O NOSO VINDEIRO RIVAL

Club Baloncesto Miraflores Burgos Inmobiliara San Pablo

miraflores  VS     Breo

Case sen tempo para dixerir a derrota no Pazo ante Palma Air Europa, na que foi a enésima exhibición de Ricardo Guillén no Pazo, visitamos a cancha do Plantío en Burgos, na outrora inexpugnable cancha burgalesa ante un rival que nunca debeu saír a competir na LEB. O conxunto breoganista chega logo dun mal partido ante Palma, aínda que coa posibilidade de recuperar efectivos para os adestramentos da semana, descartadas as participacións de Travis Nelson e a da recente incorporación, unha vez cortado Howard, o dominicano Gerardo Suero e coa dúbida de Mamadou Samb logo de sufrir unha escordadura de nocello no adestramento do martes. Enfronte estará a escadra de Andreu Casadevall, que tamén dixo que non voltaría entrenar en Burgos polo momento, que era o momento do cambio de ciclo, etc. Andreu, ben coñecido por terras luguesas, pasa por ser un dos mellores (senon o mellor) adestradores da categoría por canto a traxectoria e o nivel deportivo e de xogo, sempre vistoso e alegre baseado na forte defensa, así coma de resultados deportivos. O básquet burgalés, logo de ter conseguido tres ascensos consecutivos non consumados, pasa tamén á súa terceira denominación, esta conseguida a última hora trala renuncia do C.B. Tizona S.A.D. así coma a do seu predecesor, o C.B. Atapuerca, e así, máis dun mes fóra de prazo e co beneplácito da liga, inscribíuse na liga o C.B. Miraflores, cuxo obxectivo principal é ter baloncesto en LEB cada 15 días para a cidade. O plantel, malia perder potencial con respecto a anos anteriores, está bastante aseado e ten moi boa pinta, moi competitivo e cunha mistura máis ca interesante entre veteranía e xuventude, entre esforzo defensivo e brilo ofensivo. E para elo xogarán no Polideportivo El Plantío, ao lado do campo de fútbol e da piscina, e da xa famosa Praza de touros convertible, o Coliseum burgalés, que tantas alegrías adoitou a vivir nos últimos anos. O ano pasado, campións da liga regular despois da derrota lucense en Valladolid e a victoria burgalesa no Barris Nord. Este ano, obxectivo máis humilde en principio. Pero seguro que Burgos non vai regalar victorias na súa casa.

¿Obxectivo?

Segundo os propios directivos do clube burgalés, o obxectivo pasa únicamente por competir cada 15 días e disfrutar de básquet de élite para a cidade. Logo de tres intentos consecutivos por parte de dous diferentes clubes da cidade de xogar na máxima categoría, a Liga Endesa, o clube burgalés plantéxase coma obxectivo o máximo deportivo, sen plantexarse ningún concreto. É certo, por potencial de plantel que semella estar uns cantos chanzos por debaixo da calidade doutros planteis de clubes burgaleses en anos anteriores, onde tanto o quinteto titular coma o banquiño aportaban moito remando cara o obxectivo final. Así as cousas, o C.B. Tizona sumou un record que será difícil de igualar a pasada tempada, ao sumar de maneira consecutiva nada menos que 14 vitorias consecutivas, as máis delas por 20 ou máis puntos de diferencia. O Miraflores, cun plantel máis ca competitivo, semella que aspira polo menos a entrar en playoffs de xeito cómodo, malia que pelexar polo primeiro posto, semella un pouco difícil ao medirse con planteis con tanta calidade coma Palencia, Melilla, Palma ou o propio Breogán. A ambición do clube é volver facer disfrutar á decepcionada afección burgalesa, para o que recuperaron as cores e signos de identidade dos anteriores referentes baloncestísticos burgaleses.  Pelexar e poñer difícil os playoffs a calquera equipo, que teña que sufrir no Plantío semella un obxectivo conquerible a longo prazo.

