28 anos. Formado nas categorías inferiores do Real Canoe de Madrid, o xogador madrileño mesmo chegou a debutar na liga ACB co Baloncesto Fuenlabrada. A súa experiencia na categoría co Alcázar, Melilla, Navarra e Clube Ourense Baloncesto, pero non chegou a ter o rendemento agardado. O ano pasado recuperou sensacións co CEBA Guadalaxara na LEB Prata, onde sumou 11,1 puntos, 3,9 rebotes, 3,9 asistencias e 12,7 de valoración. No que levamos da presente tempada leva 6,1 puntos, 2,3 rebotes, 2,3 asistencias e 6,8 de valoración.

12 Guillermo Corrales: 20 anos. Trátase dun base de 1,80 metros, desenrolou a parte final da súa etapa formativa no Baloncesto Sevilla, no seu equipo junior e no filial na EBA. Mesmo chegou a debutar co primeiro equipo na Liga Endesa en catro partidos e tres máis na Eurocup. A campaña pasada, xa nas filas do conxunto estremeño promediou 3,3 puntos, 1,4 rebotes, 1,6 asistencias e 3,3 de valoración. No que levamos de tempada leva 1,6 puntos, 1 asistencia e 0,9 de valoración nos apenas 8 minutos que disputa por partido.

ESCOLTAS

3 Ben Mockford: 26 anos. Escolta de 1,86 zurdo, moi explosivo e excelente tirador, formado na NCAA en St. Francis, está convocado coa selección de Gran Bretaña. O xogador, logo da tempada pasada marchar tras só 8 partidos do conxunto estremeño por unha inoportuna depresión, volve para voltarlle ao conxunto verdinegro a “débeda pendente” ca afección cacereña. A campaña pasada, antes da súa saída sumou 13 puntos, 1,4 rebotes e 1,3 asistencias para 7,6 de valoración, mentres que este ano leva 9,6 puntos e 2,6 de valoración.

33 Luís María Parejo: 26 anos. Trátase do capitán do equipo estremeño. Cumpre a súa terceira tempada consecutiva no conxunto cacereño. Este almeriense foi formado nas categorías inferiores do Real Madrid, leva case toda a súa traxectoria na liga LEB Prata, en equipos coma Tíjola, Óbila, Castellón e Cáceres nas últimas dúas tempadas. Debutara na LEB Ouro en Alcázar no 2011. A pasada tempada promediou 9,9 puntos, 3,2 rebotes e 1,4 asistencias para 10,6 de valoración, pero esta tempada leva 9,1 puntos, 2,9 rebotes, 1,8 asistencias e 9,3 de valoración.

ALEIROS

7 Sergio Pérez: 36 anos. Aleiro que pode actuar coma pívot aberto. Trátase dun tirador caracterizado por exercer de todoterreo cando as circunstancias o requiren. Comezou nas categorías inferiores de Estudiantes de Madrid, para pasar ao Pozuelo e máis tarde ao Fuenlabrada da LEB Ouro, co que conseguíu un ascenso de infausta lembranza para os breoganistas, pois derrotou en Lugo ao Breogán nos últimos segundos do cuarto partido da final do playoff. Posteriormente xogou en ACB no propio Fuenlabrada, CAI Zaragoza e Murcia. A tempada pasada, foise á cuarta división francesa, de onde foi rescatado polo conxunto estremeño. Leva nesta tempada 6,4 puntos, 2,6 rebotes e 1,1 asistencias para 6,8 de valoración.

13 Añaterve Cruz: 29 anos. Conta cunha ampla experiencia na LEB Prata, en equipos importantes tales coma Plasencia, Coruña, Óbila, Gran Canaria, Palma ou o propio Cáceres. O ano pasado, o aleiro canario foi o máximo anotador do seu equipo na liga e unha das claras referencias ofensivas do equipo. O aleiro canario sumou 12,4 puntos, 3,4 rebotes e 1,2 asistencias para 10,9 de valoración. E no que levamos de tempada leva 8,4 puntos, 1,8 de valoración.

ALA-PÍVOTS

14 Rolandas Jakstas: 24 anos. Trátase dun xogador moi traballador, intenso, forte e moi dotado de técnica individual, seguirá medrando e adaptándose ao baloncesto español un chanzo máis arriba para ocupar posicións de ala-pívot. Chegou a tempada pasada ao cadro verdinegro coma unha aposta no xogo interior para conseguir o obxectivo do ascenso. Alternando as posicións de 4 e de 5, foi de menos a máis, promediando 9,3 puntos, 4,8 rebotes e 1 asistencia para unha valoración de 10,2.

34 Mansour Kasse: Mansour Kasse: 23 anos. Formado nas categorías inferiores de Tenerife e Real Madrid, cumpre a súa terceira tempada consecutiva co clube estremeño. Trátase dun dos xogadores preferidos pola afección pola súa loita e a súa implicación na cancha, coa bancada e coa cidade, conqueríu o ano pasado o ascenso co clube cacereño, voltando así á categoría na que debutara hai dúas tempadas da man de Planasa Navarra, aínda que tendo unha aportación máis ben testimonial. O teito cacereño a pasada tempada sumou 5,6 puntos, 5,6 rebotes e unha valoración media de 7,5 minutos nos 17 minutos que xogou. No que levamos de tempada aporta 2 puntos, 2,5 rebotes e 1,6 de valoración nos apenas 10 minutos que xoga en cada partido.

