A actualidade con Lisardo

Cada vez está máis preto o comezo da competición, e ca pretempada finalizada toca facer un repaso amplo do que foi un moi atarefado verán na casa celeste. Para elo nada mellor que o técnico e máximo responsable da área deportiva, Lisardo Gómez.

Foto: @patmas16

Foto: @patmas16

Quizais o culebrón do verán fora o de Mich Diouf. Todo o mundo daba por feito que de seguir en Leb sería aquí en Lugo. Qué sucedeu realmente para que acabase en Burgos, despois de toda a implicación que parecía ter o xogador aquí?

Obviamente non foi o esperado, nos tíñamos esperanzas de que Diouf seguira no Breogán, pero para responder, esta pregunta igual habería que facerlla a el. Diouf foi un xogador moi importante no Breogán dos últimos anos e penso que medrou como xogador aquí, agora xa non está e debemos pasar páxina, el está no seu dereito de escoller o destino que mellor lle conveña. O que non vai cambiar e a miña amizade con el, foi un xogador especial co que conectei dende o primeiro momento.

Supoño que se barallaron moitos nomes ao longo de todo o verán. Quédache algunha espiña cravada por algún dos que non se puido acadar?

Iso pasa en todos os veráns, sempre se ten algún xogador que se quere e que o final non pode ser por diferentes motivos, iso sempre pasará, incluso o Barcelona seguro que non pode fichar todo o que eles desexan. Neses casos o mais importante e ter varias opcións por si as primeiras opción fallasen.

Centrándonos xa no equipo que conformaches, a nivel xeral cales cres que serán as súas virtudes? E as súas carencias?

As virtudes haberá que ir vendo conforme evoluciona a tempada, pero penso que temos un maior abanico de xogadores que poidan aportar cousas, aínda que moitas estarán a expensas da súa adaptación xa que temos un equipo con oito xogadores novos e moitos sendo a primeira vez que xogan en España. As carencias haberá que ir véndoas tamén, analizándoas e poñéndolles solución durante a tempada, o noso traballo radicara en buscar solución as carencias que mostre o equipo.

Qué idea de xogo tes para este ano?

A idea de xogo debe partir como o ano pasado dende unha defensa sólida, a partir de aí temos que correr mais co ano pasado, é unha das cousas que temos que cambiar. En ataque manter a liña de xogo disciplinado que tiñamos o ano pasado.

En qué coidas que gañamos e en qué perdemos respecto ao curso pasado?

Penso que gañamos como dixen antes en fondo de armario, aínda que hai xogadores que terán que dar un paso adiante. O que perdemos aínda está por ver.

Xogador por xogador, e comezando polo base… Produciuse o retorno dun moi querido como Dani López, que por experiencia debería ser un dos líderes deste vestiario. Qué agardas del?

De Dani espero, como ti dis, que sexa o líder do equipo. Nunha plantilla tan nova, el é o único veterán e ten que demostralo tanto na pista como no vestiario. No xogo vainos dar consistencia e solidez atrás, orde na parcela ofensiva e un chisco mais de velocidade no xogo.

Dani López volve á que fora a súa casa  Foto: @patmas16

Dani López volve á que fora a súa casa
Foto: @patmas16

Seguindo na posición de base, o lucense Chapela está ante o que deberá ser o ano da súa confirmación. Qué esperas del, e como o ves?

Chapela como xa dixen, ten que dar un paso adiante, xa pasou o ano de adaptación e agora debe demostrar o xogador que é porque para nos e moi importante ter un segundo base de garantías.

Chapela recibindo instruccións de Lisardo Foto: @patmas16

Chapela recibindo instruccións de Lisardo
Foto: @patmas16

Nos escoltas, renovamos a un dos máis queridos polo seu compromiso Álex López, un xogador que ven demostrando un progreso continuo ao longo da súa carreira. De cara a este ano agardase un mellor rendemento?

Alex López outro xogador que debe crecer, pero sen presas, mantendo o seu rol no equipo, pero mellorando tanto na parcela ofensiva como defensiva. Ano tras ano vai mellorando e será un deses xogadores que son importantes en tódolos equipos e que fan un pouco de todo, será moi importante a súa polivalencia no xogo.

O outro escolta será para a que pode ser unha das fichaxes do ano, Álex Llorca. Un xogador con moito nome nesta liga e que é todo un líder dentro e fora da pista. Cómo valoras a súa incorporación?

Llorca é un xogador completo, bo e completo na parcela ofensiva e o mesmo na defensiva, ten carácter gañador e sabe que ten que traballar duro para medrar. A súa liña ascendente nas últimas tempadas foi un factor clave na súa contratación.

Llorca rompendo a defensa do Obradoiro Foto: @patmas16

Llorca rompendo a defensa do Obradoiro
Foto: @patmas16

O noso tres alto será Osvaldas Matulionis, outro xogador que se fixo un nome e que apunta a ser unha das sensacións da liga e que está dando un alto nivel na pretempada. Cal será o seu papel no Breo 2014/2015?

Osvaldas e o noso tres, pero aparte de darnos solidez e dureza atrás vai dar moito na parcela ofensiva, capaz de facer moitas cousas e cun gran tiro exterior.

Osvaldas Matulionis, a sensación da pretempadas Foto: @patmas16

Osvaldas Matulionis, a sensación da pretempadas
Foto: @patmas16

Pecha o xogo interior Justas Tamulis, da escola lituana. Sen ser un 3 puro xogará nesa posición, e parece un tirador nato. Chega en propiedade ou cedido? Qué máis pode aportar?

