Lisardo analiza o que nos ven

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

A piques de comezar a pretempada, queda aínda traballo por diante, pero queremos saber como foi a volta para o míster. Como chega Lisardo?

De entrada con moita ilusión, un ano máis, primeiro cos pes no chan porque non sabemos canto imos ser na liga, hai plantillas sen pechar (entre elas a nosa, a día de hoxe temos 9 xogadores). Iso si, imos ter unha plantilla ilusionante, non sei se seremos os mellores pero si uns dos punteiros. Evidentemente haberá a quen non lle guste, e incluso quen diga interesadamente que imos estar moi por riba dos demais. Pero o que queremos e chegar ao do ano pasado, ver o pavillón cheo. Estamos moi ilusionados e responsabilizados.

Vistas as novidades respecto a novos equipos, non sei se nos podes valorar algo o calendario que nos tocou.

En principio é un sorteo condicionado onde tentamos coller o que máis nos interesaba, pero ca entrada de máis equipos hai que ser precavidos. Faremos a pretempada prevendo variacións na mesma en función do que ocorra finalmente.

Confirmouse o torneo de pretempada do Sagrado Corazón xa, hai máis encontros programados? Cantos queres disputar?

A idea é facer 6 mínimo e máximo 8 encontros. O ideal serían neste momento 7, pero non sabemos nada de datas por tanto non che poido dicir moito. Haberá un amigábel a segunda semana, outro a segunda, máis o torneo do Sagrado Corazón e a Copa Galicia. Veremos se metemos algún máis e tamén queda a expensas do que ocorra ca fase previa da Copa Galicia.

Falando xa do equipo, poderías facernos unha pequena valoración de cada unha das incorporacións?

Sergio Llorente

É un xogador con experiencia na liga, con recorrido en ouro, volveu a prata para dar un paso atrás e varios adiante. Calidade indudablemente ten, pódenos dar moita consistencia no base xunto a Dani, pero hai que esixirlle máis. A nivel ofensivo sobre todo ten moito talento.

E a nivel defensivo consideras que pode ter problemas?

Destaca claramente polo ofensivo pero ten moito físico e ten condicións para defender. Moito disto é querer e o ano pasado apertando liñas de pase e enriba do balón fixo un bo traballo. Aquí imos esixirlle e vai estar seguro a un gran nivel.

Niko Rakocevic

Outro que tamén deu pasos atrás e demostrou ser de calidade e nivel Leb Ouro, coñece tamén a liga, ten moito futuro e non debemos pensar so nel como un tirador. Pode baixar o balón ao chan, xogar ao pick&roll, e ata pode xogar de base se tivesemos problemas de lesións (que agardemos que non).

Fede Uclés

Tamén moita proxección, é moi novo e recén aterrado na Ouro, tratase dun gran xogador de equipo, grandísimo reboteador tanto en ataque como en defensa, é moi físico e pode defender a catros e cincos. Tamén pode anotar e tirar, ten traballo por diante e vai ter que coller confianza, pero vai medrar moito no baloncesto español. Penso que no futuro dará que falar.

Devin Wright

Pouco que dicir, moita experiencia na liga, chega na idade perfecta, medrando cada ano, en rebote e defensa e demostrou poder ser moi importante ofensivamente cara ao aro será un puntal. E se por riba lle engades o compoñente de ser de Lugo, máis importante todavía. Este xa é unha realidade, unha das referencias da competición.

Hoxe chegou Samb, co cal mantemos unha parte importante do bloque, pese a ter que agardar ata o final

Importantísimo. Estes últimos anos tiñamos bloques sólidos pero que precisaron tempo. O feito de repetir 5 é moito traballo adiantado e vai axudar máis aos novos a sentirse involucrados. Todo será máis fácil, de entrada é un factor moi importante. Estamos satisfeitos pese a ter que agardar ata case ao final.

Pois quédanos un posto por cubrir, cando haberá novas?

Intentaremos que canto antes, porque xa comezamos a pretempada. Traballamos sobre varios perfís co presuposto que temos, que é un hándicap claro xunto ao non ser primeira división europea (hai xogadores que se van a Alemañan, Turquía, etc) . Enriba da mesa houbo moitos  xogadores e moverémonos cos que temos agora mesmo. En breve, canto antes poidamos, terémolo.

Hai data límite?

Non, pero non queremos agardar moito máis. A espera xa non nos vai garantir nada.

McGhee sigue nos posibles?

Tentámolo por ser a nosa obriga, pero soubemos dende o principio que sería moi complicado. Se o ano pasado estivese dende o principio sería o dominador claro da liga. Pero é moi difícil para nós. Seguimos traballando noutras opcións

Contaremos con plantilla de dez ou en porincipio descartado?

De entrada si, pero igual máis tarde se queda algún xogador descolgado e podemos incorporalo, sobre todo para estar cubertos se hai lesións, que o ano pasado nos causaron bastantes problemas. Non se descarta nada pero de entrada seremos 10.

E sobre a configuración dos aleiros, como ves o de ter tres xogadores baixos e un alto?

O ano pasado foi a idea e precipitámonos nalgunhas decisión por as lesións. Ter cinco interiores fixo dirixir a Brandon ao 3 e non nos saíu ben, vai ter que desenvolver a súa carreira ao 4. Pero xogamos todo o ano con baixiños e non nos foi mal de todo. Nesta competición non abundan os 3 altos. Nese aspecto solo está moi por encima Melilla. Álex Llorca e Alex López son dos xogadores máis físicos da competición e poden defender a treses grandes como xa demostraron. Non nos vai prexudicar. Todas estas situacións de ter máis pequenos hai que velas como o vaso medio cheo: imos ser máis perigosos, seremos máis rápidos e atacaremos mellor no 1×1. Ademais contamos dentro con Mamadou  que é un home grande e reboterará, Wright e Ucles son grandes reboteadores e o home que veña tamén o será, así que os problemas que poidan xurdir van ser solucionables.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 26 Agosto 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.