Entrevistando a @LisardoGomez

Na entrevista de hoxe, toca analizar co adestrador Lisardo Gómez moitos dos asuntos que preocupan ao afeccionado lucense acerca do Breogán que veremos no vindeiro curso, e na que o adestrador ten claro que seremos o mellor equipo.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.


Tras a última reunión do consello de administración, supoño que xa podes facerte unha idea máis clara da confección do equipo. Qué estrutura de plantilla ten pensado Lisardo para a 2014/2015?

Iremos vendo segundo como vaia o orzamento, as fichaxes, as renovacións, nunca se sabe: ao mellor hai que invertir máis nun xogador, hai que facer un esforzo por alguén que marque diferenzas na categoría… Pero tentaremos dez ou once, a idea é confirmar dez xogadores e se podo ser, un máis. O xogador número 11 buscarase que sexa alguén novo. Se non tamén a metade de tempada se mirará de fichar, xa que suporía menos gasto. Iso si, non sei en que posto porque dependerá do que saia.

Xa temos dous primeiros nomes, qué agardas desta segunda tempada de Adrián Chapela?

Obviamente, que de un paso ou dous adiante. É un xogador que deu un salto moi grande dende EBA a Ouro, solventouno o primeiro ano. Pero agora xa coñece a liga e os rivais, hai que esixirlle máis cousas a nivel defensivo, ofensivo, maior responsabilidade… Dentro da mala nova que foi que non fose ca selección, está aproveitando para traballar o físico. En definitiva, para ter aspiracións hai que pedirlle máis.

E qué me dis da nova fichaxe, Osvaldas Matulionis?

Un pouco o que xa dixen noutros medios: é un xogador novo, que xa coñecía das categorías inferiores de Lituania. Ten un potencial moi grande, vai ir a máis seguro. Pode aportar moito ofensivamente, xogando de costas, de cara, sen balón e tiro exterior. A nivel defensivo mellorou moito, é un duro e pode defender ao 2 ou 3. Vai ser importante.

Haberá novidades nos próximos días?

Fai pouco parecía que estaba todo moi parado, pero hai avances en certos temas, non sei se en canto tempo pero haberá novidades. Sen tirar a casa pola ventá, por suposto, pero temos que aproveitar este parón. Aínda que algúns se están movendo moito como Melilla, están parados clubs importantes como Valladolid, Burgos ou Palencia.

O mercado está caro, e supoño que a condición de SAD segue a facernos dano á hora de competir con outros clubs, non si?

Obviamente, todo o mundo sabe que o tema de ser SAD é un condicionante, a nivel de competir cos demais nos temos que tirar pola opción de convencelos de loitar por poder subir (administrativamente), pero economicamente non podemos tanto. Aínda así temos que facer un equipo ilusionante e esquecernos un pouco dos demais. Algo que lles dicía o ano pasado aos nosos, non seremos a mellor plantilla pero si o mellor equipo.

Semellan estar lonxe as renovacións de Dani Rodríguez e Diouf, ou hai posibilidade destas dúas?

Bueno, están lonxe, nun caso un deles ten ofertas superiores, moi importantes, e no outro caso está agardando ofertas de ACB ou que sexan importantes. Pero como todos os xogadores importantes da liga, que están esperando ofertas mellores. Poucos xogadores renuncian ao diñeiro por xogar aquí, aínda que algún estou seguro que o fará. É ollo, paréceme totalmente respetábel que miren o tema económico.

E no caso de Álex López que se daba por feito, como está a situación?

Ben, seguimos tratando o asunto. A predisposición do xogador por xogar en Lugo é boa, e a miña especialmente tamén o é, é un xogador que pode facer moitas cousas , que está en progresión e pode dar moito máis aínda. O certo é que cando dúas persoas teñen un obxectivo común este adoita a cumprirse. Son optimista, pero nunca se sabe.

Hai interese porque siga Laso? Como está esta cuestión?

Si. E isto que vou dicir é aplicable a todos os ex xogadores do ano pasado. O noso equipo é tacticamente complexo e todo o que se poida reter será positivo. Laso tivo un rendemento ascendente, pero é outro que ten moitas noivas, e o tema económico pesará. Non imos sobrepagar a ningún porque non nolo podemos permitir.

Ca fichaxe mantense aberta a opción dun Palsson que quedou libre?

Si, é un xogador que obviamente encaixaría perfectamente. O ano pasado encaixou con Pablo, pero si é certo que queremos ver todas as opcións e non descartamos tampouco xogar con tres aleiros pequenos e un alto, non nos imos pechar a outro aleiro alto. Tamén hai que ver a opción dun catro que poida xogar minutos de tres. Temos moi claro que o ano pasado o tiro exterior era un problema e queremos arranxalo este ano. Pero Palsson é un xogador moi do meu agrado e que estaba moi contento en Lugo e comigo. É moi interesante, e tamén novo e con progresión.

E para rematar, hai algo perfilado para a pretempada? Qué idea tes ao respecto?

Si, temos miradas varias cousas, algunhas novidosas, pero está todo no aire e non vou comentar moito de momento. O que si que teño claro é que temos que empezar a última semana de agosto ca chegada de xogadores, recoñecementos e a preparación física. As cousas que tentamos na pretempada buscamos que sexan rendibles no económico. Buscaremos 7-8 partidos de pretempada, sempre atentos a como vai a Copa Galicia.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 9 Xullo 2014, in Entrevistas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.