Fin da liga regular: chega o tempo da maxia

Rematou a tempada regular na LEB Ouro na que foi unha das edicións máis igualadas dos últimos anos.

Ata 4 equipos se consolidaron na segunda volta do campionato como aspirantes ao título: Ford Burgos, Ribeira Sacra Breogán, Mywigo Valladolid e Club Ourense Baloncesto. Finalmente, na penúltima xornada a lóxica cumpriuse e un intratable Ford Burgos alzouse co título de campión da Liga LEB 2014-15 tras non ser capaces os seus rivais directos de aguantar o ritmo do imparable conxunto castelán, o cal colleitou unha xeira de 14 vitorias seguidas; nin unha soa derrota en toda a segunda volta.

Montaxe: Guillermo González. Fotos de @patmas16 e Breogán

Montaxe: Guillermo González. Fotos de @patmas16 e Breogán

Merecido título para o mellor plantel da categoría que consegue así o seu terceiro ascenso consecutivo á liga ACB da man do seu adestrador Andreu Casadevall.

Rematada a liga regular e co primeiro posto polo ascenso decidido, a segunda praza sairá do gañador dos Play-Offs, nos cales en primeira rolda ao mellor de 3 se verán as caras:

2º Club Ourense Baloncesto              –           9º Melilla Baloncesto

3º Ribeira Sacra Breogán                   –           8º Palencia Baloncesto

4º Mywigo Valladolid                       –           7º Planasa Navarra

5º Palma Air Europa                          –           6º ForÇa Lleida

Palencia Baloncesto que tiña asegurada a segunda posición logo de alzarse campión da Copa Príncipe no duelo que os enfrontou en Xaneiro ao Ribeira Sacra Breogán por ser o mellor conxunto da 1ª volta, perde dito privilexio ao non ser capaz de quedar entre os cinco primeiros clasificados tal e como establecen as bases da competición. Polo tanto, o privilexio do factor cancha en tódalas eliminatorias pasa a un sorprendente Club Ourense Baloncesto que acada a 2ª posición por méritos propios grazas á súa regularidade ao longo de toda a liga regular. Enfrontarase o conxunto ourensán ao Melilla Baloncesto. O equipo norteafricano viu maquillada a súa mala tempada coa consecución da última praza dos playoffs. Unha tempada máis, Melilla Baloncesto non cumpriu as expectativas que se lle presupoñen ao orzamento máis alto da LEB e a un plantel cargado de pesos pesados da LEB. Sen embargo, o seu potencial fainos un rival temible que pode revertir dita situación e compricarlle moito as cousas ao conxunto ourensán na que pode ser unha das eliminatorias máis duras de toda a serie.

En canto ao Ribeira Sacra Breogán remata a liga na 3ª posición empatado a vitorias co 2º, pero un posto por debaixo froito de ter perdido o basket average co Ourense Baloncesto. Meritorio posto para os homes de Lisardo Gómez a pesares de que poidera quedar un saber agridoce logo de loitar toda a tempada de tú a tú cos favoritos por esa primeira posición e máis tarde pola segunda que se escapou tras dúas derrotas seguidas nas antepenúltima e penúltima xornadas. Derrotas que non deben empañar a gran tempada do conxunto lucense (a mellor dos celestes na LEB) que foi quén de sobreñoñerse a varias pragas de lesións de homes importantes ao longo de toda a campaña e ao cambio de dous xogadores unha vez mediado o campionato. Verase as caras Breogán con Palencia, un conxunto que ao contrario dos lucenses non foi quén de superar con éxito a praga de lesións que leva sufrindo durante toda esta segunda volta e que unha xeira de 7 derrotas consecutivas os alonxou da loita polo título. O que era o gran favorito ao ascenso xunto con Burgos chegará a Lugo con gañas de amosar a súa mellor versión e de ser ese rival temible que foi durante a primeira volta. Moito ollo cun conxunto doído e cun potencial inmenso. Sen dúbida duro emparellamento para os de Lisardo nesta primeira rolda. O factor psicolóxico e a recuperación de lesionados por parte de Palencia pode ser chave para decantar a eliminatoria hacia un lado ou hacia o outro. No Breogán son dúbida Samb, Dani López e Sergio Sánchez, os dous últimos con doenzas sufridas durante o último partido desta fase regular. Durante esta semana coñecerase o alcance das tres lesións aínda que a participación dos tres non parece perigar nesta primeira serie polo ascenso, se ben moi posiblemente non ao 100%.

