Novo comunicado da Asociación Breoganista Nove Ondas

logo

No día de onte, e previamente aos últimos acontecementos, os socios fundadores de esta asociación, acordaron deixar constancia de varias das liñas de traballo que queremos seguir:

  • A primeira e máis inmediata, acadar que o club teña liquidez e rematar con este problema recurrente, tantas veces causante de situacións incómodas.
  • Exercer en todo momento unha posición de total transparencia de cara ao accionista e socio, xa que esta é unha das nosas sinais de identidade, cuestión que consideramos básica para desenvolver a nosa actividade.
  • Tiñamos intención de propoñer que saíse a venda a autocarteira para que todos os afeccionados de a pé puidesen participar no club de algún xeito. Pero non da forma onte anunciada.
  • A medio e longo prazo, temos varios obxectivos en mente, o principal é a elaboración dun plan estratéxico no que todo o breoganismo participe con propostas, xa que esta sería a base para calquera outra iniciativa.

Perante as novas aparecidas en prensa na noite deste domingo que atinxen á venda das accións que o CB Breogán posúe en autocarteira, a Asociación Nove Ondas expón:

  • A súa máis enérxica repulsa a este final dun proceso que nunca se dirixiu con transparencia e atención a accionistas e abonados.
  • A súa preocupación polo bo goberno do CB Breogán nun momento chave, posto que o consello de administración que saia da Xunta de Accionistas a celebrar mañá mesmo podería atoparse en minoría accionarial en poucas semanas.
  • A consideración de que, con independencia da legalidade da operación, é pouco ético manipular o resultado do proceso cunha venda publicitada durante datas de festa e horas antes da Xunta de Accionistas. O formato de venda (1 lote, non divisíbel, por un valor mínimo de 35888,08 €) impide á meirande parte dos breoganistas poxar polo goberno do seu club.
  • A vontade de deter este proceso por todos os medios ao noso alcance.

Asociación Breoganista Nove Ondas

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 28 Decembro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. O lote das accións é indivisíbel, pero… e si se promove facer unha “compra conxunta” tipo crowfunding e logo se reparten as accións entre todos???

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.