Presupostos Fantasmas – A realidade das SAD e Clubs Deportivos

O inicio desta tempada, a do 50 aniversario, e a 10 consecutiva en Ouro, está próxima, e o Breo aínda non completou o seu plantel. Neste senso destacan equipos coma o C. Melilla B., o Palma Air ou o Amics de Castellón, este recén ascendido, que teñen xa completo o seu roster, incluso con figuras LEB OURO. Hoxe en Somos Breogán, faremos unha viaxe tras as SAD e os clubs deportivos. ¿Apúntaste?

presupuesto

Un pouco de historia…

A orixe dun Club Deportivo remóntase a época Isabelina, ao redor do 1600, en Inglaterra. Xa por aquela época, o fin último destes Clubs era o mesmo que hoxe en día, aínda que se sospeita que os gregos e os romanos poderían ter es tipo de organizacións na súa estructura.

A orixe das SAD remóntanse a, incluso, antes do ano 1936, pero non foi, e tras o fracaso de outras leis que pretendía limitar a deuda xerada nos clubs, ata 1990 cando defintivamente se aproban as modificación que aínda hoxe estén en vigor. Esta lei publicouse tras un tempo de estudio entre diversos organismos federativos varios e o estado, e foi aprobado nas Cortes Xerais o 27 de septiembre, entrando en vigor co título de Ley 10/1990 de 15 de octubre, máis coñecida como lei do deporte.

Vaimos por partes, ¿Que é unha SAD e que é un Club Deportivo?

  • Unha SAD é unha variante de unha SA – sí, a que todos temos na mente –  que comparte a maioría das súas características, é dicir, é unha sociedad de responsabilidad limitada, de carácter mercantil, e os titulares o son en virtude dunha participación no capital social a través de títulos ou accións e non responden co seu patrimonio persoal, senón únicamente co capital aportado.
  • Un club deportivo é un conxunto de persoas que se asocia de forma voluntaria con uns fins comúns, é dicir, os membros están organizados en torno a certos obxetivos comúns e específicos de calquera tipo, neste caso deportivos.

Na súa definición xa se pode observar que existe unha diferencia sustancial, namentres nas SAD o mando levao a cabo unha sociedade, un club deportivo manexao un grupo de asociados, aínda que nos dous pode haber ánimo de lucro. Dende a aprobación da lei do deporte en 1990, estos cambios foron evidentes e a figura consagrada do socio desaparece, tendo este a oportunidad de transformarse en accionista ou no seu defecto en abonado, un escalafón notablemente inferior.

¿Qué equipos son SAD na LEB 14/15?

Na pasada liga LEB 2014/2015Breogán, Ourense, Valladolid e Tizona (Burgos) cumplían este requisito, xa que, ou ben estiveron xa na ACB, ou ben aspiraban a elo, caso destes últimos (proceso moi controvertido ao comprar a praza do extinto Baloncesto León e que a ACB criticou duramente).

Entón, ¿En que inflúe que estos equipos sexan SAD? ¿Competían en inferioridade de condicións?

A priori todos deberían cumprir, tanto os Clubs como as SADs, todos sin excepción, coas mesmas obrigas tributarias, a saber:

Entón, a priori, todos os equipos de LEB OURO competirían nas mesmas condición e non debería influir máis que na propiedade do equipo o ser ou non unha SAD.

Se é tan sinxelo, ¿Porque existen dudas nos presupostos dos equipos LEB?

Os presupostos en LEB Ouro son presupostos fantamas. Naide o sabe, ou casi naide. A Federación Española de Baloncesto (FEB) é o único que ten no seu poder os presupostos de todos os clubes, que ao fin e ao cabo non deixan de ser previsión de ingresos e gastos, que na maioría de casos quedan desfasados a mitade de campaña.

E nesta circunsatancia inflúe que algúns equipos paguen aos xogadores e adestrador por horas, adestradores que teñen outro posto dentro da esempregados con múltiples funcións, por obra e servicio, contrato mercantil, donde so cobran por horas entrenadas ou xogadas, etc. Un fiasco que non para.

Ante todo este despropósito, cando menos, as SAD deben presentar a súas contas no rexistro mercantil. Calquera dos seus accionistas pode solicitalas, polo que se non se presentan, a sospeita é máxima. Este requisito convértese en imprescindible cando, por exemplo, esta sociedade quere acollerse a un concurso de acreedores.

Entón, ¿Porque non se regula?

Esta regulación debería vir liderada desde o CSD e Federacións, cun traballo e estudio previo das necesidades dos distintos clubs e SADs. Os intereses xa están marcados, polo que este estudio e futura reconversión, parece moi lonxana. Ademáis a conversión dos clubes en SAD, ao amparo da lei do deporte, cando tanto se esperaba ao respecto, foi un rotundo e absoluto fracaso que non só non mellorou, senón que empeorou a débeda das SAD ata consecuencias insospeitas (véxase débeda coa Seguridade Social).

Polo tanto, e baixo o meu punto de vista, se estamos diante dunha actividade económica dentro da LEB OURO, parece lóxico que os que interveñen na mesma xoguen con reglas idénticas ou cando menos similares… pero se o motivo é sinxelamente fiscal (ou de impostos), o primeiro que hai que facer é unificar as lexislacións fiscales de comunidades, clubs, SAD… E despois actuar sobre quen incumpla.

Se esto no é así, parécme ridículo a farsa dos presupostos fantasma de LEB OURO.

DISCLAIMER:

  • Todas as opinións aquí vertidas son responsabilidade do autor (o que suscribe).
  • Somobreogán.org pode ou non concordar con partes ou a totalidade do exposto.
  • Intenei aportar o máximo de fontes posibles que cría de interese.
  • Algúns puntos poderíanse detallar e matizar, pero pretendo que o artigo sexa lexible.
  • Estarei encantado de debatir calquera dos puntos, sempre dende o máis absoluto respeto e tolerancia as opinión vertidas, sexan ou non acertadas.
Advertisements

About Tacho

Informático por casualidade, emprendedor por iniciativa. Cofundador de Cafe Dixital (cafedixital.com). Gústame o deporte e a natureza. Escribo por paixón en somosbreogan.org, bloginterference.com, sdcastroverde.com, taller.masoucos.org, cafedixital.com e outros

Posted on 28 Agosto 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.