Estatísticas liga regular 2014/2015

Xa temos definitivamente actualizadas as estatísticas da tempada regular no seu correspondente post:  http://somosbreogan.org/2014/10/22/estatisticas-ouro-1415/

stats

Como novidade, incluíuse a tódolos breoganistas co seu posto final no ranking.

Pasemos a analizalas un pouco por riba:

En canto ao PER  un clásico como Coppenrath acabou liderando, seguido de outros vellos rockeiros como Sonseca, Rivero e Guillén , e un de la Fuente que rematou 3º. O primeiro breoganista foi Mamadou Samb, no 12º segundo posto.

Destacar tamén a aparición de xoves xogadores como Fran Guerra ou Shawn Glover no top 10. O PER adoita a favorecer a xogadores interiores, polo cal o post de Rivero é moi salientable. Tamén, indicar que Llorca liderou moito tempo esta estatística, pero a lesión e a incorporación de McGhee fixeron que baixase o seu protagonismo.

Na % de tiro Hollinger, lideraron xogadores interiores como Sonseca, Olmos ou Portalez. Completan o top 5 Feliú e Justo. Mamadou Samb ocupou o 10º posto, seguido de preto de Kevin van Wijk, 12º.

No +/- co xogador en pista 5 xogadores de Burgos ocupan o top 5 seguidos de outros 5 cobistas! Os breoganistas tamén ocupan postos altos como o 15º de Matulionis, 17º de Dani López, 19º de Samb e 22º de Gary McGhee. Aínda que nos faltan datos de Burgos e Cob dun encontro, e dous do Breo, os números estarían moi próximos a estes.

Na mellora do +/-, mantense Coppenrath como número 1 seguido de Sabat e un sorprendente Busma. A aparición de Mikel Úriz no 4º chanzo di moito da súa importancia para o cadro de Fisac, e sorprende a aparición do ex de Estudiantes e vinculado de Breogán Alex Reyes no 6º posto. Outros nomes chamativos son o de Magdevski no 8º posto. Matulionis sería o mellor dos nosos, 7º.

A ratio ofensiva está monopolizada polos xogadores de Burgos, destacando tamén a presenza de Álex Reyes no top 8. McGhee sería o 9º nesta faceta. Pero se atendemos á mellora porcentual, o noso pívot estrela alzase ca primeira posición, demostrando a súa importancia nesta liga, ben seguido de Uriz e Busma. 9º sería Matulionis.

Se falamos de ratio defensiva aparecen algúns palentinos como Rafa Huertas ou Guillermo Justo, pero de novo os burgaleses invaden o top 10. Matulionis, Dani López, Samb e van Wijk situanse en postos do 24 ao 29 da liga. Un interesante dato é a boa posición de Adrián Chapela, 52º. E se falamos de mellor porcentual, liderou  Huertas pero Matulionis situase com 2º mellor home nesta faceta, acompañado de Micky García, Feliú e Coppenrath. Huertas e Justo posiblemente se beneficiaran do momento en que mellor defensa  practicou Palencia, saíndo Huertas cara a Gipuzkoa e baixando o protagonismo de Justo pola lesión.

Na % de rebotes defensivos, un desatado Múgica liderou, seguido de Sonseca, Rowley, Fakuade e Rejón. McGhee (19º), Mortellaro (36º) e van Wijk (43º) son os mellores por parte breoganista.

Nos rebotes ofensivos, liderou Rowley, con Orukpe e de la Fuente. Gary McGhee finalizou 5º, Edwards 10º e Mortellaro 11º.

Como non podía ser doutro xeito, se valoramos o % de rebote total, liderou Múgica. O noso mellor home, McGhee foi 6º.

Sobre as stats de equipo, o Breo destaca na % de tiro Hollinger, cun 5º posto, por ser o terceiro equipo que máis posesións xogou (72.23 por encontro) e por ser o 4º en rebotes ofensivos.

E por se vos axudan a elexir, aquí podedes votar por quen vos gustaría ver lucindo a celeste o vindeiro ano:

 http://somosbreogan.org/2015/06/03/enquisa-e-ti-con-quen-te-quedas/

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 7 Xuño 2015, in Estatísticas, Ouro. Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.