O león ferido

Non é a mellor forma posible de chegar a unha cita tan importante, pero o Breogán chega ferido á cita ca historia, a unha oportunidade para gañar un novo título que fique nas vitrinas do Pazo: a Copa Príncipe 2015.

En primeiro lugar, unha pequena desculpa. Levamos un tempo sen actualizar o blog. Os compromisos laborais dos colaboradores habituais impiden seguir máis de preto a actualidade breoganista, tamén axudado por unha moi boa cobertura por parte dos diversos medios de comunicación lucenses.

Xa entrando en materia, esta tempada tiña unha moi boa pinta, cunha calma (tensa e incerta, pero calma) no institucional, e cunha ilusión na maioría da afección que había tempo que non latía con tanta forza. Pero para o Breo as cousas nunca foron, nin serán doadas. O afeccionado breoganista ben o sabe, e oxalá cambie para ben. O simple feito de seguir vivos ano tras ano é xa case un éxito nun panorama cada vez máis escuro no baloncesto nacional, que tamén notou, como non podía ser doutro xeito, a famosa crise.

Somos coñecidos por ser unha afección esixente e crítica, o cal é sen dúbida moi positivo, un síntoma de que este Breo está moi vivo. Breoganistas hai de moitos tipos, dende que os que apuntan á federación, aos árbitros que erran moito na nosa contra, ao palco por unha xestión ca que non estamos de acordo, á comisión deportiva que non fichou todo o ben que debera, ao banco e os seus erros, a este ou aquel xogador que non da o rendemento adecuado e incluso á preparación física. É ben certo que as lesións nos xogan unha moi mala pasada nestes últimos tempos, haberá quen pense que hai algo detrás de elo, ou quen pense que simplemente son designios da mala fortuna. O único que sabemos claramente é que estas se ceban co equipo e que son outro elemento máis co que pelexar. Pero non as imos empregar de escusa. Co que teñamos, hai que pelexar cada encontro como se fose o derradeiro, porque se algo ten que ser unha das nosas señas de identidade é a intensidade e o compromiso. Este venres teremos unha gran oportunidade para demostralo a todos.

Pero non é menos certo que cando o león está ferido, cando as cousas non van ben, os breoganistas, sexan do tipo que sexan, sempre nos unimos para apoiar e tentar sacar a situación adiante. Porque todos, sen excepción, somos o Breogán, e todos, absolutamente todos, queremos por riba de todo ver ao equipo gañar.

Seguinte parada: Copa Príncipe 2015. Ocupen os seus asentos.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 25 Xaneiro 2015, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.