O noso vindeiro rival: Leyma Básquet Coruña

341

VS

CB_Breogan

O líder invicto da competición visita Riazor ante un Basquet Coruña que non tivo o inicio de tempada que sen dúbida lle tivera gustado. Tres derrotas nas tres primeiras xornadas fan que nesta aínda cuarta xornada da competición, a urxencia para os coruñeses por obter a primeria victoria sexa importante. Os equipo laranxa ten coma obxectivo seguir medrando no seu rendemento, e esa zona de playoff onde o ano pasado non chegou, amósase coma un obxectivo realizable, na que será a súa cuarta campaña consecutiva na categoría e na que nunca baixou do 10º posto que foi precisamente o que ocupou o ano pasado, ficando a un só partido de disputar os playoffs do ascenso. Os de Tito Díaz, sen dúbida teñen un plantel novo e que tentará basear o seu baloncesto na defensa, coma ben personaliza o seu técnico, pero sen renunciar a facer un xogo máis alegre e tentar mellorar algunha das carencias que máis lle achacaban aos coruñeses na tempada pasada, tales coma a baixa anotación e a pobre porcentaxe en tiro exterior. Basquet Coruña necesita conseguir canto antes a primeira vitoria que lle dea tranquilidade se ben o calendario non beneficiou, nin moito menos aos coruñeses que se mediron nas tres primeiras xornadas a dous dos planteis máis completos da categoría coma Melilla e Palencia e no derbi en Ourense ante o COB. A baixa de Jesús Castro é moi importante e lastra moito aos coruñeses. Así as cousas, que mellor rival para conseguir esa primeira vitoria que o líder invicto da competición, nun derbi na casa ante o Breo. Por parte dos cafeteiros, seguir na nube na que están instalados, conseguindo que aporten cada vez máis xogadores mentres segue agardando pola recuperación de Osvaldas Matulionis.



¿Obxectivo?

Semella que mellorar a posición acadada na tempada pasada é un obxectivo alcanzable para o conxunto laranxa. Os coruñeses saben que o mellor xeito de achegar xente a Riazor é avanzar cada vez máis deportivamente, e para iso semella imprescindible xogar os playoffs. A calidade do seu plantel xunto coa veteranía do adestrador semella que poden facer ese obxectivo posible a pouco que se vaian dando os resultados de xeito favorable. Dificultar a tarea aos rivais no aspecto ofensivo “atascando” os ataques especialmente en Riazor, parece que pode ser o camiño para a consecución deste obxectivo.


PLANTEL

Seguen catro xogadores da campaña pasada, Larry Abia, Jesús Castro, Ángel Hernández e o que fora o máximo anotador dos coruñeses na pasada tempada, o xeorxiano Beka Burjanadze. Completan o plantel Ben Stelzer, Zach Monaghan, Joan Creus, Volodymyr Orlov, Gediminas Zyle e Sergio Olmos. Con contrato temporal pola lesión de Chus Castro está Sergio Vidal.

BASES

Zach Monaghan: Xogador versátil especialista en penetracións. Ten certa dificultade para anotar desde a longa distancia. Moi boa visión de xogo e capacidade de anotación en transición. Chega desde a NCAA (d-II) onde xogou nos Minnesota State Mavericks, onde foi un dos xogadores máis destacados non só no equipo senon tamén na liga. No seu College conseguíu conseguirse no segundo xogador con máis asistencias e máis roubos. A tempada pasada promediou 15,6 puntos e 8,1 asistencias por partido que lle levaron a ser o mellor asistente da competición. Nos tres partidos que levamos ata o de agora nesta campaña promedia uns para nada despreciables 12 puntos, 1,7 rebotes e 4,7 asistencias para 13,3 de valoración nos 25 minutos que leva xogado de media en cada partido.

Joan Creus: Trátase dun xogador disciplinado e táctico. Ten unha gran capacidade para 1×1 en carreira, con boa finalización en penetración, gran velocidade e defensa agresiva. Ten un tiro máis que aceptable. Canteirán do FC Barcelona Regal, o fillo do histórico Joan “Chichi” Creus, que mesmo chegara a gañar unha liga ACB co mítico TDK Manresa, ten coma obxectivo seguir medrando no seu básquet logo dun ano, o pasado que comezou xogando no Unión Financiera Oviedo da LEB Ouro e que fichou a metade da tempada polo Movistar Estudiantes onde chegou a debutar na Liga Endesa. O ano pasado no Oviedo promediou 4,3 puntos, 1,8 rebotes e 2,4 asistencias para 6,5 de valoración. Este ano leva uns números semellantes con 5,7 puntos, 2,3 rebotes e 2,3 asistencias para 6 de valoración.

