Xeral

Augouse a festa

Plantáronse en Bilbao cincocentos breoganistas nun deses desprazamentos que por si mesmo deberían quedar para o recordo. As circunstancias eran perfectas: cidade das que gusta visitar, ponte para moitos, desprazamento masivo esgotando as entradas que Bilbao mandou a Lugo, un equipo que ilusiona e ao que non se puidera ver competir dende facía varias semanas… viaxemos!

Imagen
Foto: @BreoMaximus

A cidade do Nervión recibiunos con choiva, pero fermosa como ela é. A Plaza Nueva, ateigada de breoganistas que viviron en todo momento unha festa continua, en compaña de afeccionados locais e outros visitantes que pasaban a tarde nesta concorrida praza. Despois de xantar algúns produtos típicos que convenceron e conquistaron o padal dos lucenses máis esixentes, chegou o momento dos cánticos, bailes, unhas Estrellas (que non falten), algún que outro patxaran… Todo ía perfecto. Raro que non sospeitaramos nada, que ben é sabido que os galegos somos desconfiados, e os breoganistas estamos curados de espantos.

Mesmo nese momento tiven a ocasión de coñecer a historia de Lois, un meniño que pediu aos pais que o levaran a Bilbao ver ao Breo e que se sabe todos os cánticos. Apunta a gran afeccionado!

E alá saímos para estar ás 18:00 para recibir aos nosos. Un recibimento dos que xa case non se lembran, a altura das grandes ocasións (sendo esta unha grande ocasión, non nos ía a vida no encontro)

Originally tweeted by Río Breogán (@CBBreogan) on 5 Dic 2021.

Proseguiu a festa nos arredores de Miribilla, o encontro estaba para comezar e cada vez había un ambiente maior. Alí estaban moitos (por non dicir case todos) cos que compartín viaxes e desprazamentos. Non faltaron as lembranzas daquelas viaxes a Palencia no inverno, para chegar e perder de 15 ao remate do primeiro cuarto, ou a Burgos, ou a tantos outros sitios de onde volviamos con cara de vinte pesos, pero máis breoganistas aínda. E sobre todo un pensamento “Estes son os días que nos gustan, estes son os días que fan breoganismo, estes son os días que sempre quixemos vivir cando eramos 500 no Pazo!”

Originally tweeted by miguel de prado (@migueldeprado2) on 5 Dic 2021.

Retomando o da superstición… que raro que todo fora tan ben, non? Ata que chegou o momento de entrar, ocupamos os nosos asentos e… chegou o desenlace. Outra vez. Un marcador de posesión e aviso por megafonía de que se atrasaba o inicio ou posible suspensión. As imaxes eran desconcertantes. Non se vía excesivo movemento nin preocupación, polo que pensei que seguramente se arranxaría e era cuestión de paciencia. Concentreime en sacar o frío de enriba e a agardar… Inmediatamente, uns minutos despois, comunicouse o infortunio:

Debido a un problema técnico ajeno al BB, el Cómite de competición ACB ha decidido suspender el encuentro entre Surne Bilbao Basket y Río Breogan. BB ha intentado en todo momento poner todo de su parte para que el encuentro se disputara. Por nuestra afición y por la de Lugo.

Originally tweeted by Surne Bilbao Basket 😎 (@bilbaobasket) on 5 Dic 2021.

A realidade é que foi un pau duro. No momento, a sensación foi como cando che comunican unha nova moi importante e non sabes reaccionar. Quedas pasmado. Abandonei inmediatamente Miribilla para aproveitar un pouco máis o centro e non pensar moito nisto. Pero a desolación de tanta xente, xente que viaxou ex profeso (sen sequera pernoctar, xente que era a primeira vez que se desprazaba, xente que gastou o seu diñeiro na viaxe, estudantes… e especialmente por todos os mozos/mozas e nenos/nenas coma Lois que viaxaron con toda a ilusión por ver ao seu breo… foron pouco a pouco agudizando o dano que fixo esta suspensión.

Sobre todo o que ocorreu, comunicados e demais, non paga a pena volver sobre eles. Tan só lamentar que o domingo nos plantaremos ante Andorra cun mes sen competir (e iso sen contar a odisea de Manresa, que non se debería ter xogado). Neste caso toca aplicar a filosofía dun adestrador de fútbol que dixo “no nos hagamos más daño”. Porque levamos unha xeira de novas, tanto xeradas por nós mesmos, como por a prensa foránea, que non axudaron.

En fin, foi unha experiencia inesquecible por todo o que rodeou ao encontro e como se veu abaixo en minutos, quizais só paliada polas boas xentes de Bilbao e unha cidade digna de coñecer. Iso si, agardo que igual que a tantos que íamos a caer en Palencia ou Burgos un venres a noite, indo e vindo no día, a todos os que tiveron como debut esta xornada tan atípica, co tempo, lles reforce máis se cabe o seu breoganismo.

Quédame apuntar dúas novas importantes no deportivo, que con todo este balbordo poden pasar desapercibidas. Unha delas anunciada polo propio club e outra comentada por Raúl Villares:

Dúas novas de alcance no @CBBreogan A primeira que Alex Urtasun reforzará aos de @olmos_paco nos adestramentos e a segunda que @Tkal24 ten pasaporte belga recén conseguido e deixa de ser extracomunitario

Originally tweeted by Raúl Villares Villar (@RaulVillares) on 6 Dic 2021.

E finalmente, non quero deixar de mencionar o grande papel do futuro do baloncesto lucense na Minicopa Endesa, a todos os integrantes da expedición celeste… parabéns!

#MinicopaEndesa #RíoBreogán #ActitudRío #ActitudeRío #ForzaBreo

Originally tweeted by Río Breogán (@CBBreogan) on 8 Dic 2021.

Advertisement

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s