O caso Sonseca

Había tempo que non se percibía tanto malestar no entorno breoganista como polo que ocorreu no caso de Edu Hernández Sonseca. Porqué? Por ser o Breogán un club histórico sempre aspira a ter o mellor, e non acadar unha peza tan cobizada foi un pau para unha afección que xa o vía ca celeste enfundada.

sonseca

Pasado o momento de cabreo máximo que moitos tivemos, o abaixo asinante ten unha nova perspectiva, por suposto influenciada por xente do mundo do baloncesto, de Lugo e outras partes da xeografía española que coñecen ben como funciona isto.

En primeiro lugar, se non saíse o nome de Sonseca na prensa, seguro que estariamos ansiosos e preocupados por saber quen sería o noso cinco, pero dende logo non tan molestos. Quizais o velo tan preto sexa o que potencie o cabreo pola marcha a Melilla.

Pero é que o Breogán, como club histórico, e máis no seu 50 aniversario, ten a obriga de preguntar por todos os grandes xogadores da liga. Coppenrath, McGhee e Sonseca son os grandes referentes interiores do ano pasado, e semella que non cumprimos as esixencias de ningún dos tres.

A realidade di que sen diñeiro é difícil acadar a estes pesos pesados. Na propia liga hai equipos que poden pagar máis, noutras ligas con menos nome pagan máis e ofrecen mellores condicións. Incluso hai xogadores que se retiran moi novos porque en case calquera traballo gañan máis que no baloncesto. Camiñamos cara a unha liga semiprofesional? Pode ser. Pero o que está claro é que non podemos chegar a estes xogadores, máis se queremos ter un equipo de 10 homes de primeiro nivel. Prometemos en moi curto espazo de tempo falar sobre as limitacións dun Breogán que ten un presuposto a priori moi alto.

Namentres, cinguíndonos a cuestión que nos ocupa, se Sonseca estaba feito por Breogán, tamén por COB (segundo o diario a rexión son declaracións do  seu adestrador Gonzalo Gª de Vitoria: http://www.laregion.es/articulo/zona-cob/cob-lanza-mercado/20150729082844558467.html), se supostamente tiña ofertas do estranxeiro –neste caso aparecen en escena os petrodolares… e finalmente acaba en Melillla… Non credes que simplemente xogou con todos nós e nos empregou para conseguir o mellor contrato posible. E vendo a situación, non sería de estrañar que o xogador abandone o barco a media temporada, como o ano pasado. E en Lugo non se lle facilitaría esta saída (descoñecemos se en Melilla é así ou non) Sen dúbida un xogador de moita calidade, pero que é capaz de mostrar a súa mellor ou peor versión sen termo medio.

Quizais o que veña se estrele, ou quizais sexa un xogador que se destape no Breo e nos leve a gloria. A comisión deportiva ten un duro traballo por diante, e cunha presión engadida por todo isto, pero sen dúbida van tentar acadar o mellor posible sen condicionar o resto do equipo. Agardemos acontecementos, e como ben dixo o gran Paco Basanta, o mundo non se acaba nestes tres xogadores.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 29 Xullo 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.