O Breo nunca camiñará solo

Levaba un tempo sen escribir, sendo o principal causante as obrigas laborais dun servidor, pero este é o momento indicado por varias razóns.

coruña

Esta semana foi unha semana na que o breoganista medio (termo que me gusta empregar en similitude ca referencia de David Simon ao consumidor medio de televisión) estivo furibundo despois do encontro ante Coruña. Ben, e o que non o é pode que tamén. Lóxico, todos queriamos gañar ese encontro e a saída foi moi mala.

Pero cando o teu plan de partido rompe no momento en que o base chamado a comerse unha minutada non se ergue da cama, é algo que nos podemos agardar… Independentemente das malas sensacións que nos quedaron. Claramente hai xogadores que están por debaixo do nivel agardado, e seguimos apuntando nas mesmas direccións. É perigoso sinalar a un xogador como no caso de Howard, pois publicamente está xa sentenciado. E a (oportuna?) lesión de hoxe pode que o condenase definitivamente, se non o estaba xa.

O outro sinalado, polo momento é Travis Nelson. Obxecto de filias e fobias. Persoalmente, coido que nos pode dar moito. O seu rendemento é claramente cuestionábel. Iso teno claro calquera. Agora… Por que sucede iso?  O xogador ten mala actitude? Non. Non se adapta? Non. Veu mal fisicamente? Non. É mal xogador? Se ante CSKA fixo un grande encontro, pode ante calquera desta liga.

Podemos elucubrar se a culpa estará no club e/ou no adestrador. No club por asinalo para o rol equivocado (por non ter a un base tipo Uriz)? e/ou no adestrador por non lle sacar partido? Ao mellor me equivoco e realmente non vale, pero estou convencido do contrario. Como tamén caeu lesionado –semella que para tempo-, non saberemos pronto se realmente era válido ou non.

O que me da medo, é que a grada do Pazo comece a queimar xogadores. Os dous vindeiros partidos e a chegada ou non de reforzos son a chave. Somos así para o bo e para o malo. O nivel de crítica disparouse nos últimos días,dun xeito bastante destructivo nalgúns casos. Evidentemente, o breoganista é libre de opinar o que lle pete, pero hai veces nas que deberiamos (o que escribe tamén) reflexionar antes de falar ou teclear.

E así, compañeiros, presentámonos en Ourense, ás 19:00, cun parte médico que é para botarse a chorar, con 5 xogadores sans, 2 recuperando, a incógnita de Dani e os dous americanos de baixa. Pero este Breo nunca camiñará solo, e unha vez máis a afección demostra que sempre estará aí nas malas.  Qué ledicia ser do un de vós. Mañá será un día grande de breoganismo, de comunión, de paixón, de sentimento celeste. Avatar2

Con estas verbas despídome de esta web que tanto me deu. Volto ao meu sitio, a grada, a ser un espectador medio. A animar coma sempre, e a seguir impulsando outros proxectos que agardo sexan importantes para o Breo. Publicarei nalgún outro lado as motivacións para este paso, pero teño unha ambición que é conseguir un Breogán mellor e máis forte, e se podo e mo permiten, traballarei para elo. Son moi teimudo, non o dubidedes.

Ademáis, deixovos en grandes mans, cos novos colaboradores, Rouquinho, Alberto, Dani e Álex. Non esquezades: destino, ACB.

O meu máis profundo agradecemento a todos os que me seguiron, me leron, me apoiaron nos momentos máis duros do club, e en definitiva sodes Breogán, sodes unha parte de Somos Breogán. Grazas a todos!

Fogar de Breogán, desperta do teu sono!!

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 31 Outubro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Isabel

    > El 31/10/2015, a las 10:20, Somos Breogán escribió: > > >

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.