Así chega o Força Lleida

O equipo dirixido por Joaquín Prado non vai ser un rival cómodo, nin moito menos. Son ante todo un equipo que se aferra aos encontros e nas súas derrotas raras veces se atopan marcadores con diferenzas amplas. Recentemente puxeron en apuros ao todopoderoso Andorra e Burgos. Despois disto venceron a Ourense a domicilio e a Huesca na casa. Veñen dunha derrota en Logroño na pasada fin de semana.

Lleida

No posto de base contan con o que fora promesa do Valencia Basket, José Simeón tras recuperarse da súa lesión. Polo momento leva unha temporada discreta. Máis destacado o papel de Sergio Llorente, fillo de José Luis Llorente. É un base que destacou en Plata e que en Lugo realizou un destacado encontro. Ca reaparición de Simeón desapareceu dos encontros Marc Rubín de Celis, a perla do cadro catalán.

Unha das súas referencias é o escolta Álex Llorca. Á súa sempre intensa defensa e garra, está aportando excelentes números no tiro exterior e máis de 10 puntos por partido. Dálle descanso Juanpi Sutina, tamén cunha discreta tempada, se ben nos últimos dous encontros rendeu por riba do habitual. Posiblemente o posto de 3 fora o máis forte deste Força Lleida, pero a marcha de Milutinovic debilitounos. Matulionis está a realizar unha boa tempada aportando en tódolos aspectos do xogo. Ao lituano compleméntao o dinamarqués Reinholt, cedido polo Sassari italiano para substituir a Milutinovic. Esta xove promesa do baloncesto nórdico non está a facer grandes cousas polo momento.

Por dentro, un xogador correcto coma o americano Terrel Vinson, o ex xogador de Gran Canaria Samu Domínguez e un ex breoganista como Alfons Alzamora. Pero sen dúbida a gran referencia interior é o xogador cedido polo UCAM Murcia Víctor Arteaga. Saído da canteira do Real Madrid, cunha altura de 2.10 está sendo o máis valorado do cadro catalán. Precisamente ven de arrebatarlle o MVP ao noso Dani Rodríguez na pasada xornada.

Por tanto, a clave podería estar en que os nosos bases superen aos dous do Lleida e impoñer o noso xogo interior ante a gran dependencia que teñen os de Prado de Arteaga por dentro.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 28 Marzo 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Chave que Dani e Chapela estean a bon nivel. Michel, Roeland e Laso han sentirse algo máis cómodos o non ter a Otegui, Fornás, Feliu e Rejón dándolles leña.
    Graciñas polo teu traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.