Previa Lugo é Basket

lugo é basket

Chega a Lugo o primeiro torneo “Lugo é Basket”, organizado pola asociación Xuvenil Sagrado Corazón de Lugo e que contará hoxe e mañá cun cartel de luxo no Pazo Universitario. Enfrontaranse en formato cuadrangular o Clube Ourense Baloncesto, o Leyma Coruña, o C.B. Valladolid e o Ribeira Sacra Breogán. As semifinais comezarán hoxe cun atractivo Leyma-Valladolid ao que seguirá o derbi galego por excelencia, COB-Breogán. Terceiro e cuarto posto e final serán celebradas o domingo pola tarde.
Superado o ecuador das pretempadas para os conxuntos da LEB Ouro, será unha boa ocasión para comprobar o estado de forma de catro planteis que loitarán ao longo do inverno pola zona media-alta da categoría.

Leyma-Valladolid

Choque moi igualado entre dous planteis moi renovados pero de gran nivel. O conxunto herculino que dirixe o lucense Tito Díaz, caracterízase por ser un equipo moi xoven, con moitos debutantes na categoría pero non exentos de calidade individual. Un equipo que irá a máis co paso das xornadas. A destacar no xogo de perímetro o veterán escolta Chus Castro e o xoven aleiro Albert Homs. Por dentro, o xigante Dobos é unha das principais referencias.
Pola contra, o conxunto pucelano é un equipo moito máis veterán que o coruñés. Conta con xogadores curtidos en mil batallas como Román Montañez ou Hernández Sonseca, combinados con xóvenes talentos como o base Mikel Uriz ou o ala pívot Javi Lucas. No debe do conxunto vallisoletano atópase o feito de ser un plantel moi curto, ao que hai que sumar a lesión de Moncasi e a ausencia de Rakocevic por problemas burocráticos no seu país.

COB-Breogán

Segunda vez que se verán as caras estos dous conxuntos no que vai de pretempada logo de xogar un amistoso en Ribadeo que se decantou do lado celeste por 10 puntos de diferenza.
Sen dúbida ambos equipos chegan á cita de hoxe moito máis rodados que naquela ocasión, polo que o partido non terá moito que ver. O conxunto ourensán confeccionou un plantel de máximas garantías e en tempo record logo dos problemas que tivo no verán para poder inscribirse na LEB Ouro. No xogo de perímetro destaca a presenza de Salvo Arco por encima das demáis, pero ben acompañado de xogadores como o base Rivero, Marcos Suka ou Edu Martínez. Por dentro, Guillermo Rejón e Busma son os máis destacados.
No conxunto celeste, logo de 4 amistosos e cunha semana máis de preparación con todos os xogadores a disposición de Lisardo Gómez, veremos un equipo máis rodado en ataque, parcela na que se viu máis floxo aos breoganistas durante a Copa Galicia. Sen dúbida, estamos ante unha gran ocasión de comprobar a evolución do Breogán a longo da última semana.
No equipo lucense, no que vai de pretempada os xogadores máis destacados están a ser:

Anotación:

Osvaldas Matulionis (15 puntos por partido)
Mamadou Samb (10 puntos por partido)
Álex Llorca (10 puntos por partido)

Rebotes:

Van Wijk (6,75 rebotes por partido)
Brandon Edwards (6,50 por partido)
Mamadou Samb (6,25 por partido)

Asistencias:

Dani López (2,4 por partido)
Osvaldas Matulionis (2 por partido)
Adrián Chapela (1,75 por partido)

Valoración:

Osvaldas Matulionis (15 por partido)
Mamadou Samb (12,25 por partido)
Van Wijk (10,75 por partido)

Sen dúbida, este fin de semana estamos ante un atractivo campeonato en Lugo no que coa pretempada xa ben avanzada, o Breogán disporá dunha boa pedra de toque para medir o seu estado de forma ante tres rivais de entidade e da súa propia categoría.

Advertisements

Posted on 20 Setembro 2014, in Encontros, Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.