Vai por ti, míster!

No día de onte, recibimos unha nova, que non por agardada, resultou menos dolorosa. No día de onte comunicáronnos que Lisardo, adestrador do C.B. Breogán non vai sentarse no banco esta fin de semana. Nin o vai poder facer no que resta de tempada.

Tempada esta, que foi a tódolos efectos, moi mala. Para el, para o equipo, para a afección, para todo. Pouco podemos salvar. Seguro que ten moita responsabilidade, igual que outros membros do equipo e do club, pero hoxe non toca falar diso. Hoxe toca arroupalo. Hoxe toca falar do mellor momento que vivíu este club dende o ascenso do 99, case nada. E con permiso de Cáceres 2008.

@CBBreogan

@CBBreogan

Cando a xente se refire a Lisardo, case todos empregan as verbas “breoganista” e “traballo”. Pois si, así é el. Non poido estar máis de acordo. Dende un punto de vista persoal, quero achegarvos un pouco máis á súa figura.

Como técnico gustará máis ou menos, como é normal, todos temos as nosas preferencias. Pero persoalmente, crede que é un luxo.

A Lisardo Gómez coñecino hai xa 3 anos, en maio de 2013. O ex director xeral Javi Gómez foi quen me alentou a facerlle a entrevista e me achegou a el. A verdade eu estaba pouco convencido, estabamos poñendo en marcha un blog sobre o Breogán entre dous afeccionados (meu irmán e máis eu) e non sabiamos como seriamos recibidos. Pois recibiunos como é el: cun sorriso e unha grande amabilidade e confianza. Foi unha das entrevistas nas que máis cómodo me sentín xunto ca que lle fixen a Suso Lázare, pola cercanía que mostrou dende un primeiro momento. Lembro que me ensinou as oficinas onde traballan, me presentou a Juan Carlos Castro co que falamos un bo anaco (a última vez que falei con el, por certo) e que a entrevista foi un éxito.

Souben que era breoganista cando me contaba as súas viaxes para ver ao Breo, cando me animou a sortear material do Breo que el mesmo me deu, me animou aos diferentes concursos. Axudoume cas diferentes iniciativas de cara aos playoffs, cando colgamos carteis para que a xente se abonase, e un longo etc. Loitou polo club, polo breoganismo en guerra, e por moitas cuestións que ían máis alá do que pasaba na pista.

Sobre o seu traballo, pouco podo dicir. Desfruta del e sexan as 8 da mañá ou as 12 da noite, sempre tiña respostas para dar as entrevistas as que foi sometido. Celoso do seu traballo, ten gardado sempre silencio cando estabamos preto de asinar a algún xogador. O máximo que lle saquei foi un “este vaiche gustar, se nos sae, pode darnos un salto de calidade”. Foi despois de gañar ao Palma, antes de chegar Gary McGhee. Case nada.

Tivo a mala sorte de non poder adestrar as categorías inferiores da selección española. Non puido ir por unha cuestión persoal. Sempre dixo que lle gustaba moito adestrar aos máis pequenos.

E o ano pasado, tocou o soño de calquer breoganista. De feito, acadouno.

Pero para entendelo mellor, compre lembrar de onde partiamos. A situación institucional era complicada. Un abandono importante do club, unha venda de accións en marcha que deixaba o futuro do club nunha grande incerteza. Pavillón case baleiro (para o habitual neste club) ante Andorra. Pingueiras en todo o Pazo. Frío infernal. A xente, farta, deprimida, aburrida… Dimisión da directiva presidida por Julio González e unha sensación de que o Breogán era un enfermo ao que ían deixar morrer.

Pero a tempada pasada, milagrosamente, e tras as incorporacións de Mortellaro, Sergio Sánchez e Gary McGhee colleu moi boa pinta. Íamos gañando partidos, perdimos a final da Copa Príncipe, voltaron os desprazamentos en masa, voltou a ilusión, e pelexamos o playoff. Vitorias épicas como contra Palencia, derrotas dolorosas como a de Valladolid na casa, e por fin, a final, o derbi galego. Neste playoff vivimos algo histórico.

Contra Palencia ca memorable caída do telón que cubría o fondo (qué momento!) pero contra COB vimos un cheo histórico. Lembro con emoción que Diego, co que tantas veces falabamos do bonito que sería ver a 3000 persoas no Pazo (feito que agora é bastante común, aínda perdendo, pero non hai tanto soñábamos conelo), se me achegou na final e me dixo, ca mirada as bancadas máis altas do Pazo “Quen nos diría cando empezou todo o do Breoganismo en loita que veriamos isto”.

E señores, para min foi un dos momentos máis emocionantes que lembro. E nese momento, dirixía ao equipo Lisardo Gómez. E iso quedará aí para sempre. No meu corazón será sempre, sempre, historia do Breogán.

En Ourense xa foi outra historia, e caemos, pero caemos como sempre o deberiamos facer: todos xuntos, afección, corpo técnico, directiva e equipo.

Fonte: El Progreso

Fonte: El Progreso

Foi unha bonita historia á que lle sobraron 3 minutos.

So podo rematar cun grazas por todo, desexándoche unha pronta recuperación.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 10 Marzo 2016, in Opinión. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.