Xeral

A contrarreloxo do Breogán

Agardo que me permitan este símil ciclista ante o que van ser estes últimos días de setembro en Lugo e no que o tempo xoga en contra do cadro lucense. E é que a preocupación é patente en todo o breoganismo. Un non sabe moi ben a qué achacalas e xa se puideron ler todo tipo de teorías sobre as nosas debilidades ou carencias.

Foto de @patmas16
Foto de @patmas16

 

Especialmente interesante paréceme a análise que fai hoxe o gran Paco Basanta no seu artigo diario no Progreso, onde apunta certas posibilidades con bastante tino e poñendo unha ración de coherencia enriba da mesa ante as apocalípticas impresións de moitos de nós.

A tardanza na incorporación dos xogadores a bo seguro que inflúe cun adestrador tan táctico como Lisardo, ao igual que o feito dunha pretempada cuxo deseño pode ser cuestionado con unha clara acumulación de encontros case na mesma semana e outras sen espazo para probarse ante outros rivais. Apunta tamén Paco á carga física e táctica tan elevada que coincidiu con estes encontros, e sen dúbida que pode ter certa influencia, visto o baixón a nivel defensivo dende a Copa Galica ata este último torneo Lugo é basket.

A incorporación de xogadores novos tamén, Chapela, Tamulis e Edwards son xogadores que irán medrando co paso da competición, o cal invita ao optimismo ante un panorama tan negro.

Sobre o xogo interior, está claro que necesitamos que Samb se converta nun referente e máis pausado, pero vista a evolución que tivo o seu antencesor Diouf, temos motivos para confiar en que Samb tamén poida ser un xogador dominante na liga. Se van Wijk da un nivel máis que aceptable (como apunta) e Lawson e Edwards se aclimatan ben ao noso xogo, teremos un gran xogo interior, algo que non se apreciou esta fin de semana ante COB e Valladolid.

Por último, algo non menos importante. Apuntase á carencia de efectivos para xogar 5×5 ca caída do convenio con Estudiantes. Neste caso, creo que poderían buscarse alternativas para os adestramentos, ben sexa con Estudiantes, Sagrado Corazón, Chantada… Un convenio xusto e no que se recompense ao xogador que bote unha man sen máis, sen ataduras anuais con ningún club nin pagando unha taxa invariable sexan cales sexan os resultados. E ao igual que dende a secretaría se conseguiron no pasado xogadores becados para o club vinculado, non sería posible conseguir a dous ou tres que se poidan establecer nos diferentes clubs da provincia? Evidentemente a calidade de adestramento non sería a mesma, pero é posible que algún xogador ante a posibilidade de poder adestrar, e quen sabe se xogar, nun Leb Ouro vexa esta unha opción atractiva. Claro que para iso ten que haber vontade por parte de ambos clubs e das persoas encargadas de esta xestión.

O tempo que queda é pouco: o encontro ante Burgos será en 15 días. Pese ás malas sensacións, haberá que confiar no traballo do corpo técnico ao completo, e agardemos a ansiada progresión tanto inmediatamente como ao longo do curso. Ninguén dixo que ser do Breo sexa fácil.

2 opiniones sobre “A contrarreloxo do Breogán”

    1. Son opinións, sen máis. Cada un podemos velo de unha forma ou outra, pero non negamos que a imaxe foi moi mala. Se nos levamtamos ou non… Haberá que velo

      Apertas

Deixa unha resposta a Bell Cancelar a resposta