Alberte Fernández Fraga, breoganista para sempre

lis

Temos que comezar falando obrigatoriamente da sorpresa acontecida na Deputación, onde pasa a gobernar o Partido Popular contra todo prognóstico. Vai ter unha repercusión inmediata para o Breogán?

A día de hoxe non nos afecta, temos un consello de administración que está preparando a tempada 2015/2016 con total normalidade. Hai que esperar acontecementos.

Ides seguir adiante si ou si:

Efectivamente. Esta semana temos planificadas reunións con empresas e co corpo técnico e seguiremos traballando.

Analizando a tempada, despois de ver o Pazo ata a bandeira, retirada  a lona do fondo (un obxectivo de Alberte), qué agardades de cara ao curso que ven respecto aos abonos?

Foi un soño si. Como novidade e coido que primicia, imos presentar a campaña de abonados o día 1 de xullo. Sabemos que hai moita xente demandándoo. Indicar que non comezamos antes porque as SAD teñen as súas campañas orzamentarias ata o 30 de xuño, día no que pecharemos o exercicio 2014 2015, comezando ao día seguinte a campaña 2015/2016. A campaña de abonados comezará en xullo, pararemos en agosto e retomaremola en setembro. Haberá importantes novidades, e tamén dicir que haberá unha empresa que patrocinará dita campaña de abonados, e que aparte colaborará con nós ao longo da tempada.

Falando diso, e tendo en conta que chega o 50 aniversario… Hai algo preparado? Seguides as propostas da afección?

Unha das cousas que xa podemos confirmar, é que vai haber un logo identificativo do 50 aniversario. Tamén está pechado o tema da roupa, que incluirá este logo e que se pechou nunhas condicións moi vantaxosas. Iso si, o logo está en fase de deseño. Paralelamente temos a idea de facer unha exposición (todo isto está aínda por concretar), que podería ter lugar nunha das dependencias da Deputación ou nun lugar significativo, e algunha outra iniciativa que está en fase de deseño.

Ao marxe disto, estamos abertos a que afeccionados nos fagan calquera proposta que engrandeza este 50 aniversario

Comprométome entón a achegarche un resumo das que nos chegaron para que as estudedes e ver se vos parecen viables. Continuando, sobre a labor ca captación de capital privado houbo algún avance?

O consello de administración temos claro, como  ben dis, que é precisa a captación de ingresos de empresas privadas. Dous días despois de rematar a tempada concertamos xa entrevistas con empresas de Lugo e de fora de Lugo para que sexan colaboradores do club. Actualmente contactamos xa con 4 que manifestaron o seu interese. Cunha delas xa pechamos o acordo,e esta semana visitaremos outras dúas e a semana que ven saímos a visita por día.

 O playoff foi un dos momentos clave para achegar a estas empresas (visto o  aumento da implicación durante os mesmos)

Indudablemente, os resultado s deportivos tan bos provocaron que aumentase o interese polo Breogán. Sirva de exemplo esas 5000 camisetas con publicidade de empresas que se repartiron no Pazo, a publicidade no streaming, e empresas que se achegaron co éxito deportivo.

A nivel económico, queda débeda pendente? Con Raúl arranxouse?

Na Xunta de decembro, á pregunta de un accionistas, informóuselle da situación que é a mesma que temos hoxe. Fíxoselle unha proposta, e estamos pendente de resposta. Ata que entón non sabemos. En todo caso si  sabemos que esa proposta tiña interese por parte da empresa.

Seguirase contando con eles para o transporte?

En principio si, unha parte desa proposta é que se encarguen dos desprazamentos.

Teremos algún problema para a inscrición na competición?

Ningún. Todo o tema do aval está feito, a inscrición irá ben tamén. Imos cunha marxe maior incluso respecto ao ano pasado.

Qué opinión che merece o que está sucedendo con outros clubs como Valladolid, ao mellor Burgos, etc?

Co que temos que xestionar nós teño mais que suficiente, se che digo a verdade. Pero ver clubs emblemáticos nunha situación cando menos anómala, crea certa incertidume , a perda de clubs referentes tamén da unha imaxe de liga devaluada.

No deportivo, como está a situación cos xogadores? Xa algunha incorporación/renovación próxima?

