Enchamos o Pazo! Queres acompañarnos?

BANNER

Co gallo do decisivo encontro ante o Palencia, imos realizar un sorteo de tres entradas dobres, xentileza do club. E é que todos coincidimos en que este sábado o Pazo ten que presentar un ambiente de gala.

O xeito de participar e moi sinxelo: nos comentarios de esta nova (non serve no Facebook nin Twitter) teredes que redactar un pequeno texto (4-5 liñas) onde nos contedes porqué sodes do Breogán e un recordo especial da vosa vida como breoganistas. Por suposto, todo aquelo que queirades engadir será benvido. Podedes facelo no idioma que queirades.

O límite para participar será o xoves ás 23:00. Todos os que comentarades ata ese momento participaredes nun sorteo que deixaremos programado na web sortea2.com para as 12:00 do venres.

Tamén queremos premiar dalgún xeito o uso da lingua galega, e os que escriban a súa nova no noso idioma duplicarán as súas posibilidades no sorteo.

Sorte a todos! Que o Pazo sexa un fortín!

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 18 Marzo 2014, in Concursos and tagged , , . Bookmark the permalink. 11 Comentarios.

  1. O ascenso do 99 foi donde me enganchei a esta droga que é o Breo, ver a tanta xente vibrando realmente me impresionou e deixou mella en min, con 9 anos que tiña daqueas. Houbo dende aquela altibaixos no enganche da droga e gustaríame resaltar a eliminatoria contra Obradoiro, na cal éramos inferiores, sabíamolo, pero saiunos o orgullo e perdendo no Sar de paliza, no 3º partido perdendo de novo claramente e o Pazo en pé berrando o nome do equipo. Breogán.

  2. O Breogán sempre estivo presente na miña vida xa que meu pai ía sempre e me contaba batalliñas desde neno. Os piques entre La Casera e o Breogán,a fusión,os ascensos,o mal que se nos daba o Madrid,o follón co Oximesa…
    Eu acompañábao de vez en cando, pero non foi ata o descenso,a pouco de estrenar o Pazo Universitario,cando o Breogán pasou a ser algo importante. Non ía abandonar ó clube nas malas,e pensaba disfrutar das boas.

  3. Levo acudindo a animar ó meu equipo dende fai mais de 16 anos, e vivín momentos de moita ledicia e emoción e como non momentos de enorme tristura.. esa mezcla de sentimientos fai tan especial a cita de cada partido, porque sabes como entras pero nunca te fas a idea de con que corpo vas sair… encantame participar desas sensacións en masa.. FORZA BREO!!!

  4. Andrés Bermúdez

    pasa el tiempo y te preguntas por qué eres del breo… luego echas la vista atrás y te ves con 12, 13 años haciendo pancartas a pie de pista para que no se fuera charlie ofreciendole un Mc Donalds en breve en Lugo, pancartas el día que se nos retiró nuestro eterno capitán Richi, qué grandes momentos, por eso un día espero que cuando mi hijo mepregunte la mitica pregunta colchonera… papá, porqué somos del Breogán? yo saque una sonrisa y recuerde todos esos grandes momentos. Gracias Breo… por todo

  5. Porque son do Breogán.. ao contrario que a maioría, a min nunca me levou meu pai ou algún familiar o Breo, aparecín eu no Pazo sin saber moi ben como nin porque, supoño que por esa sintonía que despois dese primeiro día non puiden volver a faltar a miña cita co Breo. O recordo que teño, é estar no Pazo con dous amigos vendo un Breogán vs Barça co Pazo ata a bandeira, non cabía un alfiler, e o ambiente que alí se respiraba era.. indescriptible. Forza Breo.

  6. Tiros libres d Gil, canguelo no Pazo, un autobús (autos Paco, non Monbus, premonitorio??) de raparigos do colexio de Castro detrás da canasta que nese instante defendía o noso Breo… Un momento inesquecible para un neno que se faría celeste para sempre a raíz deste intre. Pero non todo queda ahí: ver a eliminatoria co Valvi Girona dende o pasillo superior, akel gancho de Navarro coa zurda ben punteado na pròrroga, a exhibición de Sanmartín, a elegancia e nocturnidade de Bonner, o insuperable Charlie, aquel triple de Stojic para Menorca que se sae para ir con esperanza a Valladolid

  7. Pos os meus primeiros recordos do Breo son no pabellón dos deportes antiguo donde empezei a ir recortando dous códigos de barras das caíxas de leite dunha marca que ahora prefiero non nomear. E a partir de ahí o enganche o Breo foi total e so deixei de ser socio unhos anos que por motivos laboráis estiven lonxe de Lugo, pero ahora por sorte xa levo disfrutando varios anos do Breogan e espero que sean muitos mais, estemos donde estemos e peselle a que lle pese porque o Breo e un sentimento q se leva se leva mui adentro. Por certo gustariame as entradas porque lle estou metendo o gusanillo no corpo a miña rapaza tamen que xa foi a algún partido e encantalle, e eso que ainda non viu o ambiente das grandes citas. Forza Breo!!!!!!!!

