LUCENSES POLO MUNDO – SEMANA VI
Denantes de comezar cos nosos rapaces e as súas actuacións, non pode faltar unha pequena referencia ao gran Alberte, que deixa un pouco apartada a actividade no blogue. Tan só agradecerlle o seu traballo e aportación por facer un Breo mellor, así como por deixar que outros continuemos tentandoo.
Dito isto pasamos a analizar os partidos disputados polos nosos protagonistas habituais (Fran Vázquez, irmáns Quintela, Adrián Chapela e Brais Gago) e a súa influencia no xogo.
Adrián Chapela e os Quintela.
Sexta xornada e cuatro son xa as derrotas de Xuven Cambados na Leb Prata. O equipo dirixido por Ángel Hoyo naufragou en Álava (94-82) frente a Araberri B.C.
O vistoso xogo de Cambados non se está vendo traducido en victorias, que os leva á onceava posición na táboa clasificatoria.
Nun partido no que de novo Xuven non foi quen de dominar o rebote, sumado a moitas perdas de balón (20) levaron cara a derrota ós da ría de Arousa.
A pesares da derrota, o equipo dos nosos lucenses volveu a aguantar ata o último cuarto, onde de novo volveron a quedar notables como os problemas físicos non están a axudar, e os vascos máis dun ano despois conseguiron a victoria no pavillón de Mendizorroza, onde xogan como locais.
Adrián Chapela, anotou 7 puntos, repartiu 3 asistencias e recibiu 5 faltas para 8 de valoración nun partido aceptable.
Erik Quintela, foi o mellor dos tres lucenses apotando 12 puntos para a mesma valoración con bos pocentaxes no tiro.
Sergi Quintela tan só disputou 10 minutos do partido, nos que rematou con valoración negativa.
Fran Vázquez.
Victoria como se acustuma a dicir, “in extremis” de Unicaja de Málaga ( 85-75) no Martín Carpena frente a un renovado e todavía sen coñecer a senda victoriosa Iberostar Tenerife.
O equipo malagueño capitaneado por Fran Vázquez tivo que sofrir ata a prórroga para lograr o triunfo ante un Canarias pelexón. Na nomeada prórroga os locales foron superiorese cun parcial d e 16-6 rematoron vencendo.
O chantadino Fran Vázquez demostrou que para realizar un gran partido non é necesario estar acertado en ataque. Anotou 4 puntos con mal porcentaxe (1/7 TC) pero desbotouse no aspecto defensivo con 7 rebotes e 2 tapóns para 9 de valoración. Engadir o +17 de Unicaja o tempo que Fran estivo na pista.
Brais Gago
Clara derrota do filial de Clavixo ante Mondragon Unibertstatea por 49-63 na Liga EBA A
Unha semana máis o base lucense disputou moitos minutos do partido no que desta volta non brillou pero mantivo o tipo con 11 puntos (2/2 T3), 2 asistencias e 2 recuperacións para 8 de valoración.
É destacable que por parte de Rioxa tan só prácticamente se reparten os minutos 6 xogadores .
Posted on 12 Novembro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0