Lembranzas dende o Pazo

O meu co Breo empezou hai moitos anos. Non sei exactamente cando, pero si lembro ir o Pazo Municipal e ver alí algún partido de División de Honra (que tempos…) cos Manel, Tito Diaz, Singleton, Riley, etc. Sen embargo, os recordos máis importantes son do Pazo Universitario, o NOSO PAZO. De alí recordo nitidamente a súa inauguración, nun torneo Xacobeo no que participaba o Real Madrid de un tal Arvydas Sabonis, ¡que grande era o tipo! Debía ser o ano 92 ou 93. Pasarían Perasovic, Tanoka Beard, a promo co Valvi e outra vez ó inferno.

Durante os primeiros anos, sentábame no lateral dos banquillos, arriba. Alí vivín os tiros libres de David Gil, a dirección de Rod Mason, a ilusión de ver a Kenny Green e a sorpresa dun pivot cuarentón e “un pouco” pasado de peso coma Donaldson. Alcanzábamos de novo a ACB, o noso lugar.


Ó ano seguinte, nomes ilusionantes como Antúnez, Sergio Luyk (Q.E.P.D.), César Sanmartín ou o sempiterno Devin “Maravilla” Davis. Despois chegou Anthony Bonner. Un crack. E con el comezou o meu cambio. Concretamente de grada. Cambieime xusto ó outro lado, na grada superior fronte o banco visitante. Aínda faltarían uns anos para chegar ó meu sitio definitivo.

Despois pasarían por Lugo Bobby Martin, Nicola Loncar, Rubén “Panama Jack” Garcés, Joseph Gomis, etc… Todos xogadores incribles, ídolos para a grada. Ó longo de estas tempadas, fun acercándome o lugar onde se sitúa a Peña Breogán. Baixaba con un amigo que era membro e ía con el. Alí coñecín a moitos dos que seguen apoiando o Breo incombustiblemente; como esquecer a Julio Vila, a alma da Peña. Non tiven relación con el, pero sempre me chegaba algún dos caramelos que traía partido a partido antes de que aquela pancarta cubrira as nosas cabezas, despeiteando a algún “despistado” como me contaba o neto do propio “despistado” hai uns días. Julio era Breogán, sempre o foi e sigue sendo estea onde estea. Sei que deixou un encargo (esa non e a miña historia), unha proba máis do seu espírito breoganista, que tamén fixo asomar unha bagoa nos meus ollos. Moitos outros habitantes ilustres, coma o propio “despistado”, ou Miguel da Martín, e tanta xente que non lle coñezo o nome pero que cando me cruzo con algún polas rúas de Lugo non podo evitar sorrir por dentro e pensar que é o meu veciño de grada.

E chegou a temporada 2004/05, e con ela un rapaz de Flint que viña do Livorno. O seu número, o 42. O seu nome: Charlie Bell. So o puidemos disfrutar un ano, pero quedou na memoria de tódolos breoganistas con actuacións incribles contra Real Madrid, TAU, FC Barcelona e o enfrontamento contra o Pamesa Valencia de outro artilleiro, Igor Rakocevic.

De aquel ano, quédome con outro momento: a retirada prematura de Richi González. Cando el saía a pista sabías que saía un titán que o ía a dar todo na pista. E deuno ata que o seu corazón dixo basta. Retirouse entre a ovación do seu público. Aínda gardo una camiseta conmemorativa na súa honra que reza “Richi Te Queremos”. E así é. No Breo eses xogadores teñen o ceo gañado, e permanecerán na memoria breoganista para sempre.

