O 50 aniversario do Breogán non é un ano calquera

Esta vindeira tempada cúmprense 50 anos da fundación do Breogán por parte dos irmáns Varela Portas. E este non pode ser un ano calquera. Este ten que ser un ano grande, un ano para gozar na bancada. E fora da bancada tamén.

10984077_10153925313028747_2781319933114125905_n

No social a bo seguro que o club ten preparados actos e ideas dabondo (e se non sempre poden botar man das que suxiren os breoganistas, que son moitas e moi boas):

http://somosbreogan.org/2015/06/06/as-propostas-da-afeccion/

Na bancada, o camiño quedou marcado nesta recentemente finalizada campaña, cun Pazo ata os topes e a cidade e empresas implicadas ao máximo co club. Isto é o que quere a cidade.

Quizais este ano toque facer un esforzo extra por parte de todos, e xa dende o comezo poder partir como favoritos e non un chanzo por debaixo dos equipos punteiros (que non sabemos cales serán, pero haberaos).

Unha das claves será manter aqueles xogadores clave do plantel, se non todos, na súa maioría. Non podemos construír un equipo novo cada ano. Confirmada a presenza de Dani López, Chapela e Álex López, queda a dúbida de qué pasará con Matulionis, con contrato en vigor pero que pode rachar na primeira semana de xullo. Tamén semella que hai interese en contar de novo con Samb, e máis complicado reter a McGhee. Caso aparte o de Llorca, xogador identificado co breoganismo, pero que sen dúbida conta con boas ofertas e que será difícil de reter. E é que se queremos reter o bloque, xa sabemos o que toca, xa que moitos dos nosos saíron revalorizados.

Se acadásemos isto quedaría por ver os postos a mellorar. Sen dúbida Lisardo ten claro que precisamos engadir á base do ano pasado tiro exterior. Imos ter un bo equipo, pero se o que queremos é un gran equipo, vai facer falla un esforzo extra (que quizais non sexa moi grande).

Resumindo: manter o bloque na medida do posible, 2 homes de garantías por posto e sumar tiro exterior.

E como o imos acadar? Escoitamos que o orzamento se vai reducir, como moito manterse. Pois non é o mellor escenario posible dende logo. Quédanos por tanto apelar a que os dirixentes atopen o apoio da masa social en forma de abonos e do tecido empresarial en forma de publicidade e patrocinios para aumentar os ingresos do ano pasado. É por iso que apelamos a tódolos breoganistas a facer un esforzo, aos que non son abonados a abonarse aínda que solo poidan asistir regularmente, e a convencer a ese familiar ou coñecido que veu cunha invitación a un partido e lle gustou isto do breoganismo. E claro, as empresas que mostraron boa vontade no playoff, pois que arrimen un pouquiño máis o ombreiro, que a publicidade que da o Breo é máis importante do que parece, e o seareiro breoganista é moi agradecido.

De producirse un descenso orzamentario nun ano tan sinalado, non entendería moi ben que non aproveitásemos máis o tirón do playoff no aspecto económico. Ademáis, entendemos que o club goza de maior saúde, pagada a débeda ca Xunta (imperdoable a xestión no seu momento de esa subvención) e quedando pendente (se é que queda) unha pequena parte da débeda ca empresa dun ex presidente breoganista. E de ser así, agardemos que se deba a un descenso do aporte público, que tamén é preciso que se produza dun xeito gradual.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 12 Xuño 2015, in Opinión, Xeral. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. he seguido toda la temporada del Breogfan, lastima no poder subir directamente,lo estaría esperando en la cancha del Unicaja,que tan buena temporada esta haciendo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.