Justas chega en propiedade, a súa principal virtude é o tiro, pero é capaz de facer mais cousas, de feito na pretempada buscou mais as penetracións e en defensa deu un traballo aceptable, a súa adaptación a liga será clave no seu rendemento.

 

No xogo interior, parece que un claro referente será Mamadou Samb que volta á liga a reivindicarse. Semella o relevo de Diouf, en qué aspectos mellorará e/ou empeorará ao seu predecesor?

Samb é un xogador diferente a Diouf, veremos que tal se adapta a ese rol de xogador importante despois de tres anos sen xogar practicamente nada. A pretempada non foi a idónea polos seus problemas físicos, pero o que xa demostrou é a súa profesionalidade e sacrificio. Terá que ser un dos xogadores importantes tanto adiante como atrás.

O referente interior será para Samb Foto: @patmas16

Mamadou Samb está chamado a ser o referente interior
Foto: @patmas16

Para substituír a Samb nestes días chega Mortellaro, xogou o ano pasado? Qué nos vai dar?

Estivo en varios equipos, en Hungría, Francia e Italia. Poucos partidos, non sei porqué, pero xogou.

Qué nos vai dar? Outro xogador interior máis para xogar os 5×5, experiencia que tamén nos fai falla, e é un xogador que sen facer grandísimas cousas sempre fixo bos partidos, ben en defensa e sen maravillas en ataque pero eficaz. É un interior que tapa moitos buratos nos equipos que xoga, esumado a súa experiencia e a fame por gañar un posto seguramente nos dea moito.

O último en chegar, pero non por elo menos importante, foi Kenny Lawson, xogador que deixou detalles da súa calidade nalgúns dos partidos que vimos, pero que aínda ten que adaptarse ao noso xogo.

Lawson e un xogador que debe ser importante para nos, o seu xogo interior e a súa capacidade de abrir o campo da moitas opción en ataque, no traballo defensivo debe adaptarse rápido o que é a liga e a o que eu quero.

Outra das incorporacións de renome foi a de Kevin Van Wijk. O xogador holandés está plenamente adaptado á liga e semella que pode dar un paso adiante tras a súa gran tempada en Oviedo. Qué nos destacarías del?

Kevin é deses xogadores que todo adestrador quere no seu equipo, sempre traballando e sempre sumando, coñece a liga, o que é unha cousa moi importante. Dentro do traballo que fará tentaremos que mellore individualmente para que sexa un xogador importante.

Finalmente outra das incógnitas é Brandon Edwards, alcumado Megatron. Supoñemos que será un dos que necesite un maior período de adaptación para ver o seu verdadeiro potencial, pero semella moi forte fisicamente a pesar da súa estatura. Qué nos pode aportar este debutante como profesional?

Brandon ten a súa primeira experiencia profesional, e seguro que lle custará arrancar. O que si demostra é unha gran capacidade de traballo e iso vaille a axudar a que todo sexa mais fácil e rápido, irá medrando según avance a tempada.

Falando xa da liga, a quen ves de favoritos?

Se lle preguntamos a maioría da xente que segue a liga, seguro que o 99% di que Palencia e Burgos están un ou dous chanzos por riba dos demais. Nun segundo grupo estaríamos nós mais Melilla, Oviedo, Valladolid, Ourense, Palma e seguro que algún equipo mais.

Cal cres que será o lugar do Breogán, ou cando menos a súa meta?

Nos debemos partir da premisa do partido a partido, a nosa irregular pretempada crea unhas certas dúbidas que debemos ir disipando con moito traballo. Seguramente vainos custar mais do esperado o arranque, pero vendo o traballo diario, iremos crecendo e seremos un equipo que irá de menos a mais. Obviamente debemos evitar unha mala dinámica de resultados, xa que nunha plantilla tan nova pode ser moi negativo, e tentar chegar o mellor posible a recta final da competición.

E para finalizar, como adestrador, como encaras esta nova tempada? A base de experiencia coidas que serás un mellor técnico este curso? En qué se pode mellorar dende o banco o ano pasado?

Sempre se pode mellorar, eu son unha persoa moi crítica, só desa maneira se consigue ir cara arriba. Hai xente que pensa que sabe moito ou que sempre leva a razón, eu son consciente de que aínda me queda moitísimo por mellorar e cada día aprendo cousas novas. Non sei se será bo, pero a persoa mais crítica comigo, son eu mesmo, e a xente que me rodea sabeo ben, por iso traballo arreo cada día para mellorar.

 

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 30 Setembro 2014, in Entrevistas, Xeral. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Una duda: en la tercera pregunta le preguntáis a Lisardo por el equipo que conformó. ¿Eso quiere decir que fue él el principal responsable en los fichajes? La idea que hay es que fue JC Castro el responsable en este campo, pero según vosotros en realidad fue Lisardo el que hizo el equipo.
    Si es así no entiendo el ensañamiento de este último mes con Castro y que no se haya reprochado al entrenador la confección de una plantilla quenpor ahora no funciona.
    Un saludo. Forza Breo.

    • Ola! Efectivamente Lisardo foi un dos responsables de conformar o equipo, en sintonía co resto da comisión deportiva. As inxerencias de JCC van máis alá das fichaxes, que tamén. Pero hoxe o importante é que xogamos con Burgos. Xa haberá tempo pa esto. Forza Breo.

      • Gracias por responder. Espero que algún día se clarifique el esquema organizativo de la SAD para poder pedir responsabilidades de una forma clara.
        Forza Breo y a por Burgos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.