A contrarreloxo

Na sede do C.B. Breogán traballase a contrarreloxo para pechar ao xogador que falta e así dedicarse exclusivamente ao traballo na pista. Neste momento contamos con nove dos dez xogadores agardados, sen descartar a chegada dun undécimo se as circunstancias fosen propicias.

Neste senso o Breogán presenta unha boa situación cunha cantidade de diñeiro importante, pero insuficiente para os primeiros espadas como puidera ser McGhee ou o retirado Coppenrath. Ademais non temos restricións en canto ás prazas, pois neste momento contamos con nada menos que 8 xogadores de formación (Dani, Llorente, os Álex, Rako, Samb, Uclés e Devin) e o único comunitario é Matulionis.

As opcións que hai enriba da mesa son xogadores estranxeiros (co custo engadido de 3000€ de tramitación da ficha, algo que como ben fixo notar o axente Fabio Spinella habería que revisar).

Na tarde de onte había posibilidades de que se pechase un acordo cun deles, pero semella que finalmente a negociación vai a dilatarse un pouco no tempo e é posible que ata comezos/mediados da vindeira semana non haxa novas. Estas opcións son xogadores con experiencia en Europa, e a tenor das verbas de Lisardo o novo xogador terá un perfil defensivo e reboteador.

Por outra banda, a incorporación da Feb do novo equipo burgalés (C.B. Miraflores) e o Barcelona B fará que este luns se sortee un novo calendario, circunstancia esta que levantou un bo regueiro de críticas por todos os atrancos que supón aos equipos que están inmersos xa na pretempada. E por riba, falta saber se xogará Fuenlabrada ou Ourense en Leb, e en que condicións sairían. Imaxinades que nós non presentásemos a documentación a tempo? A bo seguro que nos meterían nun apuro. Certamente esta liga cada día perde un pouco máis de prestixio con estas cousas.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 29 Agosto 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.