ESCOLTAS

Ben Stelzer: Francotirador. É un xogador eminentemente anotador, con gran capacidade para anotar desde fóra da liña de triple. Ademais é quen de fabricar os seus propios tiros tralo bote, cambio de man ou dribbling, movéndose ben sen balón e con velocidade para arma-lo tiro. En defensa é activo e rápido de mans, polo que ten facilidade para roubar balóns. O ano pasado, na d-II da NCAA, no Michigan Tech promediou un 45,7% en triples anotando case 4 por partido, facendo 22,1 puntos, 3 rebotes 2,9 asistencias nos case 35 minutos que xogaba. Polo que respecta a este inicio da tempada 13,3 puntos, 1,7 rebotes e 1,7 asistencias para 11,3 de valoración, con máis dun 50% tanto en tiros de campo coma en tiros de 3.

Ángel Hernández: Cuarta tempada consecutiva no clube coruñés. Trátase dun escolta que tamén pode actuar de base. Moi atlético e en constante evolución, fai boas lecturas do xogo e ten nas penetracións a súa mellor arma, ben sexa finalizando ou cun tiro desde curta distancia. É un xogador novo (24 anos) que xa chegou a xogar na ACB en Granada, cidade na que se formou hai 5 tempadas, e que presenciou a transformación do basquet laranxa desde a súa presencia en EBA, até este terceiro ano consecutivo na LEB ouro. A campaña pasada, nos pouco máis de 23 minutos que xogou conseguíu 5,1 puntos, 3 rebotes e 2,2 asistencias para unha valoración de 4,8. Este ano pola súa banda, leva 2,3 puntos, 2,3 rebotes e 3,3 asistencias nos case 26 minutos que leva disputados cada partido para un total de 3,7 de valoración.

Jesús Castro: Un verdadeiro clásico das ligas FEB. O xogador basco de orixe ferrolana, cumpre a súa terceira campaña consecutiva cos coruñeses. É o capitán e o auténtico referente para os coruñeses, que, sen embargo será baixa en Lugo logo da lesión que se producíu no xeonllo a primeiros de mes e que lle obrigou a pasar polo quirófano. Estará un período de entre 4 e 5 semanas de baixa.

ALEIROS

Larry Abia: Gran físico que en ocasións supón espectacularidade nas súas accións. Moi boa capacidade defensiva e de xerar nos 1×1 en ataque. Trátase dun xogador de formación de só 21 anos de idade e que o ano pasado, malia ser unha das promesas do conxunto coruñés, non fixo unha boa tempada. Sen embargo esa capacidade atlética e a súa marxe de mellora, convertírono nunha das pezas importantes de cara a construír este Coruña 15-16. Cumpre pois, a súa segunda campaña en Coruña, onde chegou procedente do filial do Valencia Basquet, co que chegou a debutar na Eurocup e na Liga Endesa. O ano pasado promediou 2,8 puntos, 1,6 rebotes para 2,4 de valoración en 25 partidos nos que apenas disputou 13 minutos e medio. Este ano non puido xogar nas dúas primeiras xornadas por unha lesión, así que debutou na presente tempada no partido da semana pasada no Paco Paz onde sumou 1 punto, 4 rebotes e 4 de valoración nos 18 minutos disputados.

Sergio Vidal: Especialista no tiro exterior, chegou a ser máximo anotador do grupo B da EBA hai 3 tempadas. Leva dúas campañas en LEB prata, primeiro en CEBA Guadalaxara e a pasada tempada no Lucentum Alacante. Ten contrato temporal pola lesión de Chus Castro. É rápido e bo na definición, ten capacidade tamén para a velocidade nos contraataques. O ano pasado en LEB prata promediou 5,2 puntos, 1,8 rebotes e 3,4 de valoración. Aínda non debutou en liga co conxunto coruñés, agárdase que o faga ante o Breogán nesta xornada.

ALA-PÍVOT

Beka Burjanadze: Xogador que destaca pola súa versatilidade, o que lle leva a xogar tanto na posición de 4, coma de 3 alto, cos seus 2,03 cm. Ten unha grande fortaleza física e gran capacidade reboteadora e defensiva, destacando especialmente o seu acerto no tiro. É internacional absoluto coa selección xeorxiana, coa que disputou o pasado Eurobasket, iso si, sen demasiado protagonismo. É un xogador de formación, logo de pasar a súa etapa junior en Sevilla, nas categorías inferiores do entón chamado Cajasol, co que chegou a debutar na Liga Endesa. O ano pasado demostrou o que é quen de facer e promediou 12,7 puntos, 4,8 rebotes e 10,6 de valoración. Nesta campaña leva até o momento 14,3 puntos, 2,3 rebotes e 7 de valoración.

Gediminas Zyle: Trátase dun xogador áxil e rápido malia á súa envergadura. Pode rematar os contraataques polo carril central. Grazas á súa altura é tamén un gran intimidador na pintura, o que obriga aos seus rivais a rectifica-lo tiro. Non ten mal tiro de media e longa distancia. Ten experiencia na LEB prata, que disputou co Azpeitia Azkoitia hai dúas tempadas. O ano pasado disputou a máxima división do básquet romanés co Atlassib Sibiu onde promediou 5,1 puntos e 1,9 rebotes por partido.

