O pulso do derbi con Quique e Tito, en Somos Breogán

Qué mellor maneira de comezar o playoff en Somos Breogán que entrevistando aos técnicos dos dous equipos que se enfrontan este venres en Riazor? Velaquí as impresións dos dous, a quenes agradecemos o fantástico trato e facilidades para realizar no día de hoxe ambas entrevistas, a apenas 24 horas para que comece a que vai ser a festa do baloncesto galego nestes vindeiros días. Imos alá:

341 vs

CB_Breogan


Quique

Comezan os playoff, quizais un dos momentos máis fermosos do ano. Como chega o equipo aos mesmos?

Preguntáronmo xa moitas veces estes días, animicamente ben despois de seis vitorias, pero o playoff é outra cousa, e Coruña dos últimos seis encontros gañounos en cinco ocasións. Vai ser unha eliminatoria longa e competida.

Dani xogará segundo parece, pero John… hai previsión de que volte xogar esta tempada?

John ten revisión en dúas ou tres semanas e aí decidirase.

Estádesvos plantexando fichar no caso de que non poida voltar?

As bases son claras, ten que ser unha baixa de catro meses e ten que levarse á Federación e que eles decidan. E ese non é o caso, polo de agora son dúas semanas.

Semella que chegamos no mellor momento da tempada, o equipo vese con moita máis intensidade, move mellor o balón… que cambiou con Quique?

Non sei, fixemos moitos cambios e mantivemos moitas cousas. Sobre todo sistemas ofensivos… Metemos carga táctica, traballando por exemplo a zona para que non nos collan por sorpresa. O normal é que haxa máis circulación de balón e se produzan máis erros defensivos posibilitando que teñamos tiros máis cómodos.

Xavier é o termómetro segundo nos tes dito, pero quizais outros dous bos motivos sexan a integración de Pep e o bo momento de Osvaldas? Semella ter algo máis de liberdade este último e sentirse máis cómodo, ou é que acadou o momento de forma óptimo?

É un compendio de todas as cousas. Osvaldas traballou moito dende que chegou, traballou o bote con Lis, moitos específicos comigo e agora con Iván, o físico con Miragaya e ademais dinlle maior liberdade porque ten moito talento, no 1×1 aberto que antes non facía. E ademais é un xogador que se anota é moi difícil de parar.

É difícil facer funcionar a un equipo que, en principio, non deseñaches ti mesmo, se non que foi confeccionado por outros?

É un pouco todo. Á hora de facer o equipo cada un ten os seus gustos. Eu adáptome máis ao equipo e tento sacar as súas virtudes. Adaptei a defensa para minimizar os erros; un exemplo: intento que Paco (Samb) non saia da zona, xa que lle custa moito recuperar a posición.

Sénteste máis querido pola afección tralos excelentes resultados colleitados dende que colliches o equipo?

Ca afección tiven moita sorte, sempre me tratou moi ben. A afección de Lugo en canto lles das un pouco implícase co equipo ao máximo, é superagradecida. Pola rúa nótoos contentos e estou moi agradecido de como me están tratando.

Centrándonos xa no encontro, ambos chegamos nun bo momento. O encontro decidirase por dentro ou no xogo exterior? Tes algunha previsión de cal será o guión do encontro?

Teño moitas ideas. Esta semana foi moi dura, fixen moitas montaxes de encontros de Coruña e falei moito con Iván. Temos varios guións a seguir para tentar gañarlle a Tito. A clave é impoñer o noso ritmo, xa que impoñendo o seu Tito é moi bo.

Falando de ritmo, como agardas que plantexe Tito o encontro? A un ritmo alto, lento…

Vai ser un pouco diferente segundo o base que estea en pista. Con Creus será máis pausado, agardando que cometamos erros para que os seus tiradores queden liberados. O obxectivo é evitar que teñan tiros doados. Pola contra con Monaghan e incluso con Dagoberto na cancha corren máis, os ataques son máis rápidos. E se poñen zona o ritmo será moi lento. É o que adoitan facer e por tanto parece o máis probable.

En Coruña linlle esta mañá a Chus Castro somos favoritos, pese a que nos gañaron habitualmente nos últimos tempos. Ti sentes esa presión de ser favorito, ou pola contra son eles os favoritos?

Eu sinto presión por pertencer a Breogán e traballo duro para gañar e compensar a viaxe á afección, pero non sinto presión por ser favoritos. O que di Chus non ten moito sentido cando nos gañaron cinco das últimas seis veces. Pero no Breogán ven de serie gañar sempre.

Vai ser máis dura a batalla na grada ou na pista?

Na grada gañará Breogán seguro, e na pista vai ser unha batalla dura, moi moi dura.

Finalmente, unha mensaxe que queiras mandar á marea celeste?

Que teñen a miña total gratitude por ese desprazamento en masa. Estou seguro que se van facer notar e sufrir e apoiar coma nunca. E darlles de novo as grazas.


Tito

Comezan os playoff, quizais un dos momentos máis fermosos do ano. Como chega Coruña aos mesmos?

Ben, chegamos cheos de ilusión porque non era un obxectivo inicial pero fomos medrando, pasamos de ter o obxectivo de non baixar e xogar ben a intentar estar no playoff, crecendo a xente que ven ao basket. Son dous bos obxectivos, comezamos con 500 e rematamos a semana pasada con máis de 2000. E comezamos pensando en non baixar e acabamos en playoff.

