Entrevistando a @AdrianChapela8

Hoxe falamos co único xogador de Lugo que militou no Breogán na pasada temporada, Adrián Chapela, quen tivo a responsabilidade de levar os mandos da nave breoganista dende o posto de base. Neste momento está adestrando, xa pensando na nova tempada que todo apunta a que será co Breogán.

Bl0zzOxIQAEa0SV

Entón de momento estás adestrando, ¿aínda non chegou a hora das vacacións?

De momento aínda non, falei xa con moita xente, incluso con Lisardo, que me dicía (coido que en broma) “oxalá que non te chamen da selección para centrarte no traballo e en mellorar os puntos débiles”. Quero aproveitar máis que nunca para mellorar todo o que poida.

A nivel do club, ¿qué balance fas da tempada que ven de rematar o pasado mes?

O mesmo que din os meus compañeiros, creo que fixemos unha boa liga regular, acabando ben. Quedounos o sabor amargo ao non conseguir pasar ou non poder competir con Burgos, sobre todo pola afección que estaba ilusionada, pero pesaron moito as lesións. Diría que un notable alto pero que poderiamos facer algo máis.

¿Qué che aportou esta primeira tempada completa no Breogán?

Este era o primeiro como profesional, como para moitos outros rapaces, é un ano complicado. Entras cunha dinámica diferente. O rol era diferente, tocou xogar ao que tiña que xogar. Resultoume un pouco complicado ao principio, pero favoreceume o estar algo en dinámica o ano anterior. A miña tempada foi algo irregular, pero quedo co bo fin de temporada.

En canto a túa posible renovación, dáse case por un feito. ¿Cómo está a cousa neste momento? ¿Tiveches contacto xa co club? ¿E co adestrador?

Si, falei varias veces con Lisardo do tema, pero aínda non sei nada seguro. Falei co meu axente e non hai novas aínda. Pero eu son de Lugo, e como na casa en ningún lado. Teño ilusión por demostrar que podo dar moito máis. Como dicía non hai nada definido e o verán é longo e acaba de empezar.

A túa carreira está empezando, pero xa tes experiencia en LEB e ca selección española. ¿cal foi o xogador máis talentoso ao que te enfrontaches? ¿Pode que che tocase defender a Dante Exum?

Defender non, que ese partido non o xoguei. A bote pronto diría que Dario Saric. Xoguei dous amistosos contra el e tamén no mundial. É o mellor xogador de Europa da miña idade con diferenza. Para min será un dos mellores.

¿E en canto a compañeiros?

De compañeiros tiven a sorte de ter a Guillermo Hernángomez. En España hai poucos pívots tan determinantes como el. Ten moito talento e pode chegar a selección absoluta. Sendo Junior de primeiro ano tamén fixen media temporada con Breogán e estiven con James Feldeine de compañeiro, que tamén me sorprendeu.

 Dos xogadores da canteira lucense, ¿hai algún ao que vexas pronto no Breogán?

Agora mesmo estou adestrando con eles para non perder a forma. Neste caso coincido con todo o mundo, que fala de Brais Gago, a quen felicito dende aquí por esa merecidísima convocatoria ca selección. E tamén a Sergi Quintela. Os dous poderían estar perfectamente integrados no Breogán. Supoño que todo isto dependerá de cómo se faga a plantilla, se 10+2 vinculados ou 11+1.

O teu salto ao primeiro equipo foi directo a un posto con moita responsabilidade, o de base, no que tivo minutos importantes. E no Breogán, sempre foi un posto máis complicado se cabe. ¿Cómo o levaches?

Sempre o digo, son unha persoa tranquila, céntrome en min e no equipo, en traballar e mellorar. Non sentín ningunha presión, se acaso os nervios de comezar a xogar nun club tan grande como é o Breogán, pero axudoume toda a confianza que me deu Lisardo. Tentei facelo sempre o mellor que puiden, asumindo pouco a pouco máis responsabilidade e mellorando o meu xogo.

¿Algún ídolo baloncestístico?

Aínda que esta tempada non o vin moi ben, o meu ídolo na ACB sempre foi Navarro. E na NBA, aínda que tampouco tivo boa tempada, foi Kobe Bryant.

¿Segues algún outro deporte?

Vivo por e para o deporte. Vexo todo o deporte que hai na TV. Gústame o fútbol, agora mesmo estou vendo o España-Chile, sigo moito a Nadal… E gústame moito o voley, deporte do que miña nai foi xogadora profesional e que aproveito sempre que podo para practicar na praia.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 20 Xuño 2014, in Entrevistas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.