Xeral

Plantando cara a todo un Real Madrid

E non é un Madrid calquera, líder da ACB e gañador por ampla marxe ante Panathinaikos.

Imagen
Foto: CBBreogán

Onte foi un día de festa en Lugo, se xa levamos seis xornadas nas que se ían sentando os cimentos para chegar aquí, onte cun pazo ateigado foi a confirmación.

O certo é que o Breo fixo un verdadeiro partidazo, e obrigou ao Real Madrid a mostrar unha das súas mellores caras. Unha auténtica constelación das máis grandes estrelas que poderemos ver pasar por Lugo, tivo que empregarse a fondo para dobregarnos. Nin indo quince abaixo o equipo baixou os brazos e chegou a poñerse 2 abaixo a falta dun minuto.

Sobre o xogo, o que foi o encontro e demais, pouco se pode engadir ao xa dito e ao que a prensa nos trae. Polo que hoxe, quero facer unha referencia a todo o que envolveu á marca Breogán neste encontro.

Comezando polas longas ringleiras que nos atopamos para entrar. Moi bo síntoma por un lado, pero algúns atrancos que haberá que arranxar para o futuro. Un pazo cunha estampa fermosa, a máis fermosa que lembro en tempo, e vimos de vivir moitos bos momentos nestes anos. Este equipo dáo todo na pista e a grada non se queda atrás. Ata con invitados ilustres coma o mesmo David Blatt, testemuña do ambientazo de Lugo.

E máis ilustre aínda, Rodri! Que bo traballo se está facendo neste eido tamén!

Se de todas as xogadas que houbo no encontro me preguntan por cal foi a máis celebrada, sen lugar a dúbidas quedo con ese ataque do Real Madrid no terceiro cuarto no que se lles esgota a posesión. O empuxe do público foi indescritible. Pois iso é o que aquí nos encanta!

Tamén foi o día no que por vez primeira se concedeu o Trofeo Julio Vila de xeito extraordinario, sen votación, e coido que sen moita discusión. Máis que merecido para o eterno capitán, que momento tan fermoso e emocionante que puiden vivir en primeira persoa.

O reconto vai tal que así agora mesmo:

Dende aquel 2014 en que o meu amigo Juli me brindou a idea, que propuxen a directiva e foi moi ben acollida, sempre estiven máis ou menos presente na organización deste trofeo. En todo este tempo só podo ter boas palabras para o apoio do club para sacalo adiante (moitas veces con traballo detrás que non lles corresponde) especialmente na figura de Marcos, das peñas, sempre tan activas, de Julio Vila fillo sempre disposto a botar unha man e por suposto de toda a afección.

Esta decisión unánime alédame especialmente. Non son moi partidario de retiradas de camisetas, e máxime logo de 55 anos, habería moito que revisar e seguro que sempre se esquecería alguén moi importante para o club. Porque sempre haberá xogadores importantes, en ACB, en Leb ou en Eba… cada un no seu tempo e no seu contexto. Por suposto, se algún día se fai, será motivo de orgullo vela alí pendurada.

Pero recoñecementos como o de onte son máis que necesarios. Pouco a pouco vai habendo lonas dos nosos ídolos á entrada da porta 5, e oxalá sigamos sumando máis!

Imagen
Foto: Carlos CAastro

Dito isto, hoxe é día para destacar aos da casa. Por exemplo aos irmáns Quintela, que gran partido e que bo vídeo nos trouxeron esta semana.

Para os patrocinadores. Porque agora é doado querer estar, pero hai anos non o era tanto.

E para a prensa que nos seguiu todo este tempo. Eles sempre estiveron aí. Hoxe só prensa local.

Río Breogán on Twitter: "Equipo, afección : sodes ACB!! #FORZABREO  #FAGAMOSEQUIPO #RÍOBREOGÁN… "
Só o acerto exterior freou ao Río Breogán ante o Real Madrid (71-79)
Río Breogán on Twitter: "Equipo, afección : sodes ACB!! #FORZABREO  #FAGAMOSEQUIPO #RÍOBREOGÁN… "
Sala de prensa: Pablo Laso e Paco Olmos compareceron tralo partido
Imagen
71-79. El Madrid necesita dos milagros de Llull para tumbar al Río Breogán
Imagen
El Real Madrid sufre en el Pazo: 71-79

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s