Tedes un equipo longo como Breogán, están todos en perfectas condicións? É esta unha vantaxe?

Témolos a todos dispoñibles. Ángel sobre todo e Chus Castro están ranquéantes, non están como quixeran. O resto están uns máis cargados (ao faltar Angel e Jesús outros tiveron que asumir máis responsabilidade) pero a ilusión de xogar o playoff pode con todo. Están moi ilusionados .

Tras un comezo dubitativo Coruña fixo unha grandísima tempada. Está no mellor momento do ano ou quizais este foi durante a liga regular manténdose ata agora?

Mantivemos unha liña moi regular de xogo, a idea inicial non foi acompañada por resultados, pero críamos nela, e finalmente fomos o segundo equipo en anotación da liga e quizais iso tamén axudou a enganchar xente en Coruña. Podemos perder algún día, pero aínda con altibaixos que son normais, non son moi prolongados. Somos estables pero cos riscos do noso xogo alegre. Foron duras as primeiras xornadas con lesións e uns cinco xogadores que debutaban na liga . En definitiva non estamos nin cansados nin mellor nin peor.

Beqa é o xogador franquicia, pero a algúns quizais nos preocupa moito tamén Olmos e o acerto dos exteriores e o ritmo que imprima Monaghan… Cal dirías que é o home a seguir de Coruña?

Non o sei. No último encontro foi Dago Peña. En Cáceres Stelzer, en Navarra Monaghan, outras veces Olmos… A primeira volta de Beqa foi incrible (aínda que agora está moi marcado). Esa pode ser a nosa forza, non xogamos especificamente para ninguén . Breogán non ten xogadores como  McGhee o ano pasado e quizais por iso nos encontros anteriores destacaran os nosos interiores.

E no Breogán?

Hai moitos, diría que calquera sería titular no meu equipo. Dani López co seu palmarés, Llorente que está moi ben,  tres exteriores como Xavier, Alex López e Matulionis son moi bos  e teñen moita presenza en detrimento de Rako que tamén pode aparecer… Samb, Ortega Wright saben o que é xogar na ACB ou ascender. E verdade que Xavier leva once encontros con nove triunfos… E Breogán reaccionou no tramo final da liga. Algo tiñan que facer e por eso este final. Jeff xavier mellorou moito ao equipo e con Ortega danlle maior consistencia.  omo equipo son parecidos a nós salvando a distancias, teñen tamén xogadores que poden aparecer en calquera momento.

Nas cábalas de Tito, o encontro decidirase por dentro ou no xogo exterior?

Non o sei, eu creo que en playoff importa moito a consistencia defensiva e o rebote, mentres que o acerto vai e ben. O equipo que controle o rebote e a nivel defensivo ten moito andado. Logo aparecerán os xogadores. Nos buscamos equilibrio exterior-interior, pasamos moitos balóns polos pívots. Todo dependerá de se se pechan ou non sobre os nosos pívots.

Como agardas que plantexe Quique o encontro?

O que fixeron dende que está el. Aparte el tampouco fixo tantos cambios, notamos máis frescura no xogo, máis xogo en toda a pista, os xogadores liberáronse de corsés, xogan mais frescos. Cada balón que nos collan contraatacarán, meten as mans, defendes moi ben. Non podemos potenciar esas virtudes do Breo. Levan mais puntos ca nos os últimos oito encontros. Se lles deixamos xogar, fano ben de verdade.

Esta mañá dicía Chus Castro que é favorito Breogán, pese a que estatisticamente tesnos a medida tomada. Realmente velo así?

Cada tempada é distinta, as vitorias da tempada pasada non teñen nada que ver. Eu en playoffs estou 0-0. O noso equipo é o que é, a realidade nosa e outra. Se quitas a Olmos do meu equipo, hai xogadores no Breogán que xogaron máis encontros de playoff que todo o meu equipo xunto. Se non fora polo factor cancha serían superfavoritos, agora mesmo solo son favoritos. E eu non sei como vai respostar o meu equipo nunha situación distinta, xogar contra o mesmo rival varios encontros, con moita xente nos pavillóns. Non sei como controlarán as emocións.

A pregunta do millón. Estarás nun futuro próximo adestrando ao Breogán? E gustaríache?

Eu creo que agora non é o momento, en maio ou xuño falamos se queres . Agora mesmo non o teño na cabeza. Estou moi centrado no meu. Ademáis onde vai estar Breogán ? ACB, Leb…

Vai ser máis dura a batalla na grada ou na pista?

Eu quero que haxa competencia na pista e paixón na grada. Quero que a grada sexa unha festa e que na pista gañe o mellor. Espero que o que gañe o baloncesto galego, como no Breogán  contra COB o ano pasado, que o baloncesto galego foi o gañador.

Finalmente, queres mandar unha mensaxe a túa afección?

A miña que trate de facer o mesmo que fan os de Lugo, animar dende o segundo cero ata o minuto 40 ao seu equipo, que é o que fará a de Lugo. Quero destacar que nos dous últimos encontros gañamos polo empuxe da afección. Comezamos cunha afección fría a e escasa e rematamos cunha numerosa e moi activa. O certo é que haberá unha festa na grada, aínda que os que esteamos na pista teremos que abstraernos.

 

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 21 Abril 2016, in Entrevistas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.