A importancia do tiro de 3 no básquet moderno

por @ivanff1980

Vai xa 6 anos, John Hollinger, vicepresidente de operacións de Memphis Grizzlies na actualidade, escribía un interesante artigo para ESPN sobre a importancia do tiro de 3 puntos na NBA (http://sports.espn.go.com/nba/columns/story?page=PERDiem-090327 ). Calquer seareiro é consciente hoxe en día do importante que é para un equipo estar atinado dende a liña de 3 puntos, pero Hollinger ía un chanzo máis alá e falábanos non só da importancia do acerto, senón da importancia do simple feito de tirar de 3.

No seu artigo, Hollinger aseguraba que a mellor estatística para saber se un equipo NBA tiña máis do 50% de vitorias era mirar a porcentaxe de tiros de 3 puntos tentados sobre o total de tiros de campo tentados; independentemente do acerto. E a verdade é que o número de vitorias e esta porcentaxe teñen unha alta correlación. Desta forma, os 10 equipos que máis tiraban de 3 na NBA sumaban unha porcentaxe de vitorias do 59,3%, mentras os 10 equipos que menos tiraban de 3 sumaban unha porcentaxe de vitorias do 40%.

O máis sorprendente é que analizando os dez equipos con mellor porcentaxe e os dez equipos con peor porcentaxe de acerto no tiro de 3 puntos non se apreciaba unha grande diferenza no número de vitorias.

Así mesmo outras estatísticas como asistencias, roubos, perdas ou rebotes tampouco adoitan dar tanta información sobre o ben ou mal que o está a facer un equipo. Na memoria de moitos están esos Miami Heat que foron capaces de ser campións da NBA cas peores estatísticas en rebotes da liga vai poucas tempadas.

O feito é que, pasados 6 anos de este interesante artigo, todos os equipos da NBA son conscientes deste feito e a porcentaxe de tiros de 3 vaise incrementando ano tras anocomo se pode apreciar na seguinte táboa:

Tempada Porcentaxe de T3 sobre TC
2014-15 26,79%
2013-14 25,90%
2012-13 24,39%
2011-12 22,60%
2010-11 22,17%
2009-10 22,15%
2008-09 22,37%
2007-08 22,21%
2006-07 21,20%
2005-06 20,25%
2004-05 19,68%
2003-04 18,67%
2002-03 18,19%
2001-02 18,08%
2000-01 17,00%
1999-00 16,69%
1998-99 16,88%
1997-98 15,93%

De feito, na última tempada da NBA, os catro equipos finalistas de conferencia están entre os sete equipos con maior porcentaxe de tiros de 3 tentados:

Equipo Lanzamentos de 3 puntos Lanzamentos de 2 puntos
1 Houston Rockets 39.2% 60.8%
2 Cleveland Cavaliers 33.4% 66.6%
3 Los Angeles Clippers 32.2% 67.8%
4 Atlanta Hawks 32.1% 67.9%
5 Philadelphia 76ers 31.9% 68.1%
6 Portland Trail Blazers 31.7% 68.4%
7 Golden State Warriors 31.1% 68.9%

Especialmente chamativo é o caso de Houston Rockets que parece levar esta estratexia a un nivel extremo, alcanzando unha cifra record de 39,2% de tiros de 3 tentados (case 6 puntos porcentuais máis que o segundo equipo, e 12,4 puntos porcentuais máis que a media da liga, que por outra banda, un ano máis volve a ser a máis alta da historia da NBA). E non parece que lle fose nada mal a Houston con esta estratexia.

Non só na NBA con atopamos con este fenómeno. A tempada pasada Andrés Monje escribía un artigo moi interesante: http://kiaenzona.com/mas-basket/el-triple-como-verdugo-por-andres-monje-29128/  no que nos falaba das repercusións desta tendencia e tamén nos ofrecía algúns datos a nivel de ACB, onde esta tendencia é incluso máis forte, propiciada por a normativa e o estilo de baloncesto como ben nos explica o artigo. Só un dato, na pasada tempada o equipo que tivo menores porcentaxes de triples tentados foi Baloncesto Sevilla, e inda así alcanzou un 33,70% (superior a calquera equipo NBA, a excepción de Houston).

Cabe comentar que na ACB non se aprecia unha relación tan directa entre o “abuso” de tiro de 3  e a porcentaxe de vitorias, cecáis polo xeralizado desta estratexia. Non por iso esta estratexia entra en desuso, senón que tempada tras tempada segue aumentando a porcentaxe de tiros de 3 tentados:

Tempada Porcentaxe
2014-15 37,77%
2013-14 37,26%
2012-13 35,89%
2011-12 35,28%

E analizando a categoría LEB Oro tamén podemos ver a tendencia crecente do uso do tiro de 3:

Tempada Porcentaxe
2014-15 36,88%
2013-14 35,92%
2012-13 34,46%
2011-12 31,46%

Polo que so nos queda pensar cal pode ser o límite ou punto de equilibrio no tiro se non se toman medidas contra esta estratexia.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 4 Marzo 2016, in Estatísticas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.