Valladolid consegue unha xusta 4ª posición. Un conxunto que foi quen de sobrepoñerse aos problemas extradeportivos e que se viu reforzado no tramo final do campionato con dúas incorporacións de nivel como Alvarado e Ucles que sen dúbida lle deron profundidade á súa rotación e que os fará moi perigosos nesta fase polo ascenso. Enfrontaranse a un Planasa Navarra que logo dunha extraordinaria primeira volta foi perdendo forza co paso das xornadas trala marcha de Hdez. Sonseca e a lesión dun xa recuperado Miguel Ortega.

Palma Air Europa e Actel Lleida, os dous conxuntos revelación deste ano veranse a cara na eliminatoria polo ascenso que enfronta ao 5º co 6º. Dous estilos moi diferentes de xogo e dous conxuntos curtos de rotación pero capaces de facer un baloncesto de moi alto nivel.

MVP da liga regular.

Ricardo Guillén. O veterán interior que este ano militou no Clínicas Rincón consegue o título de xogador máis valorado con 20,4 de valoración media. Sen dúbida foi chave na salvación do vinculado do Unicaja, un xogador polo que parece que os anos non pasan

Xogador revelación.

Jakub Kudlacek, base checo chegado ao Clavijo de Logroño mediada a liga regular convertiuse nunha das gratas incorporacións á LEB Ouro 2014-15. Con 11,4 puntos e case 5 asistencias por partido en 28 minutos de media para 14,6 de valoración é unha das sorpresas agradables desta edición da liga.

Quinteto ideal.

Base.-              Mikel Úriz                  10.6pts, 3.4reb, 5.2asist, 14.7VAL

Escolta.-          Álex Llorca                12.3pts, 4.5reb, 2.8asist, 15.8VAL

Aleiro.-           Pablo Almazán           12.1pts, 4.4reb, 2.4asist, 13.6VAL

Ala-pivot.-      Ricardo Guillén          16.4pts, 6.4reb, 2.4asist, 20.4VAL

Pívot.-             Tylor Copenrath         11.6pts, 6.6reb, 1.1asist, 16.5VAL

Mistura de veteranía e xuventude conforman o quinteto ideal da LEB en canto a valoración por partido se refire.

O Favorito para os Play-Offs.

E agora chegan o tempo da maxia, o tempo de comezar de cero. Comezan os play-offs de ascenso á liga ACB, unhas eliminatorias que este ano se presumen máis abertas que nunca.

Por méritos propios o Club Ourense Baloncesto converteuse no equipo favorito para estas eliminatorias. Segundo clasificado (empatado no balance vitorias-derrotas con Breogán) terá factor cancha en tódalas roldas. Un conxunto que non partía en Setembro como un dos principais favoritos para o ascenso pero que a súa regularidade ao longo do ano xunto cunha ausencia prácticamente total de lesión ao longo do curso lle concederon o merecido premio da segunda praza. Un conxunto que mistura a veteráns como o tridente Rivero-Arco-Rejón con xóvenes promesas como Edu Martinez, Fieler ou Geramipoor.

As alternativas

Calquer conxunto pode dar a sorpresa nesta eliminatoria, se ben é certo que como principais alternativas ao ascenso se sitúan o gañador da serie Ribeira Sacra Breogán – Palencia. Sen dúbida dous poderosos equipos que inesperadamente se verán as caras demasiado pronto, en cuartos de final. Non hai que esquecer tampouco ao poderoso Valladolid. O equipo dirixido por Porfi Fisac está perfectamente capacitado para dar a sorpresa. En menos de dous meses sairemos de dúbidas.

Advertisements

Posted on 18 Abril 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.