  8. Non era o primeiro partido ó que iba do Breo, pero do mesmo xeito que lle ocorreu a JAIGP, eu tamén quedei enganchado de por vida ó Breoganismo naquel partido do ascenso. O estoupido de alegría do Pazo cando remata o partido quedará marcado en min para sempre e aínda se me poñen os pelos de punta ó recordalo…
    Sempre quedarán recordos de victorias épicas coma aquela contra o Barça no 2000, ou as exibicións do gran Charlie, tamén como non recordos de momentos duros coma o descenso ou derrotas difíciles como contra Bruesa ou Los Barrios en sendos playoffs, porque tamén nas malas medrou o sentimento breoganista.
    Outra cousa que terei marcada sempre son as pañoladas, mellor dito periodicadas, coas que obsequiábamos aos árbitros na nosa última etapa en ACB… #ForzaBreoSempre

  9. Ser do Breo é unha das mellores cousas que che poden pasar na vida. Hai que estar preparado para sufrir pero cada victoria, por moi pouco valor clasificatorio que teña, é unha gran celebración no teu interior.
    Como Breoganista, un dos mellores momentos que vivín foi o día do ascenso contra Melilla. O Pazo ruxía aquel domingo pola mañá. Lembro perfectamente a angustia que supuxo a dobre falta de Green, que ben nos puido condenar a perdelo partido. Despois deses tiros libres de David…Xa non fai falla que vos conte nada.
    Como hoxe os pais están de noraboa, quería agraderlle enormente ao meu que me levase de pequeno ao Municipal. Foi a primeira toma de contacto cun sentimento tan grade coma o Breoganismo.

  10. Non recordo cando comecei a ser do Breo, xa que dende os 2 anos (teño 25) xa asistía ós encontros no antigo pavillón. Despois no novo recordo a flashes o descenso á leb, como ó ano seguinte escapousenos o ascenso e como ante Melilla cun final de infarto e o Pazo ata a bandeira expulsaban a Kenny Green e David Gil sentenciaba nos tiros libres. Ano compricado na ACB ó comezar con Mason e Green cortados varias derrotas, ata a chegada de Davis e victoria fronte o Barça con San Martín dende a bocina.

    Despois tódolos recordos gloriosos da ACB e os coqueteos co playoff, ata a volta ó inferno da Leb que parecía que sería un mero trámite e aquí seguimos loitando.

    Non podo explicar porque son do Breo, non hai un momento no que decidira ir, só recordo estar alí sentado animando co meu avó dende pequeno, tanto nos éxitos como nos fracasos.

  11. Mis recuerdos breoganistas, dada mi edad, no llegan tan atrás en el tiempo como me hubiera gustado. Las imágenes del Municipal creando un microclima por el humo del tabaco, el público jaleando tónica habitual del baloncesto de antaño, el Breogán jugando la copa Korac acompañado de las anécdotas de mis padres…lo que hubiera dado por presenciarlo. Pese a todo, en mis primeros recuerdos ligados a este club todavía se llevaba eso de tener dos extracomunitarios interiores, aquellos americanos saltarines que jugaban los 40 minutos y que rebosaban calidad. En el ascenso del 99 mis padres me llevaron al Pazo, posiblemente por primera vez, aunque tuve que rememorar el partido en vídeo unos años más adelante dada mi vaga memoria. Pero lo que sí recuerdo es aquella navidad abriendo felizmente los regalos y encontrándome con mi camiseta de Antúnez, mi gran sonrisa al ver entrar por la puerta de mi colegio a uno de los jugadores más queridos por el breoganismo, Devin Davis, cuya dupla con Bonner nunca olvidaré. Los viajes a Ourense, León o Gijón donde mis plegarias iban dirigidas a que no jugara Lou Roe, el gigantón holandés y torpe Zwikker, los triples de Odriozola, Loncar, Sanmartín o Biota que hacían vibrar al Pazo, el “qué bueno que viniste” Racca, el coraje y la lucha de “corazón de león”, la plasticidad de Gomis, los ganchitos de Garcés, ver a uno de mis jugadores fetiche (Macijauskas) en el Pazo, al imberbe Ricky Rubio, el mate en la cara de Bodiroga de un grandísimo Charlie Bell, aquella aciaga tarde en el Nou Congost pegado a mi transistor y donde dijimos adiós al sueño de los play-offs, los movimientos de caderas del mejor jugador de los balcanes según nuestros queridos ‘Monchitos’, y por poner el recuerdo amargo, aquella triste tarde en Valladolid y aún hoy, cada día que bajo al Pisuerga no puedo evitar llevar a mi cabeza el día y lugar donde caímos. Tras estos recuerdos y muchos otros que me dejo en el tintero comenzó nuestra irrevocable travesía por la Leb. Unos comienzos complicados en los cuales ni la irrupción de un elegante Malik Dixon pudo darle la vuelta. Tras un nuevo golpe intentamos levantarnos con una plantilla plagada de nombres y que levantaron la Copa pero que no pudieron culminar con el ascenso en Cáceres. También fracasamos en Los Barrios. Aun así presenciamos cada 15 días a grandes jugadores como Betinho, Feldeine, el ahora NBA Jeff Adrien, etc, vivimos un apasionante derbi en un nuevo intento por volver a la ACB…
    Y con estos puntos suspensivos no quiero proseguir con este testamento y aburriros con más recuerdos porque claro que los tendría al igual que todos los que nos identificamos con el Breogán. Estos puntos suspensivos están ahí porque todavía queda un nuevo capítulo por escribir, un capítulo que nunca olvidaremos y que creo que se puede escribir en muy poco tiempo, de la mano de Lisardo Gómez y del equipo más involucrado y unido de los últimos años. Es un año complicado institucionalmente pero deportivamente nos han dado motivos para creer.
    Forza Breo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

%d bloggers like this: