Lisardo: “Gustaríame quedar con moitos do ano pasado, pero non podemos tirar a casa pola ventá”

Imaxinamos que xa hai traballo de cara ao curso que ven, pero antes de falar de nomes ou postos, qué valoración fas da tempada que acaba de rematar?

Penso que a nivel deportivo a tempada é para estar satisfeitos, se ao comezo do ano nos preguntan, ou incluso a metade da mesma… se iamos estar arriba pelexando polo ascenso directo, xogar a final da Copa, xogar o 5º dunha final, penso que asinariamos todos. Pero téndoo tan preto… é unha pequena decepción. Non podo poñer unha nota á tempada, pero visto en perspectiva foi moi boa. Vendo presupostos estabamos chamados a estar arriba, pero non pelexando con outros que estaban por riba nosa. E tamén hai que pensar nos problemas que houbo en forma de lesións e os xogadores que se foron durante a tempada. Estivemos moito tempo sen o noso cinco, se ben ca fichaxe de Gary acertamos aínda que houbese que agardar.

lis

No tocante ao xogo, cales dirías que son os puntos fortes e cales os febles? É dicir, qué queres manter e que queres mellorar?

Hai varios puntos de mellora. A nosa plantilla é un pouco difícil, con moito talento físico e individual (refírome ao 1×1), pero a nivel xogo non estábamos tan compensados como outros. Tiñamos carencia no tiro exterior, feito que o dificulta. Tamén recibimos moitas zonas, e o non ter un pivot veterano que lera ben esas defensas complicou a cousa (un xogador tipo Rejón ou Otegui). Pero o traballo dos xogadores e a evolución foi espectacular, máis alá de algún problema táctico. Fomos solventando as trampas tácticas que nos impoñían. Eramos un equipo, por dicilo de algunha forma, “fácil de defender”, pero pola contra conseguimos moitos puntos en transición.

O que teño claro é que construirei ataque e defensa dende o equipo que teñamos. Non son un adestrador que teña reticencia a mudar o xogo, adáptome e varío cada o ano, non é o equipo  o que se adapta a min. Dentro dunha filosofía, claro, pero en función dos xogadores que haxa.

Tes preferencia por construír o equipo a partir de algún posto en específico (o base, o 3, o pívot..?)

Eu penso que de entrada, e por ser onde menos xogadores temos, a clave é o posto de base e o interior referencia, que marcarán as diferenzas nunha liga como esta. Tamén é onde menos hai que elixir, por exemplo no xogo exterior hai máis mercado aquí ou fora. Ben é certo que xa temos a Dani, un posto importante ben cuberto. Pero obviamente se se pon   tiro un fenómeno noutra posición, pois iremos a por el antes de nada.

Qué obxectivo te marcas para o ano?

A estas alturas é complicado dicilo porque non sabemos nin o orzamento que teremos. Se imos a ter parecido como se comenta, non imos ir a polo ascenso directo si ou si. Outra cousa é que logo nos poñamos aí, como este ano pasado por exemplo. Pero de entrada non seremos favoritos.3

Temos varios condicionantes. Pretendemos ter aos xogadores importantes do ano pasado, o cal é complicado xa que moitos pretenden unha subida salarial, e se queremos fichar bos xogadores dos que queden libres, as contas non dan. Teremos que buscar un equilibrio. Leo nas redes sociais cousas que se comentan por aí moi complicadas de acadar.

Pero loitaremos cos de arriba e se sae todo moi moi ben, farémolo como o ano pasado. Repito o que vos dicía o ano pasado: pode que non sexamos a mellor plantilla pero tentaremos ser o mellor equipo. Todo isto contando que non haxa algún reforzo económico extra. Que estaremos arriba, si, pero haberá 2-3 por encima sobre o papel.

O ano pasado marcoume moito e tentaremos que sexa así de novo.

Contas con poder manter unha ampla porcentaxe do bloque? Cantos xogadores cres que sería ideal reter do ano pasado?

Isto dependerá do económico, como dixen antes. Gustaríame quedar con moitos do ano pasado, pero non podemos tirar a casa pola ventá. A partir do que fichen os equipos punteiros, veremos que podemos ir pescando nós.

Contaremos de novo con plantilla de once?

Haberá que ver. É unha posibilidade, o máis lóxico sería que sexan 11 se podemos chegar. Tentarémolo, é unha fórmula que o ano pasado xa me gustou e que axuda moito en caso de problemas de lesións.

