“Siempre es lo mismo”

Iso dicía unha nena a súa nai que trataba de consolala, mentras eu lle pedía que non chorase. “Siempre es lo mismo”.

Chl23AKWkAEw4Ny

Certamente foi un novo pau, durante o encontro so me daba para pensar “esta película xa a vin máis veces”. Este equipo, debeu ser un espellismo, pero parecía que podía loitar pese a todos os problemas do pasado. Pero non foi así. Onte, no momento en que as cousas se torceron, algúns desapareceron do encontro e volvemos a ver as nosas miserias de toda a tempada. E iso é o que máis me doe. Caer con Básquet Coruña? Foi merecido. Pero con todo o que tiñamos non debera ter pasado, e menos deste xeito, eu sentín certa vergoña. Nin esa nena nin ningún dos centos que estabamos alí merecemos isto.

Unha das frases máis repetidas onte foi “o que mal empeza…” E si, é certo. Este ano houbo erros que levaron a esta situación. Todos nos afanamos en buscar culpables, e supoño que todo o mundo ten a súa responsabilidade e o seu grado de culpa, pero non todos por igual. O que me “reconfortou” en certa maneira é saber, por boca deles mesmos na saída de Riazor, que son conscientes dos males deste equipo. Non é cuestión de que saian a luz agora porque non tería sentido, pero si que internamente quede constancia para que non se repita.

Agora toca facer balance, autocrítica e comezar a traballar no ano que ven. E para comezar hai que deixar paso dende xa a nova directiva e que esta comece a traballar. Os saíntes están desexando facelo, seguro, pero antes han ter que solventar os problemas económicos de todos os anos. Dende logo que este é un primeiro paso vital e que cremos que vai tardar moi moi pouco.

Baixando un chanzo. Secretaría técnica, dirección deportiva ou como lle queiramos chamar. Está claro que van moitos anos de fracasos e que este ano tiñamos nomes pero para nada un equipo con maiúsculas, que é o que precisamos. Suero viña precedido dunha mala fama en canto ao persoal que facíao un claro candidato a non vir a un vestiarios xa compricado. E o de Ofoegbu, xa non ten nome. Fichamos a un xogador con problemas físicos graves, inscrito como extracomunitario (3000€ que van ao limbo) e que por riba de non xogar, deu problemas. Faise nesta parcela algún tipo de avaliación do seu traballo? Podes errar como todos, pero van moitos anos e moitos erros (tamén algúns acertos).

E na pista, pois pouco que dicir do corpo técnico. A uns gustará máis ou menos a forma de xogar de Quique e antes a de Lisardo, pero aínda ca responsabilidade de Lisardo na confección do equipo (Quique pouco participou nesta tarefa), coido que queda as claras que os problemas iban máis alá dos adestradores. Que os haberá mellores e tamén peores.

Dos xogadores, pouco que dicir, hai xente comprometida e outra non tanto, e cada afeccionado ten as súas filias e fobias, pero quen teñen que valorar son os traballadores.   Soamente quero facer un inciso sobre Osvaldas Matulionis, posto que hai moitos partidarios e detractores, case unha guerra ao seu redor. Coido que o seu principal problema foi como chegou a pretempada. El tiña claro que quería facer uns bos playoffs para acadar un mellor contrato en caso de non ascender co Breo (tiña un +1 no contrato), e o ano anterior con COB chegou fundido. Tamén descansou menos que a tempada anterior (Lleida non xogara playoffs e rematar moi cedo a Liga), xa que nesta aparte de ir con Lituania B xogara playoff ata o final co COB. Todo isto fai que comece a tempada a un nivel máis baixo do agardado. Non por elo un nivel malo, xa que nunca deixou de aportar e adestrar máis ca ninguén. Falando solo do plano deportivo, estoulle agradecido por o seu traballo, pero coido que foi insuficiente para o xogador que quixeron que fose a pedra angular do Breogán 15/16.

E finalmente a afección. Sodes o mellor patrimonio que ten este club, sen dúbida. Que os que cheguen saiban coidarvos como vos merecedes e nos dean unha alegría. Unha honra caer con vós (Pepe dixit)

Eu tamén farei autocrítica, e verei en qué puiden fallar e en qué puiden ter axudado máis, que seguro que hai moitas cousas. Pero cando fallei, fallei pensando que estaba facendo o correcto.

Damos aquí por rematada a 2015-2016 e agardamos xa con ansia o 2016/2017 con todas as novidades que vai traer. E que ese ano non sexa o mesmo de sempre.

#Voltaremos

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 4 Maio 2016, in Opinión. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.