A semana pasada houbo xuntanza da comisión onde quedou perfilada a idea de equipo, e a partir de aí buscarase as pezas que o conformen. Imos buscar a continuidade de xogadores que son fundamentais para proxecto, sabendo que vai ser difícil nalgúns casos. Aínda de que Lisardo está desfrutando das súas máis que merecidas vacacións estamos en contacto diario entre os membros da comisión deportiva para conformar un equipo para estar o máis arriba posible. Con 2 limitacións, claro. Unha que falamos de deporte e haberá que competir cos demais e a outra é a contención do gasto. Non quere dicir que non haxa cartos, no peor dos casos, e remarco isto, o orzamento vai ser similar.

Se obtemos resultados na captacións de recursos, pode que se incremente a dotación.

Contamos con Ribeira Sacra para o patrocinio?

Ribeira Sacra está aí, podemos contar con eles sempre, pero se hai unha empresa cun interese especial , non teremos problema en cambiar.

Haberá vinculación con algún club da provincia seguindo o modelo de convenio de esta tempada para poder vincular algún xogador?

O perfil de equipo é de 11 xogadores. Paralelamente, o convenio que se asinou en xaneiro con 14 equipos da provincia vaise renovar., co cal en caso de lesión imos ter xogadores para adestrar. O ano pasado foi por exemplo con xogadores de Chantada. Este ano farase de novo a proposta a todos os clubs da provincia. Pero non nos preocupa en exceso por ter 11 xogadores en plantel.

Sobre vincular xogadores, pesará a decisión do corpo técnico e se considera que algún deses equipos ten xogadores interesantes, seguindo unha razón económica. Non imos ser fonte de financiación de ningún club.

Valorando a tempada e todo o acadado, supoño que a liña a seguir é esta, que deu tan bos resultados. De qué está Alberte máis satisfeito? Qué cre que se pode mellorar?

Mellorar seguro que moitas cousas. Todo é mellorable. A nivel persoal valoro que vaias pola rúa e que xente que era moi crítica ou escéptica nos dan as grazas ou nos felicitan polo feito. Con iso síntome plenamente satisfeito.

A nivel persoal, aínda que o club cambiará de mans, gustaríalle a Alberte seguir traballando no club? Sen dúbida gañouse o aprecio de moitos.

Cando entrei foi porque un amigo, que é Antonio Veiga, mo pediu. Con el entrei e cando el marche haberá que ver que fago. O lóxico é que marche con el. No tempo que levo aquí, algo máis de ano e medio, pódoche dicir que tiven momentos difíciles, incluso de non durmir, pero logo houbo momentos satisfactorios ao máximo. Creo que é xusto dicir que este traballo non sería posible sen a implicación e esforzó dos traballadores do club (Sesé, Marcos, Juan Carlos Castro –as veces inxustamente tratado-), o equipo, co corpo técnico, delegado, fisio e preparador físico á cabeza, que o fixo de 10. Mención especial para a afección que é moi esixente o que moitas  veces é bo para poñernos as pilas, e que ao principio considero non foi de todo xusta con nós porque se nos etiquetou sen coñecernos (moitos dicían que iamos acabar co equipo, etc). Esa esixencia constructiva encabezada polas peñas é boa e foi un aliciente para traballar aínda con máis ímpetu.

Non teño claro cando rematará o meu ciclo, se nun mes, se en dez anos, pero as circunstancias ocorridas na Deputación poden condicionar o futuro, igual que a venda de accións. O que si podo prometer, é que mentres estea traballarei a reo para que o Breogán estea no máis alto a nivel deportivo e social e no menos malo no económico  Indicarlle tranquilidade a afección, traballase para ter posibilidades de estar no máis alto nunha liga difícil e sobre todo dicir que o Breogán é un club histórico que vai cumprir 50 anos, e temos que remar para que cumpra cando menos outros tantos. O Breogán está por encima das persoas que en canda momento estén dirixindo o club.

É Alberte un dos novos breoganistas para a toda a vida?

Iso sempre, seguro. Podo estar no palco ou estar no túnel (no playoff tiven que ir para alí que non aguantaba ca tensión), e iso sempre, breoganista ata morte.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 26 Xuño 2015, in Entrevistas, Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.