 PLANTEL

O adestrador Andreu Casadevall tentará sacar o máximo do seu plantel. Co xa coñecido pola afección burgalesa Anton Maresch, o resto do plantel completouse en tempo record para facer unha das escuadras máis competitivas da liga, coas apostas de Matija Poscic, Justas Sinica, Augustas Peciukevicius e Filip Toncic xunto con vellos coñecidos da liga coma Roger Vilanova, Edu Martínez e Roger Fornás, así como procedentes da liga Endesa, Rafa Huertas e Javi Vega.

107806_1

BASES

7 Roger Vilanova: 28 anos. Base electrizante, cun bo cambio de ritmo que lle permite desbordar con facilidade ao seu defensor. Ten, ademais, gran capacidade de dirección e de pase, non sendo un gran anotador. Ten boa actitude defensiva e axuda en todo o que pode, malia súa capacidade física. O ano pasado en Prat, promediou 6 puntos, 1,9 rebotes e 3,1 asistencias en pouco máis de 22 minutos de xogo, para 6 de valoración. Nesta tempada, leva 2,3 puntos, 0,3 rebotes e 2,8 asistencias para 1 de valoración.

12 Augustas Peciukevicius: 23 anos. Chega procedente do Tartu Rock estonio, completou a súa formación na súa Lituania natal, sendo internacional en tódalas categorías inferiores do seu país mesmo colgándose a medalla de bronce no sub16 e a de prata no sub18. O ano pasado promediou 8,9 puntos, 3,7 rebotes e 4,1 asistencias na liga local e 8,3 puntos, 2,9 rebotes e 3,5 asistencias na Eurochallenge. No que levamos de tempada, promedia 7,8 puntos, 2,5 rebotes, 4,2 asistencias para 8,8 de valoración en case 27 minutos disputados.

ESCOLTAS

5 Rafa Huertas: 31 anos. Trátase dun dos xogadores máis experimentados do plantel. Escolta que coñece perfectamente a categoría, logo de ter xogado en Melilla, Burgos, Lucentum, Ourense e Palencia, de onde marchou a metade da tempada para xogar en Gipúzkoa Basket na liga ACB, onde tamén xogou en Menorca. O ano pasado promediou nos 14 partidos que xogou en Palencia, 7,4 puntos, 2,1 rebotes e 1,6 asistencias para 5,5 de valoración en 22 minutos de xogo. No que levamos de tempada, promedia somentes 3,5 puntos, 0,8 rebotes para -1,5 de valoración.

8 Anton Maresch: 24 anos. O austríaco chegou a Burgos hai 4 tempadas da man do seu adestrador actual, Andreu Casadevall. É internacional co seu país en categorías inferiores. Trátase da estrela do cadro burgalés na presente tempada, destaca sobre todo pola súa facilidade anotadora, con porcentaxes que rondan o 45% en tiros de campo. Na pasada tempada, na que só puido participar en 24 partidos co cadro do C.B. Tizona sumou 7,4 puntos, 1,8 rebotes e 2 asistencias para 7,3 de valoración nos case 19 minutos disputados en cada partido. No que levamos da presente campaña, promedia 11,7 puntos, 1,7 rebotes e 2,3 asistencias para 9,5 de valoración.

ALEIROS

10 Justas Sinica: 30 anos. Procede do Neptunas Klaipeidia lituano, ten pasado por equipos importantes do seu país, coma o Lietuvos Rytas, xogando case sempre nas ligas bálticas, ten grandes fundamentos técnicos. O xogador lituano promediou o ano pasado na competición ligueira 5,6 puntos, 1,7 rebotes. En euroliga, onde xogou no grupo de Olympiakos, Estrela Vermella, Laboral Kutxa, Galatasaray e Valencia Basket promediou 2,9 puntos, 1,5 rebotes e 0,8 asistencias, e finalmente na Eurocup 4,2 puntos, 4,3 rebotes e 1 asistenci. Este ano promedia 7,5 puntos, 4 rebotes e 1,2 asistencias para 7,5 de valoración nos 21 minutos e medio que soe xogar cada partido.

