Por qué o presuposto do Breogán rende pouco?

O artigo de hoxe xurde dunha conversa cun bo afeccionado breoganista que se cuestionaba entre outras cousas por qué non competimos con outros equipos co noso orzamento. Sen dúbida vai ser difícil abordar o tema sen meterse nun xardín, pero ímolo intentar. Quero destacar que non somos expertos e é posible que cometamos algúns erros, que estaremos encantados de rectificar.

presupuesto

En primeiro lugar considero importante ler antes de nada o xa outras veces comentado artigo de “El contraataque”:

http://elcontraataque.es/2012/07/03/la-seguridad-social-y-el-irpf-en-la-leb-mientras-la-santa-sede-se-preocupa-s-243-lo-de-la-asignaci-243-n-para-la-iglesia-cat-243-lica/

En resumo, non todos os clubs Leb xogan nas mesmas condicións, con dous tipos de normativas (que logo se cumpran ou non é outro cantar e que habería que ver tamén). Por engadir algún dato ao artigo arriba sinalado, habería que ver porqué algún xogador se sorprendeu ao non percibir en Lugo ningunha cantidade en efectivo, ou un coñecido caso no que o xogador (con experiencia xa en España) non tiña número da seguridade social. E sen esquecer o que se comenta no artigo (nóminas de 50 €, retencións do 2%, que coincide con cousas que che conta xente do baloncesto). Adestradores contratados como auxiliares administrativos, contratos como os que presentara o extinto Lleida… Dende logo, todo isto non fala moi ben da competición. Pero esta é outra guerra que os clubs e o organizador da competición terán que librar.

Centrándonos no caso que nos atinxe, competimos como sociedade anónima deportiva. Por tanto a normativa para con nós é moito máis esixente e a proba de que a cumprimos é que o Breogán pasara a auditoría previa ao pasado ascenso de xeito case inmediato.

A obrigatoriedade de ser SAD afecta aos clubs que estiveron en ACB ou que o queren ser, é unha condición indispensable. E na Leb, a día de hoxe, non quedan máis SADs ca nos, salvo que non ascenda nos despachos o COB ou baixe Fuenlabrada. O resto agora mesmo non o son, e moitos destes clubs son refundacións dos que naufragaron en forma de SAD. Por tanto semella que unha SAD en Leb non é moi viable. León, Gijón, Alicante, Menorca, Granada son algúns dos máis recentes casos de desaparición.

Unha vez contextualizado o panorama no que se compite (se cremos que todos os clubs cumpren as súas obrigas entón sinto dicir que non merece a pena que intentemos entender por qué o noso presuposto rende tan pouco), toca analizar o noso orzamento. Sempre falando de números aproximados.

O orzamento total roldaba os 950.000 €. De estes cartos hai que descontar custos de competición, gastos comúns de materiais, viaxes, estancias, salarios dos traballadores do club (polo menos 3 persoas están contratadas de xeito indefinido, máis os 5 do corpo técnico) e máis gastos que seguro me deixo.

A salarios de xogadores chegarían (e sen medo a desviarme apenas nestes números), uns 450000/460000 €. O neto sería un 66%, é dicir, uns 300000 € (habería que ter en conta cada caso particular en canto a retencións entre outras cousas, así como cuestións como os coches ou vivendas). Se imos ter 10 xogadores, en cada un investiriamos unha media de 45000€ BRUTOS.

Quedémonos no caso dun xogador cun custo medio/alto, 50000 €. Descontade uns 12000 € de cotizacións á Seguridade Social, quedarían uns 38000 brutos. Os impostos aquí non son baratos, poderiamos aplicar o 2% como se dicía no artigo de “El contraataque”, pero se nos cinguimos ao tipo que correspondería, puidera ser ata do 39% (neste caso do que falamos).

11815896_873665952712603_1768486922_n

Por suposto hai certos condicionantes a estes tipos (máis de un pagador, cambio na cotización, estranxeiros…) Apliquemos un 25% para non tirar polo alto, e quedan uns 28500 € netos ao xogador. Se falasemos dun 39%, que en principio sería o que tocase, quedarían 23180 € netos.

Probablemente seremos tras Melilla (cos seus condicionantes tan particulares) o presuposto máis alto da LEB, pero se puidésemos medir os salarios netos que percibe cada plantilla, baixariamos uns cantos postos na clasificación.

Son moitos factores os que inflúen, e os datos hai que tomalos con cautela, pero cada un pode sacar as súas propias conclusións. Agardo que nos comentedes os posibles erros, e sobre todo que este pequeno artigo axude a entender a nosa capacidade de contratación.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 2 Agosto 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.