Qué Melillla nos espera?

Este venres  ás 21.00 o Breogán xogará na cidade norteafricana de Melilla. O equipo de Alejandro Alcoba (técnico debutante na categoría) presenta unha xeira de 2 derrotas consecutivas, a primeira na casa ante o Peñas Huesca e a segunda na casa de Cocinas.com. A temporada que están facendo está sen dúbida por debaixo das expectativas, xa que moitos apostaban por eles como un dos grandes. Esta situación non debería dar lugar á relaxación nos homes de Lisardo, posto que anteriormente perderan co todopoderoso Andorra a domicilio pero sen ceder con facilidade e gañaran na súa pista a outro favorito, o Ford Burgos ademáis do triunfo na pista do COB.

Aos mandos do equipo Melillense está todo un clásico da liga como Joan Riera, un clásico das ligas FEB e que tamén tivo a súa oportunidade en ACB. Semella mellorar da nefasta campaña que desenvolveu o pasado ano e seguirá sendo unha ameaza anotadora. A idea de principio de curso era que o acompañase o seu canteirán Pelayo Larraona, se ben logo pasou a ter un rol case secundario e acumula un total de 12 minutos, catro deles no último encontro ante a baixa de Adrián Fuentes. Este último, habitual temporeiro o ano pasado, foi o escollido para dar descanso a Riera. Dubidase da súa participación por unha escordadura nun ombreiro que o afastou da pista na pasada xornada, e tamén está a ter unha discreta aportación.

Na liña exterior atopamos tamén a varios clásicos LEB e a Darien Brothers. O xogador americano é todo un tirador, un xogador a vixiar e que podería axudar no posto de base. Promedia 10 puntos por encontro cun gran 46% en tiro de 3. Iñaki Narros, un dos xogadores máis cobizados do mercado tamén se enrolou neste Melilla, onde presenta de novo moi bos números anotadores, roldando os 10 puntos. Narros lesionarase no último encontro e pouco se sabe do seu estado físico neste momento, sería unha baixa moi sensible.

Falando de pezas cobizadas do mercado, non o foi menos Sergi Pino. Xogador máis que correcto, do que non gardamos gratos recordos en Lugo polo dano que fixo en diferentes equipos. Fai un pouco de todo, se ben en Melilla non está dando o paso adiante que se agardaba. Completa a rotación Eloy Almazán, irmán do xogador do Breogán. Sen dúbida está dando o seu mellor rendemento dende que chegase a Melilla tres tempadas atrás.

Dentro outro clásico da nosa Liga como Héctor Manzano. Xoga moi aberto, consume case tantos tiros de 3 como de 2 e se está en racha pode amargarlle o día a calquera. Nos encontros que estivo máis acertado Melilla acadou o triunfo. Compleméntao J.T. Durley, xogador americano que cursa a súa 3ª campaña na LEB tras León e Palencia que se ben contra nós na primeira volta callou un mal encontro leva unha temporada máis que aceptable.

Deividas Busma, ex de Clavijo é o seu xogador máis grande con 212 cm. de estatura. Xogador pesado e capaz do mellor e do peor, está facendo unha moi frouxa temporada. A pesar dos seus 10 rebotes en Lugo causou moi malas sensacións. E sen dúbida outro dos seus mellores xogadores é o lucense de nacemento Devin Wright, formado na canteira do Sagrado Corazón, que leva dúas temporadas a un alto nivel e cun xogo moi consistente. Perdeuse os dous últimos encontros por lesión e previsiblemente debería estar recuperado para esta xornada, se ben puidera arrastrar problemas físicos aínda.

Pola nosa banda, acoden todos os xogadores, se ben Dani Rodríguez con problemas nas costas comezou a adestrar onte e Haukur Palsson apenas adestrou cunha escordadura de nocello. Agardemos que non sexa impedimento para traer a quinta consecutiva.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 13 Marzo 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.