15 Edu Martínez: 25 anos, procedente do Clube Ourense Baloncesto, co que vén de acadar o ascenso á liga ACB. O xogador rioxano foi canteirán do FC Barcelona, co que acadou unha progresión máis ca notable, chegando mesmo a debutar en ACB co clube catalán. Despois incorporouno Asefa Estudiantes á súa canteira, de onde foi chamado para reforzar ao C.B. Breogán a metade da tempada, para fichar ao ano seguinte polo clube ourensán. Así as cousas, trátase dun aleiro tirador con capacidade defensiva. O ano pasadou en Ourense promediou 5,9 puntos, 1,9 rebotes e 5,1 de valoración nos 15 minutos e medio que xogou cada partido, este ano suma 8 puntos, 1,8 rebotes e 0,8 asistencias con porcentaxes que superan o 40% para 6,3 de valoración.

ALA-PÍVOT

9 Javi Vega: 27 anos. O madrileño chega ao clube burgalés despois de 15 anos vencellado ao Baloncesto Fuenlabrada. Foi no clube do sur de Madrid onde debutou na ACB hai xa 10 anos. Logo de pasar por Xetafe, León, Sevilla e Melilla en diferentes cesións, despedíase do clube do sur de Madrid. Semella unha das pezas claves no esquema de Andreu Casadevall pola súa versatilidade. O ano pasado promediou 3,8 puntos e 2,6 rebotes para 3,3 de valoración. Na campaña actual, 7 puntos e 4,8 rebotes para unha valoración de 8,7 e cunhas porcentaxes superiores ao 40% en tiros de campo.

19 Roger Fornás: 33 anos. O xogador catalán é un referente importantísimo para os seus compañeiros. Trátase dun interior de brega, de moita loita e que nos últimos anos mellorou na faceta do tiro exterior. Logo de xogar as últimas tres campañas en Palencia, chega a Burgos para convertir esa experiencia forxada en Tarragona, Sabadell, Hospitalet, Breogán (onde gañou a xa famosa Copa Príncipe de Zaragoza, unha das últimas en formato cuadrangular), Valladolid ou Cáceres ademáis de Palencia. O ano pasado, no cadro palentino asinou unha tarxeta de 5,9 puntos, 4,7 rebotes e 5,7 de valoración, con boas porcentaxes. Esta tempada pola súa banda leva 7,5 puntos, 4,3 rebotes e 9 de valoración.

PÍVOTS

2 Matija Poscic: 29 anos. Xa leva gañado este ano un MVP na terceira xornada da presente campaña. Este xogador croata cumpre a súa primeira tempada en Burgos, e está completamente adaptado ao cadro castelán, ao que chegou logo da marcha de Alberto Moncasi por motivos persoais. Promediou o ano pasado na Primeira División húngara, no Sopron KC 10,9 puntos, 6,5 rebotes e 0,6 asistencias, destacando pola súa fiabilidade nos tiros de campo, onde chegou ao 68,4% Este ano promedia 5,5 puntos, 5,2 rebotes para 7,2 de valoración.

13 Filip Toncinic: 30 anos. Internacional coa selección de Croacia, xogou o ano pasado na A1 no Vros Darda. É un xogador de equipo, que vai traballar duro para os seus compañeiros, non destaca polas grandes cifras. Os seus 2,12 servenlle para intimidar e a sentirse cómodo e con bos movementos nos postes. O ano pasado promediaba uns interesantes 20,8 puntos, 8,8 rebotes e 1,7 asistencias, ademáis de 1 tapón por partido. No que levamos de tempada promedia 13,5 puntos, 5,7 rebotes, 0,7 asistencias e 1 tapón por partido no que supoñen 16,2 de valoración en apenas 20 minutos de xogo.

¿Como chegan?

