Seguimos co noso particular #FagamosEquipo

BREO2015

Seguimos para bingo e nestes últimos días houbo un movemento intenso no mercado. O Breogán ofrece as súas últimas prazas e tamén das últimas da Leb, o cal puido ter precipitado os acontecementos, amén do inminente comezo da pretempada.

Comezou a fin de semana ca renovación do buque insignia do club o pasado curso, MVP e referencia da afección, Álex Llorca. O xogador catalán pode estar baixo unha cláusula de saída cara a ACB (cunha compensación económica para Breogán) que expiraría o 15 de setembro, se ben non puidemos confirmar este punto. Se queda un luxo para o Breogán e para a competición, se marcha cara a ACB dende logo que ninguén pode dicir que non sexa merecido. Agardemos poder seguir lendo a columna do 8 do pazo, desfrutar os seus selfies e ir á ACB da man.

Para seguir, a máis que rumoreada chegada de Ucles. O xogador andaluz ven nunha clara progresión ascendente e está chamado a dar minutos de intensidade, aportar dureza defensiva, rebote e traballo. E isto sona a conexión ca grada. Agardemos que siga medrando baixo a mirada dos técnicos breoganistas.

Finalmente a saída de Chapela, algo agridoce. A todos nos gustaría que un xogador de Lugo acade éxitos no seu equipo, pero o risco de pasar outro ano con poucos minutos medrou este ano e é algo que non se pode permitir. Seguiremos con especial atención o seu traballo en Cambados xunto ao de Erik e Sergi Quintela, outros dous lucenses que o acompañan. Oxalá alí teña moitos minutos e confianza para medrar. Un pequeno paso atrás para dar dous cara adiante, de seguro.

Feito isto, faltan, en principio, dúas pezas para pechar o equipo. Dous interiores de primeiro nivel que marcarán as aspiracións do Breogán. No 4 parece clara a aposta por Samb. O xogador hispanosenegalés segue sen confirmarse, e tras varias idas e voltas pode que estar de novo a tiro, unha vez que semella foi descartado por Valencia Básket para ocupar unha praza de xogador formación. Sen dúbida sería un novo paso atrás na súa carreira deportiva (case definitivo) pasar outro ano sen xogar. Por fortuna parece que non ocorrerá.

E a gran incógnita segue sendo o 5. Permitirá a saída de Chapela (que libera parte do presuposto para fichas) convencer, xunto á necesidade de atopar acougo en breve, chegar aos desexados Coppenrath ou McGhee? A resolución nun prazo moi breve, pode incluso que nas vindeiras 48 horas.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 23 Agosto 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.