Repaso da actualidade con Alberte Fernández Fraga

Na mañá de onte rematou o prazo para inscribir os equipos en Leb Oro de cara a vindeira tempada 14/15, na mesma mañá que se anunciou a fichaxe de Osvaldas Matulionis polo club celeste. Para todo isto, falamos co conselleiro Alberte Fdez. Fraga.

Consello

Pois xa temos encarada a tempada que ven, está o equipo inscrito a tódolos efectos?

Si, está presentada toda a documentación requirida, e en principio non debería haber ningún problema.

A pasada tempada rematou cun balance económico positivo finalmente?

Si, unha vez feito un avance provisional, e recalco o de provisional porque aínda faltan algunhas cantidades por cuantificar, presentariamos un superávit que andaría en torno aos 40000 euros aproximadamente.

Está contemplado nel o despido traballadora?

Efectivamente, está presupostado. Traballamos sobre apuntes reais, están todos os ex traballadores finiquitados, hai un acordo por ambas partes.

E a débeda con Raúl, como se vai a resolver?

Co tema de Raúl, con Monbús, hai compromisos de anteriores consellos de administración. Nós estamos a cumprir acordos anteriores, dos que algunhas partes están finiquitadas, pero quedan outras partes pendentes, nas que avanzaremos para deixalas solucionadas.

O tema do transporte e publicidade con Monbús manterase?

Iniciaremos conversas para acadar un acordo óptimo.

Contamos no novo presuposto con Ribeira Sacra como patrocinador?

Temos un compromiso de que Ribeira Sacra vai seguir apoiando ao equipo, pero seguimos buscando novos patrocinadores. En breve imos iniciar unha rolda de visitas a institucións e empresas para ver de acadar novos patrocinios.

Traballase entón en novas fontes de ingreso, tanto grandes como pequenos patrocinios?

Claro, de feito pequenos patrocinios xa temos captada a algunha pequena empresa. Quero destacar que para nós ten moito valor este tipo de patrocinios, xa que aínda que sexa un patrocinio cuantitativamente baixo, cualitativamente é un grande aporte. En definitiva, estamos tocando a pequenos e grandes patrocinios.

Valoráchedes a opción de potenciar publicidade a pequenos patrocinadores na web como fan algúns outros clubs?

Pois en principio non o fixemos, pero recollo ese guante e valoraremos dita cuestión.

O convenio Estudiantes rematou, vaise a retomar?

Agora mesmo a situación é que o convenio finiquitou o día 30 d xuño. O que fixemos foi comprometernos ambas partes, e quedamos en intercambiar borradores para ver que puntos temos en común, que ideas temos sobre un futuro convenio e traballar sobre iso. Non temos urxencia en pechar o tema, queremos péchalo ben e non péchalo dunha forma que non guste a algunha das partes.

Estudouse facelo con algún outro club?

Non estamos pechados a ningún club.

A planificación deportiva está definida con Lisardo a cabeza?

Sen dúbida, o equipo da tempada 14/15 é o equipo que Lisardo quere, obviamente limitado polas restricións que impón o presuposto.

Hai algunha nova das accións, pese a ser este un tema que depende da Deputación?

Pois no último consello saíu este tema e o presidente do consello (que como ben sabedes é a súa vez vicepresidente da Deputación) comentou que dados os tramites administrativos precisos, se entendía por parte da Deputación que ata mediados de setembro ou comezos de outubro non se resolvería o tema.

Para finalizar, persoalmente, que tal esta curta pero intensa experiencia como directivo de Breogán?

Pois deches ca palabra clave, intenso. É unha experiencia novidosa, atractiva e que supón saber que estás nun club histórico e con gran potencial, pero que ao meu xuízo arrastraba unhas carencias que se trata de solventar neste momento. A palabra sería sen dúbida moi intensa pero tamén atractiva. Quero insistir así mesmo en que este consello quere ter como sinais de identidade a transparencia,o diálogo permanente e o compromiso.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 5 Xullo 2014, in Entrevistas, Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.