Cómo valoras a continuidade de Dani López, Adrián Chapela e Álex López?

Todo o que sexa continuidade é moi importante, xa coñecen a cidade, coñécenme a min e ao C.B. Breogán.

Sobre Osvaldas Matulionis, fálase moito da súa marcha. Cres que é factible que se quede outro ano? Cómo respira o xogador?

Osvaldas Matulionis, a sensación da pretempadas Foto: @patmas16

El está contento aquí, sabe que é un xogador importante e que o ano que ven serao mais, pero sendo realistas, se ten unha oferta de superior categoría é entendible que o xogador se queira ir. Temos que estar preparados, e xa temos mirados xogadores que poderían substituílo . Pero se teño que apostar, aposto que seguirá con nós. Pero temos claro que hai que estar preparados por se marcha.

Seguindo con algúns dos que estaban, falase de que Sergio quere seguir, pero os seus problemas físicos poden ser un impedimento para a renovación. Buscas un perfil diferente?

Temos que facer un conxunto, o seu caso, como o dos demais dependerá dos exteriores que teñamos ou poidamos xuntar. Temos prioridades para fichar. Todos interesan, salvo quizais Brandon, pero porque necesita dunha importancia que aquí non lle podemos asegurar. E estou seguro de que ten sitio nesta liga.

Cómo pensas gañar tiro exterior? Un escolta ou un segundo aleiro especialista?

Se por min fose, querería gañalo en todos. En base ao que temos, se Llorca continua, haberá que buscar a un complemento do 3 que sexa tirador. Pero se me dan a escoller, que sexan todos tiradores, ou mellor dito todos metedores.

Pasando ao xogo interior… É obrigatorio preguntar por Gary McGhee. Un xogador case determinante nesta categoría. Pode seguir con nós?

Se ao final queda aquí será por rexeitar ofertas moi superiores. El terá que valorar se prefire o diñeiro ou estar cómodo. Cónstame que el aquí está moi contento, e pensa máis na súa progresión que noutra cousa. Agora mesmo está tomando un descanso, pero de entrada el quere un sitio onde saiba que vai facelo ben,e este é un deles. Se so falamos de cartos, entón é moi difícil.

 Mamadou Samb tamén manifestou a súa intención de seguir, cres que será posible?

Tivo problemas cas lesións e faltas que condicionaron a súa tempada, pero se valoramos o seu rendemento por minuto, foi moi bo. Pode dar máis do que fixo, non por traballo, se non polo que lle restaron as lesións. É un xogador que estando ben marcou diferenzas, se segue imos tentar que se adapte máis. Pero é o caso dos demais, ten un caché alto, terán moito que dicir as súas intencións. Non podemos competir con certas ligas ou mesmo equipos desta liga.

En xeral, moitos xogadores terán que ver se buscan o diñeiro ou a posibilidade real de ascenso.

Finalmente, un exemplo de traballador como Mortellaro pode ter sitio no Breo 2016?

Imaxe de @patmas16 / C. B. Breogán

Imaxe de @patmas16 / C. B. Breogán

Xogadores como Chris son sempre necesarios. A non ser que sexa unha opción moi clara, non imos apurar a fichar o xogador que ocuparía este posto. Ás veces as críticas son crueis, e con el foise, porque fixo un gran traballo tanto nos encontros como no día a día, nos adestramentos.

Para finalizar, unha de rumores: falase de que Beto manifestou  que estaría encantado de vir aquí, pero imaxinamos que está moi lonxe do noso alcance non? E tamén se comenta de Mikel, que ao igual que Beto, ten boa amizade contigo, hai algunha opción?

Se se ofreceron ao Breogán eu non teño ningunha noticia de elo. Ambos son grandísimos xogadores e teño moi boa relación cos dous.

Betinho coido que pode ir a un equipo mellor aínda que Andorra. Eu estaría encantado pero agora mesmo non é xogador de LEB, penso que é de máis arriba.

Mikel, é un xogador que me gusta moito, pero estará agardando a ACB. E aínda así, o económico lástranos. Pensa tamén que xa temos un base de primeiro nivel como Dani, non poderiamos chegar a el. Tería que ser algo polo que o xogador apostase. Estaría encantado de telos, pero ambos son complicados.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 16 Xuño 2015, in Entrevistas, Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.