Loitar ou morrer

O pasado venres rematou a tempada 2013/2014 para o Breogán. A tempada pode calificarse de notable: o obxectivo era como mínimo meterse nos playoff con factor cancha a favor e pelexar. Caer en semifinais ante un gran equipo como Burgos e con un equipo tan mermado como estaba o de Lisardo non é para estar decepcionados, máis alá das amplas diferenzas encaixadas. Posiblemente vexamos a este Burgos o ano que ven en ACB, e a piques estivemos de darlles un susto na súa casa. E sobre todo albiscase de novo ilusión na afección.

galería león

Aínda ben non rematou o encontro comezou a traballarse na vindeira tempada. Lisardo xa manifestou “mande quen mande, este club ten que ir para arriba, porque aínda que moitos o queiran enterrar, vai ser complicado ca afección que ten”. Tamén explicou que xa levan tempo traballando, e que queren facer o mellor equipo posible e manter o bloque.

Con facer o mellor equipo posible, e fiando fino, entendemos todos que nestes anos non se optimizou o diñeiro dispoñible. Xa vai tocando. O ano que ven ten que ser o noso ano, hai que pelexar por subir si ou si. Nada sería máis bonito que conmemorar os nosos 50 anos de historia na categoría máis alta do baloncesto estatal.

Para que isto suceda coido que queda claro que o noso adestrador terá que ter os xogadores que el queira (vinculados aparte se chegara o caso). E non quero dicir con isto que teña poder absoluto, senón que os xogadores que veñan ao equipo sexan dos que el pide. A labor da secretaría técnica non pode ser decisiva á hora de fichar, senón que ten que ser unha labor asesora. Esta será unha das chaves cara ao futuro, restar poder nese ámbito. E que a secretaría traballe para un so club.

A outra chave para o futuro está nas mans do consello de administración. Co equipo en venda non sabemos quen nos rexerá no futuro, pero é inevitable comezar a traballar xa de cara ao ano que ven. Moitos clubs estanse movendo, sen concretar moito, pero traballando. Nós non podemos ser unha excepción. En primeiro lugar, temos que evitar que se execute o aval (tódolos anos se ameaza con isto por mor dos pagos pendentes). Ademais hai que estar preparados para pagar a inscrición na categoría e para formalizar o aval, algo que de sempre resultou complicado (non hai tanto que nos inscribimos sobre a bucina por os coñecidos problemas económicos), se ben o consello de administración se comprometeu a que non habería o mínimo problema neste senso. E atar ao bloque que pide Lisardo (e moitos de nós tamén). Sempre se poden atar cousas interesantes na fin de mercado, pero aos xogadores que queiramos reter hai que telos marcados moi de cerca ante as primeiras xestións de cara ao curso que ven.

Sobre a venda de accións e outros aspectos institucionais, tempo haberá para ir falando. Seguimos moi alerta e velando polo futuro do club.

Para todo isto e máis estamos os afeccionados. Ese espírito breoganista terá que loitar de novo contra as inxustizas que se cometan no club. Loitar ou morrer.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 5 Maio 2014, in Xeral. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Sería realmente excepcional e magnífico que se conservara boa parte do bloque que hai no equipo este ano. Xogadores como Almazán,Álex López,Chape,Dani,Diouf…E non andar medio a velasvir coma sempre conservando un ou dous xogadores e tendo que renovar o conxunto case que ao completo. Serían grandísimas novas.
    A ver se nos librásemos dunha vez da lousa que temos enriba co Monbús,e realmente certos (non sei como definilos dunha forma máis eufemística) ‘burranzáns’ que hai no CA deixasen facer a quenes realmente saben, que se movan e busquen cartos e patrocinios ata debaixo das pedras para evitar esas ameazas sobre os avais e poder saír a competir nesta liga sen ter que poñer a inscripción ás presas,e tamén sobre todo,que se adapten ao míster.
    Con todo iso,teríamos verdadeiras opcións de ser un rival a batir o ano que ven e pelexar por cousas grandes e bonitas,como ben indicades.
    Grande a vosa labor,coma sempre. Unha enorme aperta a todos,e se algúns do CA entran por estes lares(que coido que si),que lexan ben o voso ‘post’,que 5 meses sen basket non significan 5 meses de breoganismo esquecido ou aparcado. Seguimos e seguiremos aí.
    Gracias por todo,a vós que levades isto,á afección(que por certo co seu número de visitas a este blog demostra canto de vivos estamos,e canto pode mover este sentimento),ó equipo,ao corpo técnico e a todos os currantes do Breo coma Marcos,etc. etc. Sempre Forza Breo!!

  2. Gran resumo do sentir xeral.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.