Xeral

Un moi bo cuarto non abonda

O máis negativo foi unha primeira parte non moi boa do cadro celeste, o mellor do encontro foi ver, unha vez máis, como este equipo se agarra con forza a cada encontro.

Foto: CBBreogán

Chegaba Zaragoza coa dúbida de McLean, quen finalmente non xogou o encontro. Lonxe de acusar a súa baixa, os interiores de Casademont complicaron o xogo dos lucenses, especialmente coa presenza do islandés Hlinason, ao que se sumou un gran encontro de Stan Okoye e San Miguel.

O primeiro cuarto foi errático por parte de ambos conxuntos, e como tal se reflectíu no marcador, cun 14-14. Mentres no segundo o equipo aragonés metía un puntiño máis, o Breo semellaba decaer para irse ao descanso 34-21.

No inicio do terceiro foi cando Stan Okoye parecía estar posuído e fixo auténticos estragos fronte a un Musa que non foi quen de paralo. Pese a todo, Breogán foi mostrando síntomas de melloría e conseguiu resistir as turradas do equipo local para un 25-25 parcial con 12 puntos de Bell Haynes neste cuarto, moi ben secundado por un gran Sergi Quintela.

E efectivamente, a este Breo nunca hai que dalo por morto. Iniciando o último cuarto con 13 puntos de diferencia, os lucenses foron quen de poñerse por riba 66-68 (min 36), liderados por Bell-Haynes, os puntos de Kalinoski que xogou o cuarto enteiro e os de Kacinas así como un aplicado Sakho. Momentos de altas pulsacións breoganistas.

Unha antideportiva (puido haber falta no contacto anterior de TBH con Hlinason?) e unha máis que posible falta cando Dzanan Musa atacaba para empatar ou gañar privaron aos lucenses de colocarse cun ilusionante 4-3. Posiblemente Zaragoza fixo máis méritos e foi xusto gañador, pero accións deste tipo nun final igualado non gustan.

Sabíamos que días como este poderían chegar, pero hai que insistir no feito de que nun día malo, o equipo chegou con opcións ata o final. E iso, é moi moi bo síntoma. .

Dende a bancada, dous apuntes. Estrana a pouca participación de Erik no día de hoxe (aínda estando Trae a un enorme nivel), e sigo atopando de menos algúns minutos de Kevin Larsen (o de Sollazzo xa o damos por perdido) e un recoñecemento aos afeccionados desprazados, que se fixeron notar na retransmisión televisiva.

O resumo de prensa:

Agora toca afrontar unha semana de preparación para o encontro ante Murcia, un equipo que sen facer moito ruído está actualmente terceiro na táboa e xoga no día de hoxe ante todo un Baskonia para tentar poñerse 5-2. Non vai ser nada doado, con 4 grandes xogadores americanos e Augusto Lima (que dicir do brasileiro!) liderando a súa estatística.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s