Ricardo González

Ó ano seguinte chegou Pete “MVPete” Mickael, un anotador compulsivo, moi lonxe de aquel especialista defensivo que apareceu despois de pasar polas mans de Dusko Ivanovic. Tamén chegou Bogavac, que na súa primeira aparición publica gañou o concurso de triplas pero ao longo da tempada non tivo esa regularidade que se lle pedia e tanto se necesitaba. E con esas, chegamos á penúltima xornada. O Breo xogaba na casa contra Menorca e precisaba gañar para manter opcións de salvarse. E neses últimos minutos una frase que aínda retumba nos meus oídos: “Se gañamos, imos a Valladolid”. A miña resposta foi a típica mestura de arrogancia e exaltación polo momento: “Non hai huevos”. Pero si que os había. Gañamos, e eu fun a Valladolid sete días despois. Alí consumouse o que se vía vir. Aquel dia foi o punto final de un adestrador que nunca sintonizou ca afección, de algún xogador que nunca deu o nivel coma noutros sitios, dunha presidencia desgastada e da estadía do Breogán na ACB. Aquel día moitas cousas remataron, pero non o sentimento Breoganista. Por certo, tamén lembro como ás portas do Pisuerga, xusto antes de entrar, un “presidenciable” contáballe a quen o quixera escoitar -entre os que me atopaba- o breoganista que era e como o daría todo polo Breo si voltaba a ser presidente. Non lle durou moito, pero claro, se cadra era do Obra dende pequeniño.

Despois viñeron épocas escuras. Izquierdo, Paco García (coa salvedade daquela Copa Príncipe 2008 que nos facía ilusionarnos con que todo era posible), Valdeolmillos (ca lamentable actuación en Los Barrios que deu lugar a una das situacións mais vergoñentas da nosa historia), Rubén Domínguez (s.c.)… e aí comezou o divorcio. Nos últimos anos xa non ía tan a cotío como antes pero ese ano cheguei ao tope. Recoñezo a miña falta, pero volvía sempre do Pazo amolado, e por unhas cousas ou outras fun abandonando ao Breogán. Intenteino un par de veces na época Pepe Rodríguez pero xa non era como antes, así que deixei de baixar definitivamente.

Pasou o tempo, e como dicía o poeta “las oscuras golondrinas volverán” e un servidor foi convidado ao derradeiro partido da primeira volta desta tempada. Sempre acompañado do mesmo “personaxe” que iso si, agora viña con descendencia, e outra vez á zona da Peña, o noso sitio. Os primeiros minutos foron de nervos. Era como volver a ver a unha moza ca que o deixaches fai tempo pero sempre vos quixestes, aínda que fose na distancia. Había que aclimatarse á nova situación. Pero pasados os primeiros minutos, por certo, os mesmos que para Gary McGhee, o vello verme que tiña durmido, comezou a sacudirse a súa preguizsa. Ao saír do partido dinme (démonos) conta que volvía (volvíamos) estar totalmente enganchado(s). O único que me quedaba era baixar con tempo suficiente no seguinte partido para sacarme o abono. Por culpa de Danilo, Sergio Sanchez, Chape, Llorca, Alex Lopez, Osvaldo, Kevin, Megatron, Mamadou, Chris e McGhee non me voltei a perder un so encontro no Pazo. Si a iso lle sumamos a Lisardo, a Quique, Belén, Miragaya, Marcos, etc… o resultado foron ¡¡4!! #MareasCelestes a Ourense nas que vivín dúas vitorias e dúas derrotas, pero o importante é que cando rematou o derradeiro encontro xa tiña decidido que o ano que ven volvería a baixar. Baixar ó Pazo, esa frase tan lucense. Porque ese equipo meréceo, esa afeccion meréceo, e todos nós #merecémolo. Por iso me gustaría darlle as grazas a esta plantilla por volver a encher o pazo, porque sei que non fomos nós os únicos que vivimos esta situación. No seu nome, permítome dicirvos a todos:

GRACIAS, GRAZAS, GRÀCIES, THANKS, MERCI, BEDANKT, AČIŪ.

A semente do breoganismo esta botada. Os que estiveron sempre, alí seguirán; os que se foron, permanecen no recordo; e as novas xeracións coma Andrés, Adrián ou Sara, o bichiño xa o teñen, en eles estará mantelo.

lemcbranzas

Advertisements

Posted on 7 Xullo 2015, in Retro, Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. alberto regueiro

    Mi comentario es muy breve sublime lo voy a imprimir y lo voy a guardar gracias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.