Segundo aniversario!

E pouco a pouco, imos queimando etapas. Entramos xa no noso terceiro ano de vida, que xa está moi ben, nunha clara actividade descendente en canto ao propio blog, pero non na marca “Somos Breogán”


Avatar2

Vimos a luz nun momento especialmente delicado, con algún sector da prensa cargando contra o club, ca sombra da posible exterminación do mesmo planeando nalgúns mentideiros da cidade. Cun proceso de venda de accións aínda hoxe non finiquitado, cun consello de administración que convivía con moitos problemas e cunha atención menor en xeral polo noso club.

Neste momento, afortunadamente, o Breo vive unha situación moi boa, posiblemente a mellor en moito tempo. A nivel de sociedade cada día máis presente, na prensa “de verdade” como me gusta chamaralle, moito máis presente, deportivamente sobran as palabras, e institucionalmente, parece que o traballo da Deputación vai na dirección correcta.

Se o primeiro ano foi de moita actividade, este segundo foi moito máis relaxado, no que prácticamente fixemos de “difusores” das novas dos demáis medios. Aínda así houbo tempo para algunhas interesantes novas.

A desaparición do chamado “proxecto”, as entrevistas a Quique, a Pepe Rodríguez, a Álex López (nun momento en que non era xogador de Breogán), a Adrián Chapela, a Alberte Fdez. Fraga no momento en que nos tendimos a man despois de certas tiranteces pola nosa parte, o estudo de impacto económico do Breo, e quizais unha das que máis sona tivo, a entrevista a Charlie Bell.

Pero sobre todo a un resúltalle moi reconfortante o que pasa no seu arredor. A sección de estatísticas (que en breve agardo volten estar actualizadas), os deseños de @mlopez_16, as fotos de @patmas16, a difusión da campaña de abonados, a promoción do merchandising do Breo, os carteis que preparamos para os playoff!

E agardamos poder seguir enchendo os ocos que vaian quedando, para poder seguir traballando a prol do club. Qué depara o futuro? Seguimos co proxecto da asociación no horizonte, imos lentos, pero tentaremos darlle un novo empuxe en breve.

Por todo isto quero mostrar toda a miña gratitude a tódolos nosos lectores, dende os que concordan aos que discrepan, porque todos facedes un Breogán mellor, e porque todos queremos a este club.

 Os proxectos de basket de elite en Lugo teñen garantía de éxito, porque nunca foron flor dun día. O Breogán é unha historia de amor colectiva, que fai espertar o adormecido orgullo e o espírito reivindicativo lucense.

Julio González, ex-presidente do Breogán

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 27 Marzo 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.