Xeral

Este Breogán veu para quedarse

As sensacións inmellorables da primeira parte confirman que non imos a ser unha mera comparsa e que estamos na ACB para dar guerra en todos e cada un dos encontros.

Sergi Quintela, un dos “responsables” do bo papel breoganista onte.
Foto: C.B.Breogán

Chegabamos a Málaga coa dúbida de Lukovic, quen finalmente non contou con minutos (e agardemos que poida estar co Madrid, onde todos van a ser máis que necesarios) Equipo dos máis fortes da competición (aceptariamos case a calquera no noso equipo a comezo de tempada, sen dúbida) e que sabíamos que nolo ía poñer imposible. Pois nada máis lonxe da realidade: 5-20 para iniciar o encontro e poñer o Carpena patas arriba, deixando ao Unicaja case inoperante por momentos. Unha lóxica reacción en forma de parcial 8-0 fixo que chegaramos cun 13-20 neste período inicial.

O segundo cuarto foi de resistencia total, achegándose Unicaja por momentos, despegando o Breo ata os 12 puntos e igualándose de novo a diferencia nos 7 puntos ao final do cuarto, sendo Iván Cruz o máis destacado do Breo. Tivemos incluso unha xogada entre Bell-Haynes e Musa para enmarcar!

O terceiro cuarto xa foi máis difícil para o Breo e Unicaja conseguiu igualar o encontro e mesmo superar ao Breo nunha fase de intercambio de golpes para mandar no electrónico que remataría co cadro malagueño 2 arriba. No último cuarto o Breo foi quen de pelexar, cun gran corazón que lles permitiu poñerse por riba no inicio do mesmo, pero finalmente Unicaja fixo valer a súa condición de favorito e gañar por un marcador de 72-64.

Norris Cole e a segunda parte dun Jaime Fernández imparable foron as principais armas malagueñas, namentres polo s nosos destacaron especialmente Mahalbasic, Cruz e un Sergi Quintela que tamén se fai un nome nesta liga.

O domingo, máis e contra todo un Real Madrid. Será unha festa do baloncesto e día para poder ver a algúns dos mellores xogadores de baloncesto.

Velaquí o máis destacado da prensa:

Preme na imaxe para acceder

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s