As propostas da afección

Estannos chegando, e estamos lendo moitas propostas de cousas que vos gustaría que se fixesen por e para o Breogán, de cara a vindeira campaña na que o club cumprirá 50 anos, sen dúbida un ano moi especial o que nos agarda. A idea é que na sección de comentarios desta nova comentedes as vosas propostas, ideas, suxerencias… para logo facer un pequeno resumo cos resultados acadados, e porqué non, contribuír un pouco ao debate. Tamén podedes facernolas chegar a somosbreogan@gmail.com. brainstorming   Velaquí as que nos foron chegando:

  • Partido de conmemoración ca presenza de ex-xogadores ilustres do Breo.
  • Algún libro ou exposición conmemorativos do 50 aniversario.
  • Durante cada mes na vindeira tempada homenaxear na casa a un xogador ou equipo histórico.
  • Presenza do merchandising (un mínimo) no Pazo. Algo conmemorativo.
  • Optimizar os servizos dos bares, que haxa alimentos quentes tamén.
  • Recoñecer a aboados que leven máis de X (25?/50?) anos ininterrompidos como socio.
  • Creación dun filial
  • Pronta apertura da campaña de abonados
  • Mellorar a organización en xeral en partidos con grandes entradas e desprazados
  • Modernizar a web e contador de aboados
  • Pintar o pazo
  • Animación previa aos encontros con algunha canción “propia”
  • Máis camisetas retro
  • Proxección de momentos memorables do Breo e de “La Vieja Música”
  • Recoñecemento a José Areñas
  • Festa na explanada do Pazo
  • Algún amigable no municipal
  • Recoñecemento a ex xogadores
  • Merchandising no Pazo e centro
  • Máis ingresos de publicidade de toda a provincia
  • Patrocinador principal
  • Contratación de director deportivo
  • No 50 aniversario confeccionar equipo de garantías para partir entre os favoritos
Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 6 Xuño 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. 16 Comentarios.

  1. Pola miña banda, quero engadir varias aportacións e a ver que vos parecen:

    Unha: creación de equipos de base. Un filial e un junior por exemplo, sen que supoñan un gran custe, que nos permita ter xogadores que arrimen nos adestramentos, e sen entrar en conflictos con outros clubes. Permitiría ter rapaces da zona a man e se algún despunta, pasar ao primeiro equipo en calquera momento do ano. Ademáis isto podería atraer algún patrocinador máis.

    Dúas: que se comece xa ca campaña de abonados, xa que hai que aproveitar o tirón. Sería o momento para ofertar un carné ate o día X (30 de xuño?) sen suba, e a partires de esa data un novo prezo.

  2. Hacerse mas “amigo” de los árbitros y el resto de estamentos.
    Contratar policia eficiente que controle a las aficiones rivales.
    Proteger a los abonados no permitiendo que aficiones rivales, invitados de 5 euros y publico de ultimos partidos les birle el sitio habitual

  3. Colocar a las aficiones rivales en los fondos contrarios al banquillo.
    Impedir la entrada de vuvuzelas y claxons (en Valladolid no dejan bombos no se en base a que normativa)
    Achuchar a los arbitros cuando te estan atracando en lugar de quedarse como pasmarotes (los 3500 “extras” especialmente)

  4. Dacordo en todo (filial, merchandising, libro conmemorativo) máis:
    -Modernizar web (venta online de merchandising, contador de aboados, máis info histórica…)
    -Instaurar como animación nos partidos ben a Muiñeira de Chantada “cantada” a lololos ou lalalas, ou Sementeira de Fuxan os Ventos cunha letra breoganista (coa autorización dos autores, claro) O himno galego é emotivo pero algo lento quizáis.
    -Pintar as paredes salmón do Pazo de celeste (son catro duros)

  5. – Repetir a magifica iniciativa da camiseta retro de Perasovic coa dalgún outro xogador, quizais Devin Davis.
    – Elaborar unha proxeción, non excesivamente larga con algún dos momentos máis memorables da historia do Breo, e outra da película ”La vieja música”
    – Algún recoñecemento oficial ao speaker Areñas por todolos seus anos coma voz do Pazo
    – E sobre todo, manter a gran parte deste equipo!!

