A piques de comezar (enquisa incluída)

Anunciabamos que nestas últimas 48 horas se podía pechar o equipo, pero non vai a poder ser. Namentres o asunto de Samb parece que finalmente tivo final feliz unha vez Valencia Basket o descartou, toca agardar a confirmación oficial antes de poder celebralo. Se ben todo apunta a que haberá sorte neste caso.

Máis compricado é o tema do 5. Hai un par de días tiñamos un xogador case pechado, faltaba nada. Finalmente veuse abaixo a operación, neste caso parece que por iniciativa breoganista máis que do propio xogador, aínda que non está para nada descartado. Dito xogador, de gran talla pero recursos limitados é bo coñecedor desta liga. Cal será o seguinte movemento? Ti por qué tipo de xogador te decantarías?

Haberá resolución en breve para ambos postos? Non o sabemos, pero no caso do 5 non ten pinta de resolverse axiña. Oxalá nos dean unha sorpresa (positiva!).

Pero o máis importante, mañá comezan os adestramentos e xa temos imaxes dos primeiros en chegar a Lugo:

Señores e señoras, isto comeza e ten moi boa pinta! Contamos con todos vós para o #50aniversario

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 25 Agosto 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Ese jugador conocedor de la liga, gran envergadura y de recursos limitados me huele a …. BUSMA??

    Buen artículo! Forza Breo! Un saludo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.