Cecais Burgos chega nun mellor momento anímico ca Breogán, xa se sabe que o baloncesto é un estado de ánimo e agora mesmo, os burgaleses, sen ningún tipo de presión clasificatoria, están empatados no seu balance cos de Lisardo Gómez, con 4 victorias e 2 derrotas. Os burgaleses veñen de gañar fóra e os lucenses de perder na casa nun mal partido. Sen embargo a incorporación do internacional dominicano Gerardo Suero e a progresiva de Travis Nelson aos adestramentos logo de supera-lo neumotórax que lle fixo ser baixa nos dous últimos partidos, fai que os celestes vexan o compromiso no Plantío con máis optimismo. Os lucenses, que perderon o duelo con Coruña a domicilio e con Palma na casa, gañaron a Ourense e Palencia a domicilio e a Melilla e Lleida na casa, tiveron o handicap do mal inicio de calendario e as baixas, as moitas baixas que levan os lucenses con problemas físicos de índole diversa e aínda así están na terna de perseguidores de Palencia, a unha sola victoria dos casteláns, sendo o único equipo que os derrotou até o momento. Os lucenses medran na adversidade e este partido no Plantío, coa dúbida de Samb por unha escordadura de nocello pode supor un reto para os oito que levan pelexando desde que rematara a pretempada. Pola súa parte os casteláns, veñen de gañar a Coruña a domicilio, anteriormente a Melilla na casa, a Lleida e a Navarra a domicilio, caendo na primeira xornada na casa ante o filial do Barça e en Palencia. Son un equipo perigoso e gustan de dar sustos aos principais espadas da categoría entre os que se atopa o Breo, sobre todo no Plantío, onde vai ser moi difícil acadar unha vitoria sen sufrimento.

¿Quen é favorito?

Se nos fixamos no aspecto anímico, o Breo recibíu dúas boas novas desde a derrota do pasado sábado na casa ante Palma Air Europa. A chegada dun xogador internacional coa República Dominicana fai a moitos pensar no novo Feldeine, co que ten varias características en común. Os burgaleses chegan lanzados logo de dúas vitorias consecutivas, entre as que destacou a derrota infrinxida ao Melilla no Plantío. Se no anímico a cousa pinta local, o factor cancha sempre supón unha vantaxe, e neste caso os lucenses terán que enxugalo porque a marea celeste non parece que se vaia desprazar en masa coma noutras ocasións ao coincidir o encontro entre semana. En canto á calidade do plantel, semella igualar as cousas bastante máis, pero as baixas de Travis Nelson e Gerardo Suero, fan que os lucenses cheguen só con oito xogadores para o partido. Os celestes sempre se veñen arriba cando peor parece que o teñen. Así foi como gañaron en Palencia e así foi como conqueriron a vitoria nunha praza que emocionalmente parecía complicada coma Ourense. Respecto á historia, é a primeira vez que ámbolos dous clubes se atopan, pero non é a primeira vez que o Breogán visita Burgos. Na actual LEB, o balance de enfrontamentos entre Breogán e Burgos (calquera que sexa a súa denominación) non pode estar máis igualado, con 10 vitorias para os lucenses e 11 para os burgaleses nos 21 partidos disputados. A cousa complícase se nos referimos aos partidos disputados en Burgos, onde os burgaleses si levan unha vantaxe significativa, tendo vencido en 9 dos 11 encontros disputados. O Breogán venceu por última vez no Plantío hai case 3 anos, na tempada 12/13. O Breo leva toda a tempada medrando ante a dificultade, e semella que o rival e o escenario son propicios para dar outra desas badaladas, outra desas machadas ás que os de Lisardo nos teñen acostumados. Pero semella que os de Casadevall son un lobo con pel de año e haberá que ter coidado con eles… Calidade no seu plantel teñen de sobra, e Andreu é un técnico gañador e sabe que na casa deben escaparse os menos partidos posibles para acadar o obxectivo… Sexa este cal sexa. Así as cousas, a balanza semella lixeiramente inclinada cara o lado local, sen deixar de mirar cara á posibilidade de que os celestes poidan dar a sorpresa e impoñerse neste difícil encontro.  O máis positivo é que non hai demasiado tempo para pensar na derrota do pasado sábado, porque a competición non para, e dá aos de Lisardo a posibilidade de redimirse nunha cancha históricamente moi difícil para os lucenses. Seremos quen de facelo? Seguro que os xogadores deixarano todo no obxectivo! E nós con eles… FORZA BREO!!!

Advertisements

Posted on 11 Novembro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.