A tensa espera

consello e breo

Neste momento é difícil predicir como quedará o Breogán nun futuro próximo. Da venda de accións, pouco ou nada se sabe. Rumorease que algunha empresa puido comprar pero sen gran afán de pasar a formar parte do consello. Tamén é público que directivos ou persoas moi vinculados ao Estudiantes teñen intención de mercar accións e participaron no proceso. O obxectivo descoñecémolo, pero dise nos mentideiros da cidade que cando menos queren obter un representante no consello de administración. Pode crerse que para volver con políticas tantas veces rexeitadas por un importante sector da afección. A secretaría técnica, partidaria desta mesma política (lembremos, unha vez máis, as verbas de despedida de Pepe Rodríguez), sen dúbida recibiría esta nova con agrado. Se pola contra a intención é a de colaborar co Breogán, serán todos benvidos.

Tamén é ben certo que podemos ter ideas diferentes de qué debe ser o Breogán, que non se ofenda ninguén. Non todos teñen que compartir o punto de vista do que lles escribe, cuxa idea é ter o mellor equipo posible cos cartos que nos poidamos permitir, nin máis nin menos.

Así, esta espera faise tensa para os que agardamos coñecer cal será o futuro do Breogán.

E mentres agardamos tócalle seguir á fronte a este consello. Presidido por Veiga, pero que ten como cabezas visíbeis a Alberte Fdez Fraga e Alfonso Orol. Un consello que cando se formou, sen lugar a dúbidas creou inseguridade no que aquí escribe. Primeiro por producirse nun momento moi convulso, trala saída de catro conselleiros ante as discrepancias internas. E en segundo lugar por ser xente elixida, ou cando menos afín, a quen tantas dúbidas nos xerou durante a venda do Breogán.

Sen dúbida, as súas intencións foron boas dende un comezo, pero aínda así, a maioría de afeccionados mantivémonos expectantes e vixiantes. Desconfiabamos. Pediron tempo para ver resultados e así lle lo concedemos, aínda con todas as dúbidas. Non é menos certo que durante este tempo tamén expresamos as nosas críticas cando o consideramos oportuno. Co paso do tempo teño a certeza de que algunhas destas críticas foron desacertadas (cando menos pola miña parte).

E como non me caen os aneis por facelo, pretendo nesta ocasión recoñecer o seu traballo e apoialos para seguir na liña que están traballando, con decisión. A proba: o seu total respaldo ao noso adestrador e corpo técnico.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 27 Maio 2014, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.