  6. en pretempada para socios berbena na explanada do pazo: churrascada popular, Panorama e Paris de Noia (como mínimo), … pagando algo poderia dar unhos ingresos chulos e si ademais se convida a xogadores históricos tería tirón, engancharía socios para poder entrar, e faise piña equipo/afección desde o principio, tendo en conta que seremos sobre 3mil socios non creo que sexa complicadisimo…

  7. Alberto Regueiro

    Un partido amistoso en el municipal no se si sería posible alguno lo vivimos de muy niño otros no saben lo que es eso. También me gustaría dar un aplauso a antiguos jugadores aquí podíamos poner a muchos pero me encantaría tres nombres Bob Fullarton Devin Davis y Jimny Wright saludos y gracias por la oportunidad que me dais para opinar

  8. En mi opinión, y puede que esté equivocado, el éxito deportivo de estos dos últimos años, está ocultando la falta de dirección de un Breogán que en muchos aspectos navega a la deriva. Estos serían cosas que se deberían mejorar de forma inmediata para intentar el ascenso a la ACB con plenas garantías:
    1. Apertura de campaña de abonos con incremento de las tarifas actuales aprovechando el ambiente de ilusión generado en estos playoffs. Involucrar a la provincia fue un acierto por lo que establecer convenios con los clubs de baloncesto de la provincia puede incrementar considerablemente los socios. Mantener descuentos para personas con problemas económicos, niños, jubilados, etc.
    2. Apertura de tienda de merchandising en el Pazo y en el centro de Lugo.
    3. Aumento de los ingresos extraordinarios mediante publicidad de empresas radicadas en la provincia. Hablo de pequeñas aportaciones y de que al BREOGAN lo sientan como suyo la gente de Ribadeo, Burela, Chantada, Sarria, etc.
    4. Búsqueda de un patrocinador principal que acompañe al nombre de nuestro equipo. Me imagino que alguien del Breogan estará ahora mismo con este asunto vital.
    5. Contratación de director deportivo con solvencia acreditada. A la larga saldrá rentable.
    6. Mantener al cuerpo técnico al completo y en lo posible a 5 o 6 jugadores de la actual plantilla (personalmente me quedaría con Danilo, Alex López, Matu y Gary. En los demás tengo dudas por una u otra causa).
    7. Iniciativas como la entrega de camisetas me parecen acertadísimas.
    8. Y no olvidemos que el 50 ANIVERSARIO del club no debe ser un año cualquiera. Por una vez en los últimos años deberíamos partir como máximos favoritos y no en el grupo perseguidor tras los pasos del Burgos o el Palencia de turno.

  9. Aparte do xa comentado:

    – A nova equipación de este ano debe facer referencia o aniversario do clube, incluso plantexando un toque “retro”. Faríaa máis atractiva xaque todos os habituais a mercaríamos sen dúbida.

    – Merchandising conmemorativo, especialmente interesante sería unha bufanda do 50 aniversario, e se incluso se buscase axuda desde El Progreso/outros regalándoa con cupóns ou xunto co abono de tempada, axudaría a que todo o mundo a tivese e lle dese uso no pazo, mellorando o aspecto da grada.

    – Intentar chegar a un acordo co CD Lugo para ter descontos no caso de ser aboado de ámbolos dos clubes.

    – Pintado do pazo e colocación de carteis/stands conmemorativos das diferentes etapas/xogadores do clube.

    – Colocación de publicidade do 50 aniversario sobre a pista.

    – Recoñecemento ós patrocinadores (algunhes alomenos) históricos do clube (para de paso recordarlles que seguimos vivos e dando guerra…).

    – Carteis ou distintivos de “establecemento colaborador co 50ª aniversario do Breo” xunto cun número determinado de invitacións/entradas a cambio dunha pequena aportación económica de xeito que os breoganistas identifiquemos os establecementos que se implican co clube e eles podan rifar/fomentar asistir o pazo entre os seus clientes.

