Comunicado da asociación breoganista Nove Ondas

A continuación reproducimos integramente o comunicado que enviou a asociación breoganista Nove Ondas a todos os medios de comunicación:

logo


Comunicado de prensa

A asociación breoganista Nove Ondas naceu neste Nadal de 2015 tras un longo tempo de posta en común, reflexión e tramites legais. Foi fundada por 10 persoas procedentes de diferentes sectores e/ou correntes de pensamento (ver anexo da páxina 2) co claro obxectivo de contribuír a un Breogán mellor e dun Breogán con moito futuro. A asociación está aberta a todos aqueles que queiran formar parte da mesma, sexan accionistas, socios ou simpatizantes.

Son fins principais da asociación, e así se recollen nos seus estatutos, os seguintes:

  1. Agrupación de pequenos accionistas para a defensa conxunta dos seus dereitos.
  2. Velar por unha xestión xusta e transparente da S.A.D. Breogán.
  3. Representación conxunta de accionistas, aboados e afeccionados ao Club Baloncesto Breogán.
  4. Servir de plataforma de representación da afección ao Club Baloncesto Breogán.
  5. Servir de nexo de unión entre o afeccionado, aboado ou accionista da S.A.D. e a propia entidade.

As accións máis inmediatas da mesma son as seguintes:

  1. Presentar a un representante de dita asociación para formar parte do vindeiro consello de administración. Dita persoa actuará como voceiro do pensar xeral da asociación e non a título persoal.
  2. Contribuír co novo consello de administración, en todo o que estea ao alcance da súa man para que o Club Baloncesto Breogán sexa, tal e como lle corresponde, un club modelo e que se transforme nun proxecto atractivo e referente a nivel do baloncesto nacional.
  3. Abrir as portas da asociación a todos aqueles pequenos e grandes accionistas que queiran velar polo bo funcionamento do club, para conseguir unha posición de maior forza. Así mesmo a asociación tamén está aberta a socios, afeccionados e simpatizantes en xeral que queiran traballar polo ben colectivo.

Por todo elo, facemos un chamamento a que todo breoganista se una e achegue novos socios. Para elo pode contactar ca asociación no seguinte enderezo electrónico:

noveondas@gmail.com

A nosa unión será a forza do Breogán que ven.

Anexo

Membros fundadores da asociación:

Presidente: D. Alberto López Muñiz

Vicepresidente: D. José Antonio Valiña Alonso

Secretario: D. Diego Mouriz Vázquez

Tesoureiro: D. Asier Maceda González

Vocais:

1º.- D. Juan Carlos Fente López

2º.- D. Javier Antonio Gómez Vázquez

3º.- D. Duarte Fernández Castro

4º.- D. Miguel Alegría Real

5º.- D. Juan Antonio Martínez Fidalgo

6º.- D. Luis Anido Rifón

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 26 Decembro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.