Un ano de Somos Breogán

Efectivamente hoxe cumprimos o noso primeiro ano de existencia. Para conmemoralo barallabamos diferentes propostas. Finalmente decantámonos por facer unha vista atrás do que significou este ano para esta web.

banner2.png

Se a un lle din que escolla un nome, obrigatoriamente sería Breogán. O nome do Breogán está con forza no mapa, colleu boa saúde. Pero quero elixir outro. Sen dúbida, quedo co de Lisardo Gómez. Neste ano que transcorreu, o adestrador lucense non so se ratificou como unha opción para o banco, senón que dende a miña óptica se converteu en pedra angular deste proxecto, sabendo conxuntar as diferentes posicións, manterse á marxe de guerras e temas extradeportivos e acadar un equipo que por fin engancha ao 99% dos afeccionados lucenses. Por xogo, por entrega, por ilusión. Por suposto, todo isto faise extensible a Quique Fraga e o resto de traballadores do club.

Tamén neste ano puidemos coñecer moito mellor como funciona o club. Marcos Fernández, Javier Gómez; os conselleiros Manuel Botana, Rodolfo Castro, Julio González e Suso Lázare abríronnos a porta do club, incluso co trato se traba unha certa amizade con case todos eles. Tamén contactos co actual consello, se ben estes contactos foron moito máis puntuais. A perspectiva é moi diferente deste xeito.

Estes 365 días viron nacer o chamado Breoganismo en loita. Soamente o aspecto deportivo pode eclipsar o movemento ou espírito breoganista que rexurdiu con esta proclama. A afección falou, e cada un pode valorar máis ou menos o que significou, pero podemos garantir que ese Breoganismo en loita tivo unha grande importancia nunha das etapas máis incertas do club, e que por desgraza aínda non se clarificou de todo. Aínda así, grazas á boa marcha no deportivo, quero crer que o futuro é un pouco menos negro.

Outros momentos que me gustaría destacar a aparición en escena de Luis Castro, as memorias breoganistas ou a colaboración con xornalistas. O noso agradecemento a todos eles.

Especial ilusión, as colaboracións de todas e cada unha das persoas que escribiron na web. E especialmente intensos, as viaxes a Cáceres (cunha dura volta), unha dura eliminación ante Cáceres na casa, as viaxes a Ourense, Palencia, Oviedo, Coruña… Unha das mellores afeccións non podía quedar sen un recoñecemento nun texto coma este.

Por poñer unha nota negativa, o momento máis duro, ou que máis afectou a un servidor, foi a saída dos catro conselleiros antes citados.

Finalmente, quenda para os agradecementos. Non pode ser doutro xeito: grazas a todos os que nos leedes, a todos os que apoiades cando fai falla e grazas a todos os que colaborades para que o Breogán estea vivo.

E que siga vivo por moito tempo e que o futuro nos depare grandes momentos a todos nós.

E que nós poidamos contalo.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 27 Marzo 2014, in Xeral and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Un pracer poder colaborar con vos dende dentro facilitando cando podemos a vosa labor, cos nosos erros e acertos. Parabéns por este ano, primeiro de moitos, seguro.

  2. ¡¡¡ Noraboa !!!

  3. Para un “membro” do chamado #breoganismoenelexilio, non os podedes imaxinar o agradecido que estuo con vos. Gracias polas numerosas novas sobre o breo e o seu “mundo”, que sempre dades. Para os que estamos lonxe de Lugo e por tanto do Pazo e do breo, vos sodes un gran apoio. Gracias de corazon

  4. Acórdome cando me comentaches a idea, recordoo como se fose hoxe, e te animei a que a levases a cabo, vindo de ti, no podía saír mal, noraboa e larga vida a Somos Breogán!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.