Quesos Cerrato Palencia – Cafés Candelas Breogán / 9 outubro 21:00 horas

Faymasa_Palencia

VS.

CB_Breogan

O NOSO VINDEIRO RIVAL:

QUESOS CERRATO PALENCIA

Tócanos visitar unha das canchas a priori máis difíciles da categoría. Logo dunha tempada pasada na que os casteláns tiveron moitos problemas de lesións na última parte da fase regular e que o deixou sen opción algunha de pelexar o ascenso directo, medíuse nun inesquecible playoff co Breo, que o eliminou facendo boa a vantaxe de campo. Palencia conseguíu gañar a última Copa Príncipe, tamén co Breo coma rival. O proxecto deste ano volve poñer ao clube marista coma un dos máximos favoritos da categoría. Para isto contará cun auténtico clásico no banco coma Porfirio Fiscac. Logo de 8 tempadas nas que Natxo Lezkano foi o inquilino do banco morado, o adestrador basco decidíu non continuar poñendo así fin ao ciclo no conxunto castelán. Os equipos de Fisac soen ser competitivos e moi duros a nivel defensivo, polo que correr será sen dúbida unha das primeiras opcións dos palentinos. E a fortaleza na súa cancha coma principio irrenunciable. Así pois, a priori semella que o Marta Domínguez vai ser unha das canchas máis difíciles da liga.

¿Obxectivo?

Nun principio parte por ser un dos máximos favoritos da categoría. Algo no que coinciden unánimemente os afeccionados e adestradores LEB. Haberá que ver como se van acoplando as novas pezas co novo adestrador e as baixas importantes que este ano tivo Palencia que fan un pouco incógnita saber cal vai ser o seu percorrido. De entrada semella un equipo construído ao gusto do seu adestrador, polo que a intensidade, a forza do colectivo e o contraataque con canastas fáciles sempre que sexa posible facendo do Marta Domínguez un auténtico fortín. Palencia debería estar arriba durante todo o ano, xunto con Melilla, Palma ou o propio Breo.


PLANTEL

Só continúan tres xogadores da pasada campaña. Urko Otegui, Dani Rodríguez e Romà Bas. Destacable a presencia de xogadores con pasado en grandes ligas tales coma Lamont Barnes, Dani Pérez e Marc Blanch ou con experiencia LEB coma Toni Vicens, Joan Tomás ou Michael Fakuade. De Australia chega Mitch McCarron

BASES

Dani Rodríguez: Trátase dun dos mellores bases da categoría. Bo na dirección e líder anotador, baixa ás veces a súa aportación defensivamente. O ex breoganista vén de facer a pasada tempada 10,3 puntos por partido e 1,42 rebotes con 2,45 asistencias. No pasado partido ante Coruña fixo 12 puntos, 2 rebotes e 3 asistencias para 12 de valoración.

Dani Pérez: Logo dunha tempada na que prácticamente estivo inédito logo da lesión sufrida en novembro, o xogador catalán volta á LEB logo de dúas tempadas no Fuenlabrada na ACB. O internacional coas categorías inferiores de España, tivo diversos problemas no seu pé esquerdo. A tempada pasada, nos 17 partidos que disputou promediou 2 puntos e 2 rebotes. A semana pasada en Riazor fixo 4 puntos e 3 asistencias en 16 minutos.

ESCOLTAS

Romà Bas: Un dos que continúa este ano no equipo, o escolta catalán sempre se moveu por equipos da parte alta da táboa na categoría, tales coma o propio Palencia, Burgos, Menorca ou Lucentum. Trátase dunha importante amenaza desde o perímetro e moi sólido en defensa. A tempada pasada estivo inédito logo de se lesionar do cruzado antes de comezar. Volveu á competición a semana pasada en Coruña con 6 minutos nos que non anotou, colleu un rebote e perdeu 2 balóns.

Mitch McCarron: Chega o australiano da universidade de Metro State sendo unha das fichaxes máis destacables do conxunto colexial. Trátase dun excelente tirador, atlético e coa capacidade de finalizar con ámbalas dúas mans. É explosivo e rápido o que o fai un moi bo defensor. Falta saber como se vai adaptar a unha esixente categoría coma a LEB ouro. O ano pasado promediou 20,2 puntos, 6 rebotes cunhas porcentaxes que chegaban até o 49% en tiros de campo. En Riazor na pasada xornada fixo 13 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias para 13 de valoración.

ALEIROS

Joan Tomás: Unha das apostas de futuro de Palencia, suma a súa terceira campaña na categoría, logo de que o canteirán da Penya estivera dous anos en Logroño e outro máis (o pasado) en Melilla. Foi no conxunto norteafricano onde xogou 23 minutos por partido, chegando a anotar 5 puntos e 4,21 rebotes por partido. No pasado partido en Coruña fixo 12 puntos, 4 rebotes e 10 de valoración total.

Marc Blanch: Trátase dun dos exteriores máis contrastados da categoría. Volve á LEB logo dun ano no que disputou a Liga Endesa co conxunto co que conseguira o ascenso co Morabanc Andorra na campaña 2013/14 na que foi protagonista. A campaña pasada, xa en ACB o seu protagonismo co equipo de Peñarroya víuse reducido e aportou 4,1 puntos e 1,4 rebotes nos pouco máis de 11 minutos que estivo en pista. A xornada pasada sumou 22 puntos, 3 rebotes e 5 asistencias para 26 de valoración nos case 29 minutos que disputou sumando 4/6 en triples e un 53,8% en tiros de campo.

