Monthly Archives: Xullo 2014

O Breo comeza a moverse no xogo interior

image

O Breogán está buscando alternativas por se finalmente Michel Diouf non renovase co cadro dirixido por Lisardo Gómez. Segundo nos achegan fontes fiables do periodismo deportivo a nivel nacional, confirmase o interese firme por Taylor Coppenrath. O xogador americano foi o gran dominador da liga nos últimos anos,  e arrastra no seu haber gran número de ascensos (aínda que logo non chegaran a producirse administrativamente). Tanto Mich Diouf coma o pivot americano son, sen dúbida, dúas das pezas máis codiciadas no mercado Leb. Agora a dúbida é se o Breo será quen de convencer a algún dos dous para pasar a formar parte dun ilusionante proxecto no que xa se enrolaron Chapela, Dani López, Álex López, Álex Llorca e Osvaldas Matulionis.

Outro dos nomes que sitúan na órbita lucense (en pugna con Palencia) é o dun dos xogadores máis prometedores do panorama Leb, Pierre Oriola. Compre decir que este punto non puido ser confirmado por este medio. Tamén preguntaría o club lucense por un pivot comunitario que disputou moitos minutos no pasado curso. Deste xeito parece claro que se busca ter un potente xogo interior que permita competir cos máis fortes da liga.

Entrevistando a @LisardoGomez

Na entrevista de hoxe, toca analizar co adestrador Lisardo Gómez moitos dos asuntos que preocupan ao afeccionado lucense acerca do Breogán que veremos no vindeiro curso, e na que o adestrador ten claro que seremos o mellor equipo.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Observando o quecemento. Foto de Pat M.A.S.

Read the rest of this entry

Repaso da actualidade con Alberte Fernández Fraga

Na mañá de onte rematou o prazo para inscribir os equipos en Leb Oro de cara a vindeira tempada 14/15, na mesma mañá que se anunciou a fichaxe de Osvaldas Matulionis polo club celeste. Para todo isto, falamos co conselleiro Alberte Fdez. Fraga.

Consello Read the rest of this entry

O Breogán 2014/15 comeza a andar

Rematado o exercicio económico 2013/14 o 30 de Xuño, logo de 15 días sen case novidades, parece que van chegando as primeiras novas logo do Consello de Administración celebrado onte polos rectores breoganistas.

Segundo se puido saber, a tempada rematarase cun pequeno superávit de case 40.000 euros. Sen dúbida unha boa nova para as “tocadas” arcas celestes. Cabe destacar ao respecto que esta ganancia económica foi posible en gran medida ao patrocinio de última hora de Ribeira Sacra, un montante económico de aproximadamente o dobre do inicialmente presupostado para patrocinio principal.

De cara á vindeira tempada estableceuse un orzamento de mínimos para o correcto funcionamento da S.A.D., en torno aos 900.000 euros, unha cifra lixeiramente inferior a da tempada pasada. Tendo en conta que o clube conta con dous traballadores menos, pódese dicir que o orzamento será practicamente igual.

Sen dúbida, esta cifra marcará o que será a confección do novo plantel breoganista. Posiblemente a cifra destinada á parcela deportiva non exceda dos 500.000 euros (técnicos incluidos). Un ano máis haberá que axustar ao máximo as contratacións de xogadores para conseguir un plantel capaz de loitar entre os cinco mellores da categoría. Sen dúbida, a cara estrutura non deportiva da S.A.D. segue a marcar o futuro inminente da entidade. Quizais un esforzo orzamentario de non máis de 100.000 euros desen para loitar de forma clara polo ascenso á liga ACB.

Unha vez coñecida a cifra orzamentaria, podemos facernos unha idea de que posición económica teremos no mercado. Tres entidades parten con superioridade clara respecto a nós: Tizona S.A.D., Palencia Baloncesto e Melilla. Haberá que coñecer que proxecto pretende facer o descendido Valladolid do que ninguén sabe nada, pero que de competir finalmente en Ouro, posiblemente saia neste grupo de cabeza.

Ao noso nivel económico, a priori, situarase a terceira S.A.D. da competición, Club Ourense Baloncesto, e pode que chegue con forza un Huesca que ten previsto atopar sponsor. Outros proxectos como Coruña, Clavijo ou Oviedo poderían non situarse moi lonxe dos anteriores.

Polo tanto, un ano máis, tocará afinar moito á hora de fichar, esperar que as lesións por fin nos respeten e confiar no bo facer de Lisardo Gómez e compañía, para lograr facer un bloque de garantías que a nivel deportivo nos permita loitar entre os favoritos pola primeira praza ou pola mellor posición posible de cara os playoffs finais. Un bloque que se presume que volverá a ser curto en canto a número de efectivos se refire.

Nos próximos días, confirmaranse as primeiras e pode que únicas renovacións do conxunto celeste. Logo do hoxe renovado Adrián Chapela, Álex López parece próximo a chegar a un acordo co clube. Outro xogador exterior podería estar preto de incorporarse. Haberá que ver como evoluciona o mercado para saber se podemos reter algún xogador máis do curso pasado. Dende logo, non parece fácil, se ben tampouco está descartado.

Chegado a un acordo de indemnización cunha ex traballadora, queda por saber que pasará coas débedas pendentes da S.A.D. coa Xunta de Galicia e con Raúl López, a deste último por un montante duns 120.000 euros. Según parece, o convenio de publicidade coa súa empresa remataba este 30 de Xuño. Non transcendeu se existe a posibilidade de amplialo para compensar a débeda restante ou se pola contra finalizaron os anos de publicidade establecidos trala súa marcha e hai que aboar o restante en efectivo. De ser así, descoñécese como e cando se fará fronte a eles xa que non parece que, salvo ingresos de última hora, se lle poida facer fronte no vindeiro curso co orzamento establecido.

Tampouco se coñece de forma oficial se Ribeira Sacra segue a ser o patrocinador principal unha tempada máis. Todo parece indicar que si, se ben tamén se estaría traballando en atopar algún pequeno copatrocinador de garantías.

Onte día 1 de Xullo comezou a 49ª tempada de Breogán. Unha tempada que estará marcada polo cambio na dirección da Sociedade. Un curso que confiamos poida ser “o ano” da entidade celeste. Entre todos hai que conseguilo.

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.