PÍVOT

Sergio Olmos: Un dos grandes protagonistas dos tres “ascensos” consecutivos do Atapuerca/Tizona, trátase dun xogador que destaca pola súa altura e a súa envergadura, cos seus 2,13. Pivot habilidoso, cun gran rigor táctico e bo xogo de 1×1 tanto de costas coma cara ao aro, sonou este verán coma posible fichaxe do Breo, que rematou por desbotar a dirección deportiva. O ano pasado promediou 6,3 puntos, 4,2 rebotes para 8,9 de valoración, na presente campaña, o xogador alacantino promedia 14 puntos, 5,7 rebotes e 17,7 de valoración.

Volodymyr Orlov: Interior alto (2,08) capaz de anotar en transición. Gran reboteador e intimidador, ponllo difícil aos seus rivais grazas á súa capacidade para levar a cabo unha defensa agresiva tanto preto do aro coma nos bloqueos directos. Vén de xogar na EBA, no conxunto do Enrique Benítez. É internacional sub 18 e sub 20 con Ucraina, e ten a nacionalidade española. O ano pasado no Enrique Benítez promediou 13,4 puntos, 7,7 rebotes e 2,3 tapóns por partido para unha valoración de 18,6. Nos tres partidos disputados na presente campaña leva acumulados 2,7 puntos e menos dun rebote nos pouco máis de 12 minutos que leva disputados por encontro, para unha valoración negativa de 2,7.


¿Como chegan?

Rachas contrapostas para os dous equipos. Mentres os celestes amosan un gran momento de forma, polo menos no que atinxe á moral do equipo e sobre todo, os resultados, amosan ademais estar en crecemento no que refire ao seu xogo. Veñen de disputar dous partidos difíciles fronte a dúas das escuadras chamadas a estar moi arriba na táboa, gañando os dous e encaramándose ao máis alto da táboa clasificatoria en solitario, sendo o único equipo da liga que até o de agora non coñece a derrota. Van recuperando xogadores tanto os que veñen de lesión (Matulionis non chegará ao partido de Riazor) coma os que anímicamente non estaban tan metidos no equipo. No polo oposto chega basquet Coruña, que aínda non coñece a vitoria e que tamén conta con lesionados importantes. O xogador máis salientable, o capitán e o chamado a ser a peza máis importante deste equipo, Jesús Castro está de baixa e aínda lle quedarán dúas semanas para comezar a adestrar co equipo. Coruña vén de sumar tres derrotas noutros tantos partidos, tendo xogado iso si, ante rivais de entidade coma Melilla, Palencia ou o propio COB e agora chega coa presión de gañar a Breogán senon queren verse nunha cuarta derrota consecutiva. Na pretempada, os coruñeses disputaron 8 encontros, gañando en 4 deles (a COB en dúas ocasións, a Xuven Cambados e a Oviedo) e caendo noutros 4 (contra o propio Breo en dúas ocasións, Palencia e CB Monbus). Destacable é que na pretempada Breogán e Coruña se mediron en dúas ocasións, sendo os lucenses os que gañaron os dous encontros.

¿Quen é favorito?

En principio Cafés Candelas Breogán debera de ser favorito pola calidade do seu plantel, home por home e colectivamente. Ademais, o Breo chega nun mellor estado de forma e moral ante un conxunto coruñés que non coñece a vitoria no que levamos de tempada. A boa presencia de afeccionados desprazados desde Lugo, deixará con menor efecto o factor cancha, que ficará igualado como pasa cada vez que Breogán visita Riazor. O Breo volveuse dar un baño de masas coa visita a colexios da capital das murallas esta semana, que xunto coa boa entrada no partido ante Melilla e os bos datos de abonados que saíron esta semana do clube, mostran que o breoganismo anda máis vivo ca nunca. Unha das claves do partido pode estar na teórica superioridade do xogo interior dos lucenses e na capacidade para defender o lanzamento exterior dos francotiradores coruñeses. Tito Díaz soe complicar moito tácticamente aos de Lisardo, polo que o prognóstico tende a ser incerto aínda que con certa cor celeste. Os precedentes en liga sinalan igualdade absoluta, con 3 vitorias para cada quen. En Coruña, o Breo gañou dúas veces (a tempada 14/15 e mais a 12/13) e perdeu unha. Todos eles son partidos igualados que soen decidirse ao final co que menos erros cometa. Semella que a baixa de Jesús Castro pode pesarlle máis a Coruña cá de Matulionis ao Breo, polos recursos duns e outros, o que parece tinguir de celeste o derbi. O partido disputarase en Riazor o domingo ás 12:30. Alí estaremos todos. Ougallá o prognóstico se cumpra e os celestes se leven o derbi para a cidade das murallas. Que mellor plan para un domingo a mediodía? Ben sexa en Riazor os que se poidan desplazar ou detrás da pantalla (coas cámaras da TVG2 coma testemuñas) Non volo perdades! FORZA BREO!!!

Advertisements

Posted on 23 Outubro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.