PÍVOTS

9 Tautvydas Slezas: 25 anos. Trátase dun pívot nado en Kaunas que cos 2,07 de estatura e 25 anos, internacional con tódalas categorías do país báltico. Interior intenso, bo reboteador en ámbolos dous aros que, ademais de poñer o balón no chan, destaca pola súa capacidade para xerar o pase e ser un bo finalizador preto do aro. Slezas xa pasou por varios equipos do seu país antes de xogar en Austria, país do que procede, e onde promediou na última tempada 11 puntos, 9,3 rebotes e 2,4 asistencias. No que levamos da presente tempada, o xogador lituano suma 6,5 puntos, 7,3 rebotes e 1,6 asistencias para unha valoración media do 9,8.

21 Víctor Serrano: 26 anos. Chega o pívot madrileño procedente do Prat Joventut, de formación na canteira do Estudiantes, con quen mesmo chegou a formar parte do plantel ACB na tempada 11/12 logo do seu primeiro paso pola categoría da LEB Ouro da man de Canarias, as seguintes tempadas alternou Prata e Ouro con Lan Mobel e COB Ourense, e o filial do Joventut nas dúas últimas tempadas. O ano pasado, nas filas do filial da Penya sumou 7,8 puntos, 5,4 rebotes para unha valoración de 10,1. No que levamos de tempada, aporta 8,6 puntos, 7 rebotes e 11,5 de valoración nos case 22 minutos que xoga.

¿Como chegan?

Anímicamente o Breogán vén dunha xeira de 3 vitorias consecutivas, case para igualar a súa mala xeira anterior de catro derrotas consecutivas. O conxunto celeste semella medrar a cada partido, pouco a pouco e escalando posicións, no que vai recuperando xogadores. Destacar o partidazo de Sergio Llorente na xornada pasada, na que cos seus 27 de valoración, conseguíu o MVP da xornada, compartido iso si con Beka Burjanadze. E non é casual, pois a volta de Dani López trala súa lesión, fai que o xogador breoganista teña a obriga de xogar menos minutos, está máis fresco e liberado para a anotación. O Breo chega coa única preocupación de recuperar anímicamente a Gerardo Suero, e proseguir a escalada, toda vez Fede Ucles superou os seus problemas físicos. Avisou Lisardo da perigosidade do Cáceres, e dos problemas no rebote do Breo, polo que pode ser unha boa pedra de toque. Palencia está moi lonxe, pero Palma non tanto. Cáceres, pola súa banda, chega ao partido logo da derrota da pasada xornada, deixando nun espellismo a vitoria da xornada anterior ante Melilla. Así, os de Ñete Bohigas levan 7 derrotas nos últimos 8 partidos e ocupan posto de descenso, na penúltima praza da clasificación. Iso si, ha de terse en conta que das catro vitorias que leva Cáceres, só unha foi fóra da casa. O Cáceres é un equipo temible ante o seu público, que apreta moito e que, a bo seguro vai tentar que os seus poidan sumar outra vitoria que corte a boa xeira dos de Lisardo.

728780_1

Último Breogán-Cáceres disputado en cancha estremeña. Playoffs 2013

¿Quen é favorito?

En principio o factor cancha favorece ao clube estremeño, pois o partido hase disputar en Cáceres. Ademais, o feito de estar nunha xornada con tres partidos fai que o conxunto lucense vexa esta semana coma fundamental para esprimi-las súas derradeiras posibilidades de xogar a copa. Logo das vitorias ante Prat, Cocinas e Oviedo, o Breogán volve mirar cara arriba e xa ocupa a cuarta praza de clasificación. Iso si, algo a ter en conta é a posibilidade de que o factor cancha poida transformarse en presión se as cousas non van como deberan. En canto á calidade do plantel, a do Breogán parece ser superior, pois home por home a traxectoria dos celestes parece máis importante que o plantel cacereño, moito máis humilde e cunha aspiración tamén máis modesta. O Breogán debería ser quen de conquerir a vitoria se é capaz de impoñer o seu xogo, e seguir así medrando no xogo, coma equipo e tamén na clasificación. Falando de historia, Breogán e Cáceres medíronse en bastantes ocasións, coma cidades históricas de básquet que son, co clube actual e co extinto C.B. Cáceres, medíronse anteriormente en 29 ocasións, e a igualdade é a tónica xeral. Así, coa actual denominación (Cáceres Ciudad del Baloncesto) o Breogán visitou Cáceres en 7 ocasións, con cinco vitorias para os locais e dúas para os lucenses. Anteriormente, o Breogán visitara ao Cáceres C.B. tamén en 7 ocasións, e o balance é exactamente o mesmo, 5 vitorias locais e 2 para os lucenses. Así pois, en total, o Breogán visitou Cáceres en 14 ocasións, todas en liga regular menos un playoff de infausta lembranza hai ben pouco gañando en 4 delas e perdendo noutras 10. En Lugo, por contra, xogaron 15 partidos, gañando o Breo en 9 ocasións e o Cáceres nas outras 6. O Breogán chega ao partido con gañas de seguir a súa escalada, é o favorito e ten que demostralo na cancha, unha cancha que non lle vai resultar fácil, porque Cáceres quere tamén recuperar as sensacións. A cita, no Multiusos Ciudad de Cáceres o vindeiro mércores ás 20.45. FORZA BREO!!!

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.