A confección do equipo do 50 aniversario

BREO2015

A bo seguro nas vindeiras horas teremos novas acerca do equipo, xa que restan 5 días para que o balón comece a botar nas mans dos breoganistas.

Polo de agora, o Breo do 50 aniversario conta con 7 pezas e restan 4 incorporacións como mínimo.

O posto de base está neste momento cuberto co capitán Dani López e Sergio Llorente que ven a aportar intensidade, físico e tiro exterior. O obxectivo é que mellore a selección de tiro e minimice as perdas para ser un base que marque o contrapunto a Dani. Queda a dúbida de qué pasará con Chapela, que podería saír de Galicia na busca de minutos en prata.

Na liña exterior temos xa tres pezas importantes. Un ascendente Álex López que no final da pasada tempada reivindicouse como xogador importantísimo da categoría, Niko Rakocevic que ven a aportar a ameaza exterior da que careciamos e Osvaldas Matulionis, o definido por moitos como mellor 3 da categoría (incluso polo seu grande competidor Feliú). A grande incógnita está en como se pechará esta parcela. Polo momento todo fai indicar que se agardará por Llorca, que cada vez ten menos opcións ACB, pero que as ten. En caso de non seguir, a aposta podería ser o escolta Spencer Butterfield, excelso tirador e que pese a súa estatura (1,91), ten un gran físico e que incluso se deixou querer en público:

 

A maiores, especulase ca posibilidade de incorporar un 3/4 no caso de saír Chapela. Sería un xogador de rotación. Un xogador que encaixa e que interesou no seu momento foi Sebastian Koch, quen rematara en Huesca. Por suposto, damos este nome como os demais sen moito fundamento.

E finalmente o xogo interior. Neste momento tan so o lucense Devin Wright en nómina, xogador moi querido en Lugo e que merecía esta oportunidade. Sen dúbida non decepcionará, xa que traballo e entrega vainos dar, e o afeccionado breoganista esixe ese mínimo.

Parece segura a renovación de Samb unha vez que regrese a España, feito que pode que incluso estea sucedendo nestes intres (non temos constancia agora mesmo). E para o último home interior o prometedor Fede Ucles, xogador moi novo e cunha traxectoria crecente, cuxos playoffs mancharon o que estaba sendo unha gran liga regular.

Pechará o equipo o 5 referencia. Os múltiples intentos por Coppenrath e McGhee non deron froitos, se ben cada vez quedan menos equipos e algún dos dous podería vir. Pero no Breogán non se deixou de traballar e hai moitos xogadores americanos en nómina. O anunciado Stainbrook en la Voz ( http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/08/19/breogan-interesado-pivot-matt-stainbrook/0003_201508L19C11991.htm )pinta a estrela da liga, pero semella complicado. Outros xogadores que están no punto de mira son dous “sete pes”, ambos procedentes da D-League (se ben un deles parece próximo a quedar na mesma).

En breve, a solución a todas estas cuestións.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 19 Agosto 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.