Somos Breogán

O deporte, neste caso o baloncesto, nunca entendeu nin de vaticinios nin de supostos teóricos. Vive ao marxe das palabras e básase exclusivamente nunha lei non escrita pero implacable que dicta a súa sentenza na pista. Pero esta é parte da súa grandeza, de ahí esa capacidade única para provocar todo tipo de emocións.

A historia do deporte está tan chea de éxitos como de sorpresas desagradables, de momentos estelares e de outros nos que costa explicar, e muito máis entender, as razons dunha derrota.

O basket son moitas emocións dentro dun mismo partido. Os afeccionados do Clube Baloncesto Breogán puidémolo comprobar nun quinto partido de Play Off convertido nunha montaña rusa que primeiro estaba de cara, pero despois foi unha baixada a ninguna parte.

Teño que confesar que non puiden ver ese quinto partido, a pesar de escoitar con nitidez a retransmisión situada na Praza de Augas Férreas. Estaba paralizado, como absorto, facendo cousas sen sentido aparente.

Aínda hoxe, son moito os adxetivos que se lle poden atribuir a esa dura derrota, 91-65, diante dun moi bo equipo, o Clube Ourense Baloncesto. Derrota, decepción, enfado, culpabilidade, etc, etc. Suma de sensacións rebotando nunha mente atormentada por un desenlace no que coincidiron todas as adversidades posibles e, con este estado de ánimo e sen tempo de asimilalas, os nosos xogadores preséntanse na Deputación de Lugo. Para elo fixeron un exercicio de autocontrol redirixindo a súas emocións e mostrando unha entereza emocional e profesional, para saúdar a unha afección entregada.

Esto non fai máis que mostrar o maravilloso que é o deporte, tan intenso polo que sucede dentro como o redor, no antes, no durante ou no despois, como por exemplo a xa constatada costume dos ‘selfies

Nestos momentos de reflexión sobre os camiños cara onde debe ir o Breogán, é importante entender a suma importancia de saber atender, desde a sensibilidade e o respeto, o mundo das emocións.

Comezar unha andaina hoxe xunto con este blogue non é casualidade. É o día despois de recoller un grao máis de experiencia. Como boa zigarra o breo esperalle un duro camiño de penitencia cara a ansiada a ACB… agardemos que un só ano, quizá máis, pero pase o que pase a Marea Celeste, peñas, prensa e público en xeral seguirémolo apoiando, porque todos… Somos Breogán!

Advertisements

About Tacho

Informático por casualidade, emprendedor por iniciativa. Cofundador de Cafe Dixital (cafedixital.com). Gústame o deporte e a natureza. Escribo por paixón en somosbreogan.org, bloginterference.com, sdcastroverde.com, taller.masoucos.org, cafedixital.com e outros

Posted on 4 Xuño 2015, in Xeral and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.