ALA-PÍVOT

Michael Fakuade: Pasaporte cotonou para este ala-pivot que a pasada campaña debutou na categoría da man do Força Lleida. Xogador moi intenso e con gran capacidade para defender e intimidar. Destaca pola súa explosividade e as súas decentes porcentaxes de tiro desde media distancia. O pasada campaña sumou 7,2 puntos e 5,2 rebotes co conxunto da Terra Ferma. A xornada pasada contra Coruña sumou 10 puntos e 3 rebotes para 11 de valoración.

Urko Otegui: O xogador donostiarra suma a súa cuarta campaña consecutiva capitaneando a nave castelá. Trátase dun dos clásicos da categoría con pasado en clubes coma Baloncesto León, Cantabria ou Menorca. Destaca pola súa intensidade no xogo, a súa defensa e o seu lanzamento da curta-media distancia. É un dos xogadores máis respetados polos árbitros LEB. O ano pasado promediou 11,2 puntos, 7,3 rebotes e 15 de valoración. A semana pasada en Riazor fixo 2 puntos, 9 rebotes e 2 asistencias para 3 de valoración.

PÍVOT

Lamont Barnes: Chamado a ser a estrela dun plantel con tanta calidade coma o de Palencia, o xogador con pasaporte español xa estivo ás ordes de Porfirio Fisac no Blancos de Rueda Valladolid en ACB, categoría que tamén disputou con Fuenlabrada, León, Murcia, Lucentum e Estudiantes. Se o físico o respecta, debe de ser un dos interiores que marquen as diferencias na categoría de prata do basquet español. Vén de pasar distintas tempadas en equipos sudamericanos, a última xogou no CA Goes uruguaio, onde promediou 12,5 puntos e 7,4 rebotes. A xornada pasada contra Coruña 12 puntos, 6 rebotes e 16 de valoración.

Toni Vicens: O interior balear, que pode xogar aberto ten boa capacidade ofensiva cun bo tiro de media e longa distancia. É quen de xogar o 1×1 con facilidade con bos fundamentos, pero pode mellorar defensivamente. O ano pasado promediou 8,4 puntos e 4,1 rebotes co clube da súa cidade natal, o Mallorca Basket. A xornada pasada en Riazor xogou 12 minutos nos que anotou 2 puntos e capturou 3 rebotes.


¿Como chegan?

Tanto Café Candelas Breogán coma Quesos Cerrato Palencia chegan logo de conquerir senllas vitorias no seus dous respectivos compromisos. Se ben os lucenses sufriron e moito para impoñerse ao Lleida no Pazo logo dunha prórroga e con lesións de xogadores claves, os casteláns amosaron unha boa versión para gañar ao Coruña Basquet a domicilio. Na recén rematada pre-tempada, os casteláns amosaron unha moi boa versión tendo no pívot Lamont Barnes o seu mellor home. Nos 6 partidos que disputaron gañaron 5 e perderon 1, co Cáceres. Aos lucenses foilles bastante peor, disputando 5 partidos, dos que gañaron 2 (a Coruña nas dúas ocasións) e perderon contra o propio Quesos Cerrato Palencia, Marín Peixe Galego (LEB prata) e Unión Financiera Oviedo. Cómpre pois salientar ese enfrontamento en pre-tempada no torneo Lugo é Basket no Pazo na que os palentinos conseguiron gañar aos de Lisardo nun bo partido entre ámbolos dous conxuntos e no que os casteláns se levaron o torneo. Os de Lisardo chegan con moitas dúbidas logo dunha pre-tempada que non foi precisamente positiva na que mesmo quedaron fóra da fase final da Copa Galicia. Ademais da rumoroloxía sobre posibles trocos no plantel de xogadores polo baixo rendemento dalgunha das fichaxes. En dinámica prácticamente oposta chegan os morados, coa confianza polas nubes despois de facer unha boa pre-tempada e con moi boas sensacións.

¿Quen é favorito?

Estamos, sen dúbida ante un dos mellores planteis da categoría, cun adestrador con ampla experiencia en ligas FEB e que ademais especialízase en complicar a laboura táctica aos de Lisardo. Ademais, unha das premisas fundamentais para Fisac é deixar escapar o mínimo número de partidos coma local no Marta Domínguez. Se a isto unimos as dúbidas das que falabamos nos de Lisardo e mais o estado físico dos tres tocados que teñen os celestes. Matulionis (lesionado no primeiro cuarto contra Lleida) semella que non xogará, Travis Nelson é dúbida até última hora e Rakocevic, que si xogará, tampouco tivo unha semana de adestramentos axeitados semella que o favoritismo é claro nesta ocasión para os casteláns. Coma noutras ocasións, os lucenses pelexarán contra a adversidade, tentando medrar en situacións difíciles. Ademais, o equipo de Lisardo soe ir a máis conforme pasan as xornadas, e como dixo o propio adestrador lucense, pode que non sexa o mellor momento pola  mala semana de adestramentos en función da falla de efectivos, pero ás veces estas sorpresas que o baloncesto soe dar, e a segura pelexa dos breoganistas, poden darlle a oportunidade aos celestes. Prognóstico palentino pero con reservas. Saberémolo o venres a partires das 21.00.

Advertisements

Posted on 8 Outubro 2015, in Encontros, Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.