    – Colaboración co CC As Termas/Outros para colocar stands ou exposicións sobre a historia do Breo e o 50ª aniversario (camisetas antigas, trofeos, fotografías…)

    – Colaboración co Concello de Lugo para colocar publicidade do Breo no centro e nas principais rúas da cidade. Sería un detalle se nalgún punto da muralla, a iluminación nocturna fose celeste facendo alusión ó Breo.

    • Un breoganista máis.

      Bufanda do 50 aniversario, e camiseta de manga corta, obrigado ter a venta os días de partido, xa que é o merchandising que máis se vende e o que máis luce nos partidos. Non pode ser cousas coma as deste ano que pa comprar unha camiseta era unha odisea. ASí non se via celeste no pabellón. Por suposto, tamén a camiseta do equipo.

      Mesmo embreogados deu unha leccion ao clube ca venda de bufandas.

      Outra idea que me xurde é unha exposición no pazo do 50 aniversario, fotografías da historia, enmarcadas e con a sua lenda por debaixo. Poderianse colocar no pasillo superior e de forma cronolóxica, algún podería dar un paseo pola historia do breogan antes dun partido.

  10. parece que non se quere/pode por a venta a nova campaña de aboados porque antes querese rematar con esta tempada , eu digo que podo aceptar q non saia a nova campaña de aboados pero o que si podia sair e unha especie de reserva de aboados, e decir renovo/ou doume de alta agora pagando 30-50-60 euros e cando saia a campaña de aboados xa mos descontan do meu abono

  11. Propostas para o 50 aniversario:

    Convidar e homenaxear no Pazo a aqueles xogadores máis destacados e queridos do Breogán e a xogadores con “records históricos” no clube (Davin Davis, Charlie Bell…..)

    Convenios / acordos co Ensino, como medida de conexión e apoio ao clube de baloncesto feminino.

    Creación e gravación dun himno propio do Breogán con música e letra (en galego, por suposto) para reproducir polos altofalantes e cantar ao final dos encontros no Pazo. Algo sinxelo, con ritmo e alegre, que non sexa pedante/cursi. Unha letra coa que nos sintamos identificados todos os breoganistas. O clube podería organizar un concurso e premiar ao himno ganador.

    Reforzar e axudar loxistica e económicamente as peñas do Breo para:
    que sexan máis numerosas,
    que todos os membros vistan a camiseta e bufanda do clube,
    que teñan máis instrumentos para facer ruido (bombos, bocinas, megáfonos….)
    que poidan desprazarse aos partidos a animar ao equipo
    que dispoñan de bandeiras e/ou pancartas con deseño gráfico (non de andar por casa)

    Podería constituirse una peña de xente nova, constituida por rapaces e rapazas dos colexios e institutos de Lugo e de toda a provincia, comandados pola nosa “mascota”. Sen dúbida animarían moito, axudarían a encher as gradas e engancharían ás familias a acudir ao Pazo a disfrutar do baloncesto.

    Convidar a asociacións, agrupacións, escolas etc. de danza, música, deporte, teatro (e outras actividades artísticas) de toda a provincia, a ofrecer os seus espectáculos no tempo de descanso dos partidos (danza galega, danza clásica, baile moderno, callejero, ximnasia, etc. – nenos, xóvenes e adultos)

    Un saúdo

  12. @ducamal comentara o de incluir dourado na equitación . Se sae adiante a proposta dos nomes de aficionados estos podrían ir en dourado na segunda equipacion

  13. Facer colaboracións con outros equipos de baloncesto da provincia, como por exemplo, gravar o escudo do Breo e algunha alusión ao 50 aniversario nas camisetas dos clubs a modo de promoción e apoio ao Breogán, e que o Breo facilite o aboamento de todos estos clubs de forma económica, deste xeito o número de aboados tamén subiría.

  14. Polo que leín haberá unha pre campaña en Xullo, pode que o que vou a propoñer administrativamente sexa complexo, pero para algúns desempregados, estudiantes… aboar a cantidade total do abono toda xunta pois pode ser moito, máis cando se tenta aforrar para as vacacións. Sería viable facelo en duas partes? Reserva do abono en Xullo aportando o 50%, e pagamento do outro 50% no primeiro partido de liga?

  1. Pingback: O 50 aniversario do Breogán non é un ano calquera | Somos Breogán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.