Un Breogán sen piedade

Os de Lisardo Gómez gañan 93-59 o Navarra e acadan a cuarta vitoria consecutiva para seguir loitando pola segunda praza de cara aos play-off. A vindeira xornada, viaxe a Melilla.

@patmas16

@patmas16

Ficha técnica

CB Breogán 93: Dani Rodríguez (10), Tyrus McGee (16), Palsson (11), Schaftenaar (8), Diouf (6) –cinco inicial– Pablo Almazán (5), Adrián Laso (10), Álex López (5), QAdrián Chapela (7), Bortolussi (6), Nakaloulou (7( e Martín Gómez (2).
Planasa Navarra 59: Cristian Díaz (7), Bonhome (12), Durchev (7), David Mesa (13), Navajas (9) –cinco inicial– Sebirumbi (9), Uriz (0), Savitski (0), Lorenzo (0), Krolo (2) e Reizabal (0).

Parciais: 25-15, 25-16, 24-12, 19-16.

As bancadas do Pazo non presentaron a mellor faciana no compromiso ante Planasa Navarra. Un día primaveral despois de tanto frío e choiva sobre a cidade das murallas fixeron que moitos aproveitasen ao máximo o día. O rival en horas moi baixas tampouco era un gran atractivo para o público. Pese a todo, os asistentes animaron sen cesar ante a importancia do encontro para manterse no tren de cabeza, e de camiño axudar ao Ourense.

Durante a semana, o técnico breoganista avisara de que había que evitar a relaxación e que o equipo debía saír a por todas ante un necesitado Navarra. Dito e feito: os homes deLisardo Gómez foron unha apisoadora todo o encontro, de tal xeito que Navarra soamente opuxo resistencia os 5 primeiros minutos. Dende aquí ao final do cuarto, un festival anotador levou ao 25-15.

David Mesa achegou no primeiro minuto a Planasa con 4 puntos consecutivos. Un espellismo, xa que McGee, Schaftenaar, Álex López e Pablo Almazán con cadansúa tripla poñía as cousas no seu sitio cun 12-0 de parcial que semellaba insalvable. A segunda unidade breoganista funcionaba igual de ben que a primeira e o marcador ao descanso era de 50-31.

Abría a conta para os lucenses Tyrus McGee con outros 5 puntos tras o descanso, ben secundado polos seus compañeiros. A intensidade non baixaba e as diferenzas aumentaban ata os 29 puntos neste cuarto (74-43)

No último cuarto, bos detalles do lucense Adrián Chapela xunto a Laso, se ben este período tivo como nota dominante a presenza dos menos habituais, que non so mantiveron a raia a un afundido Planasa, senón que desfrutaron co seu xogo.  Foi a quenda dos Charles, Bortolussi e Martín Gómez.  O marcador final foi de 93 a 59.

Sen dúbida no Breogán por riba de todo hai que destacar ao colectivo e a intensidade e fame dun equipo con ambición e que se mantivo intensísimo todo o partido. No plano individual estivo todo moi repartido, cun entoado Adrián Chapela que deu a talla e os detalles de calidade que sumou a súa permanente entrega o canario Álex López. Por parte visitante, tan só David Mesa se mostrou efectivo xunto a un sempre combativo Bonhome.

Xa dende o terceiro cuarto, os cánticos da afección vitorearon o adestrador, clamando unha vez máis pola súa continuidade. Quen sabe se o fará como renovado a vindeira semana, na que os lucenses viaxan a Melilla ca esperanza de traer a quinta consecutiva.

Advertisements

About Vinicius

Breoganista de hélice. Baloncesto e ciclismo. Chairego, lucense, galego. HBO fan. Namorado da miña terra.

Posted on 9 Marzo 2014, in Encontros. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Baloncesto con P, de Palencia claro

todo por Palencia Baloncesto

@KIAenZona

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

Blogoncesto

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

ZonaOCB

Información sobre o Club Baloncesto Breogán S.A.D.